"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Papa (678-681). Condenou o monotelismo e durante o seu pontificado espallouse a liturxia romana por Inglaterra. A súa festa celébrase o 10 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea do xénero Rosa, da familia das rosáceas, con talos con espiñas e flores de cores vistosas e aromáticas. A maioría das roseiras de xardín son de orixe híbrida e teñen como principais especies emparentadas: R. chinesis, R. orodata, R. multiflora e R. wichuraina, de Asia oriental, R. moschata e R. foetida, de Asia occidental, e R. gallica, de Europa. A roseira silvestre (R. agrestis), de flores brancas, dáse en matos de terra lenta. A roseira alpina (R. pendulina), de flores dun rosado purpúreo, crece en bosques e matos de alta montaña. A especie R. sempervirens, é de flores brancas, e habita en aciñeirais, matos e en terra lenta. A roseira espiñosísima (R. pimpinellifolia), de flores brancas, dáse en bosques de montaña media. A roseira gálica (R. gallica), de flores dun rosado forte, cultívase e tamén é espontánea. A roseira glauca (R. glauca), de flores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de prensa francesa constituída a partir da rama informativa da axencia Havas. Adquirida polo estado francés no ano 1940, adoptou o nome actual no 1944. Ten proxección internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘ladrón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘vista’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘quen mira ou escudriña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Nas súas novelas costumistas, como Arhanghelii (1914), a máis célebre, Popa Man (1920) ou Legea minţii (A lei espiritual, 1927) describiu o ambiente campesiño da Transilvania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para aglomerar.

    2. Aglutinante utilizado para aglomerar.

    3. Linguas aglutinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aglutina.

    2. Material capaz de unir fragmentos dunha ou varias substancias e de dar cohesión ao conxunto por efecto exclusivamente físico.

    3. Material que serve para trabar os morteiros. Tamén pode facer referencia ao material que nun muro serve como elemento de unión entre as pezas que o forman como argamasa, terra ou barro.

    4. Na fundición, substancia empregada para evitar que a area que compón os moldes se disgregue. Empréganse como aglutinantes a arxila, a fariña, a dextrina, o aceite de liñaza, a melaza, o vidro soluble e, cada vez máis, as resinas fenólicas e de furfural.

    5. Substancias líquidas (viscosas) que solidifican co paso do tempo e nas que se dilúen os pigmentos pitóricos unindo e amalgamando as súas partículas.

    6. Substancia adhesiva ou que, por reacción con outra, pode desenvolver propiedades adhesivas e actuar como tal.

    7. Por oposición ás linguas monosilábicas (chinés) e ás linguas flexivas (latín), termo da lingüística do s XIX co que adoitaban caracterizar certo tipo de linguas. É pouco usado porque se basea nunha teoría xenética indemostrable segundo a cal toda forma flexiva xurdiu pola aglutinación de dúas palabras, sendo a segunda reducida a un elemento formal (desinencia ou similar). As linguas aglutinantes serían as que se atopan nun primeiro período deste proceso, as palabras fórmanse ao xuntar a unha raíz afixos dotados dunha soa función gramatical, aínda discernible (éuscaro, xaponés, finés).

    8. Característica que mide a calidade da hulla para a obtención do coque empregado na siderurxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial e financeiro italiano. Fundou en 1899 a Fabbrica Italiana Automobili Torino (FIAT) da que foi presidente dende o ano 1920 ata a súa morte. O seu neto Giovanni Agnelli (Turín 1921) é presidente do grupo FIAT dende 1966, e membro do consello executivo da Trilateral. Foi nomeado senador vitalicio en 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz da Alemaña, casada co Emperador Enrique III (1043). Asumiu a rexencia do Imperio durante a minoría de idade do seu fillo Enrique IV (1056-1062), sendo deposta pola nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rapaza duns 12 anos que morreu mártir, degolada. Os testemuños do seu martirio datan do s IV e a lenda posterior fíxoa irmá de santa Emerenciana. Represéntase cun año nos brazos. A súa festa celébrase o 21 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemática italiana. Sobresaíu pola súa precocidade. Publicou moitas obras, das que a máis importante é Istituzioni Analitiche ad uso della gioventù italiana (1748), na que trata a chamada cúbica de Agnesi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • rata augadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • rata augadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • rata augadeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo visigodo de Lión (816). Probablemente orixinario de Catalunya. Implicado na política de Luís o Piadoso, foi deposto polo Emperador (835-838). A súa festa celébrase o 6 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría de carácter agrícola que se celebra na parroquia de San Lourenzo de Agolada (Coristanco) o 13 de xuño. A súa vocación é a da protección do gando, dos animais e do campesiño. Os animais son bendicidos e despois conducidos en procesión arredor da igrexa encabezada pola imaxe do santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dá agonía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que agoniza.

    2. Relixioso que ten por misión auxiliar os moribundos. Ao comezo do s XIII apareceron en Austria, Hungría e Polonia diversas institucións con esta finalidade, das que a máis antiga parece ser a dos Irmáns da Morte. Contra o final dese mesmo século adoptaron a regra agostiña e comezaron a espallarse por toda Europa. O conxunto de Irmáns da Morte debeu inspirar a fundación da Congregación dos Pais Agonizantes, instituída por Camilo de Lelis en Roma no ano 1586; na actualidade son coñecidos tamén co nome de camilos.

    VER O DETALLE DO TERMO