"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor, escenógrafo e ilustrador. Estudiou pintura na Académie Ransom. Influíu sensiblemente sobre a escena francesa. Cun estilo elegante e sofisticado fixo decoracións e deseñou o vestiario de montaxes e filmes de Cocteau como La belle et la bête (A bela e a besta, 1946), ilustrou numerosos libros e pintou tamén algúns retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adega radicada en Cenicero (Denominación de Orixe Rioja), unha das máis significativas da denominación. Fundada en 1877, posúe 5.000 hectáreas de viñedo e comercializa en torno a 20 millóns de litros de viño anualmente, destinando case un 50% para a exportación. É ademais cabeza dun grupo de adegas no que tamén se inclúen as prestixiosas Marqués de Griñón (fundada en 1994, especializada en Riojas de alto nivel de excelencia) e Marqués de Monistrol (radicada no Penedés catalán e fundada en 1882; elabora cava e viños, algúns deles de calidade destacable).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, entre ondas de azul e prata, unha praia próxima a un porto de mar. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Birbiriana.
-
PERSOEIRO
Poeta romántico. O seu opúsculo Lettera semiseria di Grisostomo (Carta semiseria de Grisostomo, 1816) está considerada como o manifesto do romanticismo italiano. Foron famosos os poemas I profughi di Parga (Os prófugos de Parga, 1821) e Fantasie (Fantasías, 1829). Intentou a creación dunha linguaxe popular desligada da tradición literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Bierzo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Bierzo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago (242 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Zaporižžja, Ucraína (134.000 h [1997]). É unha cidade portuaria situada no mar de Asov, a súa actividade industrial xira ao redor dunha refinería de petróleo e das industrias de maquinaria. Así mesmo, é unha estación de talasoterapia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Expulsado do seu país (1922), foi a Berlín e a París (1925), onde fundou a revista Put. Pensador cristián afastado de toda ligadura dogmática e influído polo idealismo poskantiano, fixo unha crítica despiadada do cristianismo institucional e do comunismo; interesouse polo home como espírito -a actividade creadora, a historia e a liberdade-, e na súa última época situouse na liña do pensamento existencialista alemán. Cómpre destacar Filosofia svobody (A filosofía da liberdade, 1911), Novoe srednevekovie (A nova Idade Media, 1924), De la destination de l’homme (Sobre o destino do home, 1931), De l’esclavage et de la liberté de l’homme (Da escravitude e da liberdade do home, 1946) e Samopoznanie: opyt filosofskoj autobiografii (Autocoñecemento: ensaio de autobiografía filosófica, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Violinista, compositor e editor. Foi promotor e fundador de orfeóns, do mesmo xeito que fixeron Xoán Montes, Pascual Veiga e Chané nesa época, co fin de defender e divulgar o noso folclore musical. En 1854 fundou o primeiro establecemento musical de Galicia. Foi o primeiro e segundo director do Teatro Principal da Coruña (1861-1862), e a partir de 1863 converteuse en protector dos músicos galegos, dedicándose á edición das súas obras; así, editou os Cantares viejos y nuevos de Marcial del Adalid, e obras de Pedrell e Montes. Na faceta de compositor podemos citar a muiñeira Alfonsina, a zarzuela nun acto La luna de hiel, a canción Un sospiro, inspirada nun texto poético de Manuel Martínez González, a peza O día en que saín da patria miña e numerosas melodías e himnos. Foi alcalde da Coruña, membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1879) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano francés. Membro da familia dos condes de Rodez. En 1282 ingresou na Orde dos Predicadores, da que foi elixido mestre xeral en 1312. Debido ao seu talante reformador, centrou a súa atención sobre a organización dos estudios, a observación da vida regular e deu un novo pulo ao labor misioneiro. Participou activamente nos problemas que afectaban á corte pontificia de Aviñón e, en 1317, integrou a legación enviada polo Papa Xoán XXII á corte de Borgoña e a Flandres. Foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela (1318-1330) por imposición do Papa Xoán XXII, dada a incapacidade do cabido compostelán, dividido en dous bandos, de propoñer un único candidato como sucesor de Rodrigo de Padrón. Durante a súa prelatura tivo que loitar contra os nobres e os burgueses de Santiago de Compostela, que pretendían que a cidade fose de reguengo. Os composteláns estaban apoiados polo infante Filipe e o seu mordomo Afonso Suárez de Deza, que detentara na sede vacante a tenencia das fortalezas episcopais....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León (1197-1204) e de Castela (1217). Filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra, casou con Afonso IX de León (1197), pero o Papa Inocencio III anulou o matrimonio no 1204 por causa da súa consanguinidade. En 1217 converteuse en Raíña de Castela ao suceder o seu irmán Enrique I; sen embargo, cedeu os dereitos ao seu fillo Fernando que recibiu tamén a coroa de León en 1230.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista, autor do atentado contra o Tsar Alexandre II na Exposición de París (1867). Foi condenado a vinte anos de traballos forzados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena, xunto con A. von Webern e o seu mestre, colaborador e amigo, o tamén compositor Arnold Schönberg. Entroncado coa tradición clásica vienesa, incorporoulle unha sensibilidade posromántica. Polo seu instinto dramático e polo seu poder expresivo, converteuse nun dos representantes do expresionismo musical. Dentro da súa produción destacan as obras: As catro cancións, op. 2 (1909), Cuarteto para corda, op. 3 (1910), Catro fragmentos para clarinete (1913) e a aria O viño (1829), sobre textos de Baudelaire. A súa derradeira obra foi o Concerto para violín e orquestra “Á memoria dun anxo”(1935), estreado en Barcelona en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político conservador. En 1913 foi ministro de Instrución Pública, en 1919 de Gobernación e en 1922 de Facenda e de Estado. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e ao acabar esta separouse do seu partido. En 1932 defendeu o xeneral Sanjurjo, que se sublevara contra o goberno republicano. É autor de Derecho Mercantil (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Embarcación de dous paos e velas cuadrangulares ou redondas. En Galicia, os bergantíns empregábanse para o transporte de mercadorías. A súa presenza era común naqueles portos que se dedicaban á exportación da súa produción industrial pesqueira. Cargaban as súas adegas cos produtos das fábricas de salgadura e conservas, transportando e exportando grandes cantidades de peixe en conserva cara a Levante, Andalucía, a zona do Cantábrico e mesmo Portugal.
-
Tipo de buque de guerra que, na primeira metade do s XIX, deu paso á construción das fragatas de hélice. No 1793 construíuse en Ferrol un buque destas características, bautizado co nome de Cuervo, que contaba con 14 canóns.
-
Navío de vela, que arboraba, ademais do bauprés, dous ou máis paos, dos que o trinquete era de tres pezas, cruzado e con gabia, e o outro ou os outros eran de dúas pezas, sen cruzar e cunha botavara e un pico en cada un deles izábanse unha áurica e unha escandalosa. Apareceu no s XVIII na mariña de guerra e na mercante, como unha evolución do bergantín, e subsistiu mentres perdurou a navegación de vela.
-
Navío de vela co casco de bergantín redondo e con aparello de polacra no pau maior (de dúas pezas) e aparello de bergantín no trinquete (de tres pezas).
-
-
-
Embarcación característica do Mediterráneo, mixta de xabeque e bergantín. Normalmente arboraba dous paos, ademais do bauprés, sen gabias nin cruzados: o trinquete, con velas redondas, e o maior, con vela latina. Algunhas bergantinas arboraban tres paos: maior e mediano con aparello latino e trinquete con velas redondas, e outras mesmo levaban aparello de goleta. Apareceu canda os bergantíns e empregouse nas mesmas navegacións.
-
Vela maior áurica dos bergantíns.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Bergantiños ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bergantiños.
-
-
GALICIA
Comarca do NO da Comunidade Autónoma, unha das máis claramente definidas e de maior personalidade de Galicia. A súa delimitación coincide practicamente coa conca do río Anllóns. Está integrada polos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. A súa cabeceira comarcal é o núcleo urbano de Carballo, situado a 43° 12’ 50’’ de latitude N e 8° 41’ 20’’ de lonxitude O. Limita ao N co Océano Atlántico, ao L coa comarca da Coruña, ao O coa Terra de Soneira e ao S coas comarcas de Ordes e Xallas. Abrangue unha superficie de 739,28 km2nos que acolle unha poboación de 71.230 h (1998).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A comarca participa en conxunto dos trazos característicos do clima oceánico húmido (temperaturas suaves, escasa oscilación térmica, frecuentes precipitacións, alta humidade relativa, etc), pero amosa no seu interior certos matices orixinados pola distinta orientación, latitude e lonxitude. Deste xeito a comarca do... -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado polo Centro Social e Cultural Bergantiños en Montevideo. O Centro fundouse a finais dos anos sesenta na capital do Uruguay. A iniciativa partiu dun grupo de activos representantes da comarca coruñesa como Walter Pena.
-
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Estudiou en Madrid con Lola Rodríguez de Aragón. A súa voz é moi persoal e particularmente recoñecible, de belísima cor e cun centro rico, corpóreo e cálido, con gran facilidade para as axilidades. Ofreceu o seu primeiro concerto no Ateneo de Madrid (16.2.1957). O seu debut operístico foi en xullo de 1957 no festival de Aix-en-Provence, interpretando a Dorabella do Così fan tutte mozartiano, baixo a dirección de Hans Rosbaud. Actuou nos principais festivais e teatros de ópera do mundo (Covent Garden de Londres, Scala de Milán, Metropolitan de Nova York, Colón de Bos Aires, etc), xunto a figuras como María Callas, Jon Vickers ou Mirella Freni e colaborou con prestixiosos directores de orquestra como Karajan, Solti, Mehta ou López Cobos. Carmen de Bizet foi un dos papeis emblemáticos na súa carreira, interpretado no festival de Edimburgo (22.8.1977), coa dirección musical de Claudio Abbado e escénica de Piero Faggioni. O seu repertorio inclúe ademais Charlotte...
VER O DETALLE DO TERMO