aglutinante

aglutinante

(< aglutinar)

  1. adx

    Que aglutina.

    Ex: Todas estas son substancias aglutinantes.

    Sinónimos: adherente.
  2. s m

    Material capaz de unir fragmentos dunha ou varias substancias e de dar cohesión ao conxunto por efecto exclusivamente físico.

    Ex: Con este aglutinante especial non vai romper máis.

    Sinónimos: emplasto.
  3. s m [CONSTR]

    Material que serve para trabar os morteiros. Tamén pode facer referencia ao material que nun muro serve como elemento de unión entre as pezas que o forman como argamasa, terra ou barro.

  4. s m [IND]

    Na fundición, substancia empregada para evitar que a area que compón os moldes se disgregue. Empréganse como aglutinantes a arxila, a fariña, a dextrina, o aceite de liñaza, a melaza, o vidro soluble e, cada vez máis, as resinas fenólicas e de furfural.

  5. s m [PINT]

    Substancias líquidas (viscosas) que solidifican co paso do tempo e nas que se dilúen os pigmentos pitóricos unindo e amalgamando as súas partículas.

  6. s m [QUÍM/IND]

    Substancia adhesiva ou que, por reacción con outra, pode desenvolver propiedades adhesivas e actuar como tal.

  7. linguas aglutinantes [LING]

    Por oposición ás linguas monosilábicas (chinés) e ás linguas flexivas (latín), termo da lingüística do s XIX co que adoitaban caracterizar certo tipo de linguas. É pouco usado porque se basea nunha teoría xenética indemostrable segundo a cal toda forma flexiva xurdiu pola aglutinación de dúas palabras, sendo a segunda reducida a un elemento formal (desinencia ou similar). As linguas aglutinantes serían as que se atopan nun primeiro período deste proceso, as palabras fórmanse ao xuntar a unha raíz afixos dotados dunha soa función gramatical, aínda discernible (éuscaro, xaponés, finés).

  8. poder aglutinante [QUÍM/IND]

    Característica que mide a calidade da hulla para a obtención do coque empregado na siderurxia.