"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Labé, Guinea (249.515 h [1996]). É o principal centro islámico de Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (3.991 km2, 253.214 h [1983]). A capital é Labé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa francesa. Pertenceu á escola lionesa integrada por Maurice Scève, Olivier de Magny e Pernette du Guillet. A súa obra lírica é unha síntese da literatura amorosa europea, tanto no Débat de folie et d’amour (1556) como nas tres elexías e nos sonetos publicados en 1555. A súa produción, chea de vitalidade renacentista, ten influencias de Petrarca e da tradición francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arado que se anchea con pólas para que faga o suco máis grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Baíste (Avión). O seu cumio acada os 720 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca ou sinal que se incorpora a certas mercadorías e que garante a súa procedencia ou a conformidade de determinados organismos, preferentemente sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segmento medio do periantio das orquidáceas, a miúdo con esporóns e de forma e coloración peculiares. Normalmente está situado na parte baixa da flor por torsión do eixe floral.

    2. Peza floral das zinxiberáceas e outras escitamíneas, formada pola unión de estaminoides petaloides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘alpargata’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo N da illa de Onza, situada na parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos laberintodontos.

    2. Anfibio da subclase dos laberintodontos.

    3. Subclase de anfibio fósil, primeiro en colonizar o medio terrestre, entre finais do Devónico ata principios do Xurásico; extinguíronse completamente no Triásico. Caracterízanse por posuír dentes cónicos, con estrutura interna labiríntica (en sección transversal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mimo romano. O seu labor artístico desenvolveuse na época en que agromaba con forza unha farsa de carácter popular que deu continuidade á comedia latina. Foi, xunto con Publilio Siro, un dos autores que deu calidade literaria ao vello xénero do mimo. Deixou diversas obras que se agrupan baixo a denominación de Mimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo francés. Opúxose ao intelectualismo neotomista e defendeu un realismo cristián que o levou ao modernismo. Das súas obras destacan Essai de philosophie religieuse (1903) e Le réalisme chrétien et l’idéalisme grec (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Próxima ao círculo de Die Kolonne, as súas obras de poesía, novela, narración e teatro reflicten o problema relixioso do pecado e da gracia, así como os horrores da guerra e da posguerra. Destaca Das unauslöschilche Siegel (O selo imborrable, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Ordenado sacerdote en 1900, foi mestre de coristas en Canedo (Ponteareas) e gardián no mosteiro de Louro (Muros). Colaborou en varias publicacións e publicou Pláticas familiares sobre la Venerable Orden Tercera (1913), Camino del Cielo o sea Práctica de la oración mental al alcance de todos y Directorio espiritual (1929) e Vocación Religiosa (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña que domina desde o NL a cidade de Atenas, oposta ao outeiro da Acrópole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo L da parroquia de Camba (Laza). O seu cumio acada os 1.369 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a Irmandade de Amigos da Fala de Muxía, colaborou en Ronsel, Nós e A Nosa Terra, ademais de na Colección Lar e no Seminario de Estudos Galegos. Da súa produción destacan De outono (1924), Buserana (1925), Fuxidos (1926), Nemancos (1929), Centileos nas ondas (1958) e a peza teatral María Rosa (1928), unha comedia sentimental en que se analiza o rol da muller na familia e na sociedade e se confrontan os valores da cidade e da aldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Un dous representantes mais emblemáticos da pintura identitaria galega, foi un pintor singular e extraordinariamente prolífico que adicou a súa vida á proxección pictórica de Galicia e as súas xentes. Excepcionalmente dotado para a arte, sendo aínda un neno gañou pola súa técnica bolsas na Escola de Artes de A Coruña, e na senlleira Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e mais tarde ampliou estudos en Italia, Francia e Países Baixos. Durante a década dos 50 e 60 expuxo en numerosas ocasións en salas de Galicia, España, Portugal, Cuba… e todas as súas exposicións levaban o nome de Xentes e Cousas de Mar así como todos os títulos das súas obras eran en galego,algo pouco habitual nos pintores da época, e sempre o acompañou un abraiante éxito de crítica e público. Anque refuxia a asistencia a certames e premios en 1961 coma motivo da celebración da Feira do Mar, obtivo ou primeiro premio pola decoración mural do pavillón de Vigo, e unha primeira medalla co óleo “Os rapaces”....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Profesora de didáctica da música na Universidade de Santiago de Compostela, foi bolseira do Ministerio de Asuntos Exteriores para recibir estudios de música en Hungría. Conseguiu o terceiro premio do Patronato Rosalía de Castro pola canción “Has de cantar”. Publicou álbums monográficos de partituras musicais instrumentadas e composicións inéditas e publicadas destinadas á educación infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO