emplasto

emplasto

(

  1. s m [MED]

    Preparado medicinal farmacéutico ou caseiro de aplicación externa, sólido e glutinoso, que abranda pola calor e se adhire á parte do corpo sobre a que se aplica.

    Ex: A avoa fíxolle un emplasto con herbas ó rapaz.

    Sinónimos: apósito, cataplasma.
  2. s m

    Arranxo mal feito.

    Ex: Fixemos un emplasto na porta. Tivemos que poñerlle un emplasto ó coche para poder chegar.

  3. s m

    Persoa enfermiza e moi delicada de saúde.

    Ex: Dende que naceu é un emplasto, sempre anda nos médicos.

    Sinónimos: cataplasma.
  4. s m

    Persoa fastidiosa, que molesta ou estorba.

    Ex: O mozo da túa tía é un emplasto.

    Sinónimos: cataplasma.

Palabras veciñas

empitar | emplastar | emplastecer | emplasto | emplumado -da | emplumar | empoar