"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Valeriano Domínguez Bécquer.
-
PERSOEIRO
Físico. Sucedeu o seu pai Antoine-César Becquerel na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, onde se dedicou ao estudo da luz. En 1842 fotografou por primeira vez a unidade do espectro solar. A partir de 1857 estudiou a fosforescencia e as radiacións infravermellas. Publicou La lumiére, ses causes et ses effets (A luz, as súas causas e os seus efectos, 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou na École Polytechnique. Oficial do exército napoleónico, deixou a carreira e dedicouse á ciencia. Descubriu a piezoelectricidade (1819) e inventou un galvanómetro diferencial e unha balanza electromagnética. É considerado un dos fundadores da electroquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, fillo de Alexandre-Edmond Becquerel. Estudiou na École Polytechnique. En 1892 sucedeu o seu pai na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, e en 1895 chegou a profesor da École Polytechnique. Efectuando experimentos con raios X, descubriu a radioactividade natural ao observar que un composto de uranio velaba as placas fotográficas; posteriormente, demostrou que a causa que velaba a placa consistía en tres tipos de radiación: α, β e γ. En 1903 comparte cos Curie o Premio Nobel de Física. Estudiou tamén a polarización e absorción da luz nos cristais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condesa du Barry, favorita de Luís XV de Francia. Introduciuse nos ambientes artísticos e literarios parisinos co título de Condesa du Barry co que foi coñecida. Entrou en relación con Luís XV no ano 1768 e trala súa morte trasladouse a Louveciennes (1774). En 1793 foi xulgada e guillotinada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe beneditino e erudito. As súas numerosas obras latinas danlle un lugar moi importante na primeira Idade Media, que a través da Escola de York e Alcuíno converxen no denominado renacemento carolinxio. Entre as súas obras teolóxicas cómpre salientar as esexéticas, de tendencia alegórica e espiritual, pero temén de alto contido literario e de crítica textual. Cómpre destacar as Homilías. Introduciu na literatura histórica o sistema de datar os feitos a partir do nacemento de Cristo. Destaca a Historia eclesiastica gentis anglorum (Historia eclesiástica do pobo inglés), unha historia de Inglaterra dende a ocupación romana ata o 731. Tamén escribiu obras de gramática e científicas e no eido literario unha serie de obras poéticas, moitas delas perdidas. Foi canonizado en 1899. Festa: 27 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ferramenta de aceiro usada para facer cortes chafranados e encaixes na madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Vigo. As súas armas levan, en campo de goles, un bedano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jefim Aleksejevič Pridorov.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. En 1987 foille outorgado, xuntamente con K. Alexander Müller, o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos primeiros supercondutores a alta temperatura crítica, que fixo no laboratorio IBM de Zúric en 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo de Ourense e bispo (1847), foi un dos cregos máis ilustrados de Galicia. Publicou numerosos sermóns e dedicouse aos estudios históricos e biográficos entre os que destacan: Memoria sobre el desastre de la laguna de Antela o de la Limia (1831), Memorias históricas de Berlanga (1840), Vida de D. Pedro Quevedo y Quintano, obispo de Orense (1847), e Instruciones cristianas para militares (1848). Tamén escribiu traballos teolóxicos El pueblo instruído en sus deberes religiosos (1825) ou Manual de ordenados según el pontificial romano (1834). Ademais colaborou no apéndice do Dicionario Geográfico de Miñano.