emplasto
emplasto
(
-
s
m
[MED]
Preparado medicinal farmacéutico ou caseiro de aplicación externa, sólido e glutinoso, que abranda pola calor e se adhire á parte do corpo sobre a que se aplica.
Ex: A avoa fíxolle un emplasto con herbas ó rapaz.
Sinónimos: apósito, cataplasma. -
s
m
Arranxo mal feito.
Ex: Fixemos un emplasto na porta. Tivemos que poñerlle un emplasto ó coche para poder chegar.
-
s
m
Persoa enfermiza e moi delicada de saúde.
Ex: Dende que naceu é un emplasto, sempre anda nos médicos.
Sinónimos: cataplasma. -
s
m
Persoa fastidiosa, que molesta ou estorba.
Ex: O mozo da túa tía é un emplasto.
Sinónimos: cataplasma.