"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das asteráceas, ao que pertence a herba purgueira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conector estándar europeo que incorporan os televisores para permitir a interconexión e o intercambio de datos con outros aparellos como vídeos, ordenadores, videoconsolas, descodificadores, cámaras de vídeo ou cámaras fotográficas dixitais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crédito bancario concedido sobre a base de depósitos en eurodivisas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización europea de investigación e observación astronómica, fundada en 1962 e con sede en Garching (Alemaña). Dispón dunha localización austral, situada a 2.400 m de altura, en La Silla (Chile).
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Licenciouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1920). As súas primeiras obras, entre outras a igrexa da Milagrosa (1928) e o seminario de Pamplona (1931), reflectiron o gusto polos elementos góticos e mudéxares. Entre outras obras, destacan o casino Eslava (1931) e o asilo de Tafalla (1933), onde amosou a influencia do racionalismo, e a igrexa de Puy (Estella, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir en Roma. Disque seguiu loando a Deus malia lle cortaren a lingua.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Dolique, Siria 379?) Bispo de Samosata. Adversario dos arianos, aos que apoiaba o Emperador Valente, foi desterrado por este a Tracia (374). Á morte do emperador retomou o seu cargo (378), ata o seu asasinato por un ariano. A súa festa celébrase o 21 de xuño.
-
PERSOEIRO
Bispo de Vercelli (340-368), no Piemonte. Contrario ao arianismo, foi desterrado polo Emperador Constancio, primeiro a Escitópolis (355) e despois a Capadocia. Trala morte do emperador regresou a Vercelli, onde se dedicou á instrución e formación de sacerdotes. A petición do Emperador Xuliano asistiu ao concilio convocado por Atanasio en Alexandría, que lles concedeu o perdón aos bispos arianos a condición de que volvesen ao estado de leigos. Honrado como mártir, foi o primeiro bispo de Occidente que introduciu a vida monacal para o clero. Escribiu unha serie de cartas apostólicas con eloxios da vida monacal. A súa festa celébrase o 2 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (309-311). De orixe grega, foi desterrado de Roma a Sicilia polo Emperador Maxencio. Defendeu o perdón para os lapsi (cristiáns que renegaron da súa relixión). A súa festa celébrase o día 17 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Tamén coñecido como Eustachio, foi profesor de anatomía en Roma e un dos impulsores da anatomía comparada. Estudiou diferentes partes do corpo humano, sobre todo o oído interno e a farinxe, nos que describiu a estrutura coñecida como trompa de Eustachi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma s II) Mártir cristián. Nun principio foi un xeneral romano, baixo Vespasiano e Tito, que loitou activamente contra os xudeus. Afeccionado á caza, conta a lenda que un día, perseguindo un cervo, viu que o animal lucía unha cruz entre a corna, e unha voz sobrenatural incitouno á conversión, polo que decidiu bautizarse xunto coa súa familia. De contado sucedéronlle unha serie de desgracias, quedou sen facenda e tivo que emigrar. Cando o Imperio entrou en crise, o Emperador Adriano fíxoo volver e seica obtivo grandes vitorias militares; pero, por terse negado a facer sacrificios ante os deuses, condenouno ao martirio. Comparte en Galicia o padroado dos cazadores con san Humberto e san Xián. Na iconografía viste a clámide dos militares romanos e leva como atributos persoais, un cervo cunha cruz entre a corna -ou só a cabeza ou a cornamenta do cervo-, amais dunha espada ou outros instrumentos de caza. A súa festividade celebrábase o 20 de setembro pero a reforma litúrxica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores reunidos arredor da School of Drawing and Painting creada en Euston Road (Londres) en 1937 por Claude Rogers, Victor Pasmore, William Coldstream e Graham Bell. A súa estética caracterizouse polo interese de recuperación do naturalismo partindo dos estilos abstractos e esotéricos. Cultivaron a figuración cunha pincelada e cores suaves. Como grupo mantivéronse ata 1939, pero con este nome incluíronse as obras realizadas nun estilo semellante ás orixinarias. Trala paréntese da Segunda Guerra Mundial, a escola continuou coas súas ensinanzas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao fenómeno caracterizado pola precipitación simultánea de dúas fases, estrutural e quimicamente diferentes, a partir doutra fase sólida. Denomínase composto eutectoide o produto desta precipitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo (456-531) Bispo desta cidade belga. Seus pais, ameazados polo rei franco Clodoveo, aínda pagán, fuxiron a Blandin. Unha vez bispo, fixo confesar a Clodoveo un pecado que non se atrevía a dicir. Resucitou, exorcizou e bautizou a filla dun tribuno que estaba namorada del.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Papa (175-189). De orixe grega ou búlgara, foi martirizado polos arianos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Evolución fisiolóxica normal do parto natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tono muscular normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante do amarelo da India.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce evaporación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que vén de Evarestus, Evaristus, nome levado por un dos primeiros papas. Apareceu en Roma durante os tempos do Imperio e ten a súa orixe no grego Euárestos, nome persoal correspondente ao adxectivo ε ὐ άρεστος ‘grato, agradable’. Xa no mesmo grego, ademais desta forma, aparece Euáristos, quizais procedente dun cruzamento por etimoloxía popular con ἄ ριστος ‘o mellor’.