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido (64.599 h [1981]). É o centro industrial do Nottinghamshire, onde se asentaron industrias químicas, téxtiles, de construción mecánica, equipamento para a telecomunicación e confección e fabricación de mobles. Así mesmo, desenvolveuse como área residencial obreira de Nottingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán de orixe flamenga. Comezou a súa educación musical de neno da man do seu pai, para logo ser alumno de Tobias Pfeiffer e de Christian Gottlob Neefe. En marzo de 1778 foi presentado como neno prodixio da música nun concerto organizado polo seu pai e aos dezaseis anos marchou a Viena, coa intención de ser discípulo de Mozart, o que non acadou debido á negativa do mestre. Posteriormente recibiu leccións de Haydn, B. Schenk, Johann G. Albrechtsberger, Antonio Salieri e Aloys Förster. Froito destes estudios foron, entre outros, os Concertos para piano, op 15 e 19 e Tríos op 1, estreados en 1795. Pronto sobresaíu polos seus dotes de compositor e pianista. Lenz foi o primeiro musicólogo que distinguiu tres estilos ou etapas dentro da obra de Beethoven. Na primeira (ata 1800), as súas obras non se distinguiron formalmente das de Haydn e de Mozart, pero teñen trazos orixinais característicos; as obras máis destacables foron a Sonata para piano op 13 (1798),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de bebidas constituída o 6 de xuño de 1959 na Coruña. Na actualidade dispón de delegacións en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Foz, A Pobra do Caramiñal e Vigo. As súas actividades industriais céntranse na fabricación e comercialización para Galicia de todas as bebidas refrescantes da marca Coca-Cola (Coca-Cola, Tab, Fanta, Sprite, Aquarius, Finley, Nestea, Fruitopía e Bitter Drim). A fábrica actual inaugurouse no ano 1961. Daquela envasábanse 8.000 botellas por hora e en 1981 aumentou a produción a 60.000 litros por hora. Foi a primeira empresa do sector que conseguiu o certificado de calidade Aenor (30.12.1996). No ano 1995 foi elixida empresa do ano. O arquitecto Andrés Fernández Albalat realizou o proxecto da instalación actual da planta embotelladora, a “fábrica de cristal”, un dos máis singulares da arquitectura industrial galega contemporánea.
-
PERSOEIRO
Escritor croata. Introduciu no seu país as tendencias literarias imperantes na Europa do momento, dende Ibsen ata Pirandello. Escribiu poesía, teatro e novela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador alemán. Seguidor da obra de Albrecht Dürer, especializouse na técnica do gravado sobre plancha de cobre, formou parte do grupo nomeado Kleinmeister. Xunto co seu irmán foi expulsado de Nuremberg establecéndose en Frankfurt. Consérvanse algunhas pinturas súas como a Historia de David. O seu irmán e discípulo, Bartel Beham (Nuremberg 1502 - Venecia 1540) traballou para o duque Guillerme IV de Baviera. Realizou gravados en madeira e cobre, como os titulados Cleopatra, Apolo e Dafne.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[irlandés: Breandán O’Beaháin] (Dublín 1923 - Londres 1964) Escritor e dramaturgo. Pertencente a unha familia republicana, aos sete anos, foi condenado a tres anos de reformatorio por actividades terroristas, e aos 14 anos uniuse ao Exercito Republicano Irlandés, iniciando así unha militancia política que o levaría á cadea en dúas ocasións. Será na prisión onde principie a súa carreira literaria, primeiro escribindo breves relatos sobre a vida en Dublín para logo iniciar a súa andaina como dramaturgo coa peza, estreada no ano 1956, en versión inglesa, The Quare Fellow, aceda e sarcástica visión da pena de morte e das execucións no cárcere cun gran dramatismo. Escribiu tamén The Hostage (1958), obra teatral duramente antiterrorista, Richard Cork’s Leg (1965), corrosiva sátira da corrupción política, Borstal Boy (1958), Brendan Behn’s Island (1962), visión persoal de Irlanda, e Confessions of an Irish Rebel (1965). O espectáculo...
-
PERSOEIRO
Escritor norteamericano. Autor teatral, a súa dramaturxia desenvólvese nun clima aparentemente superficial: The Second Man (O segundo home, 1927), End of Summer (Fon de verán, 1936), The Cold Wind and the Warm (Vento frío e temperado, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Co seu primeiro filme, Diva (1980), conseguiu o recoñecemento dos críticos e do público, unha obra coa que gañou varios César da academia francesa de cine. O seu segundo filme La lune dans le caniveau (A lúa no arroio, 1983), baseado na novela de David Goodis, lonxe de confirmalo como bo director, repercutiu negativamente na súa produción. Dirixiu tamén Roselyne et les lions (Rosalinda e os leóns, 1989) e I P 5 (1993), interpretada por Yves Montand no ano da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cóengo da Coruña e primeiro membro galego da Compañía de Xesús. Rexeitando a súa prebenda, decidiu o seu ingreso na Compañía no primeiro contacto que Galicia tivo con xesuítas, no 1544, cando unha ducia de estudiantes desta orde, co padre Pedro Fabro á fronte, recalou no porto da Coruña de camiño a Coimbra.
VER O DETALLE DO TERMO