"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de autorizar.
-
Documento ou expresión onde se autoriza algo ou a alguén.
-
-
Acto polo que unha autoridade administrativa, lexislativa ou xudicial autoriza a outra autoridade, a un funcionario que dela dependa ou a un particular o exercicio de determinados dereitos.
-
autorización administrativa
Acto polo que as administracións públicas facultan a un administrado no exercicio dun dereito.
-
autorización de residencia
Permiso que a autoridade gobernativa dun país outorga a un estranxeiro para que este poida establecer nel o seu domicilio por un período de tempo determinado e que, normalmente, cómpre renovar periodicamente.
-
autorización xudicial
Autorización do xuíz, ditada para suplir a negativa que unha persoa puidera dar a outra, para que esta realice uns determinados actos de disposición sobre bens ou dereitos propios e, especialmente, para intervir nun proceso xudicial co fin de defender nel os seus dereitos ou bens.
-
-
Intervención dun notario nun outorgamento do acto xurídico.
-
Requisito que a lei esixe para que certas persoas que non gozan da plenitude da capacidade de obrar (por exemplo, menores e estranxeiros) poidan contratar validamente os seus servicios en réxime de contrato de traballo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dalgúns instrumentos de topografía pola que se obtén a distancia horizontal sen ter efectuado ningunha clase de cálculo.
-
-
-
Proceso con regulación propia.
-
Reflexo con reacción compensatoria.
-
-
Propiedade dun proceso ou dunha máquina que, despois dunha perturbación, consegue obter outra vez o equilibrio sen a intervención dun regulador.
-
Proceso no que un ovo haploide adquire a diploidia ao dobrar o seu xenoma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de relaxación que se pode acadar individualmente sen axudas externas directas. As técnicas máis empregadas son a de Jacobson e a de Schulz. A técnica de Schulz coñécese tamén como autorrelaxación concentrativa ou adestramento autóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Duplicación sincrónica das estruturas celulares.
-
-
Rotación dunha á que se produce cando o ángulo de perda é inferior ao ángulo de ataque efectivo (formado pola corda dun perfil de á e a proxección da velocidade absoluta desta sobre o plano do perfil).
-
Rotación continuada, ao redor do seu eixe, dun rotor sometido unicamente a forzas aerodinámicas. A disposición axeitada das pas do rotor permite conseguir que a forza resultante que actúa sobre cada unha delas teña a mesma dirección do eixe de rotación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consecuencia dun feito que dá satisfacción á propia persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de xenotipos diferentes na apogamia por causa da segregación xenética da primeira meiose, sexa por herdanza independente, sexa por entrecruzamento. É un caso de apomixe.
-
-
Establecemento dedicado principalmente ao comercio de alimentos ou á restauración. O autoservicio de produtos alimenticios recibe o nome de supermercado cando sobrepasa os 300 m 2 . Nos autoservicios os produtos dispóñense ordenadamente ao longo de corredores nos que o consumidor atopa o que precisa, co prezo correspondente, sen ter que esperar a ser despachado polo tendeiro. Aqueles que se dedican ao servizo de comidas acostuman estar montados en liña -aínda que tamén poden facelo en illas-, comezando polos cubertos, a vaixela, a cristalería, as bandexas e unha serie de vitrinas onde se colocan os alimentos e as bebidas. Diante do mostrador e a unha altura axeitada, hai unha repisa sobre a que se colocan a propia bandexa para ila escorregando ata chegar á caixa, situada ao final do percorrido, onde o consumidor debe pagar o importe total daquilo que escolleu para consumir.
-
Sistema polo que os clientes dun establecemento de autoservicio se serven eles mesmos e pagan ao saír.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
acinación efectuada mediante unha autovacina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento da propia valía, que pode oscilar entre o sentimento de superioridade e o de inferioridade. O individuo mide as propias accións segundo o eu ideal. A autovaloración ten un gran valor psicodiagnóstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción conxunta de diferentes tipos de enerxía no mesmo lugar no que van ser utilizadas.
-
PERSOEIRO
Bispo arriano de Milán (355-375). Imposto por Constancio II, foi o principal impulsor dos arrianos occidentais e desempeñou un papel importante no Concilio de Rímini (359). Sucedeulle santo Ambrosio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso reprodutivo das diatomeas, que acadan o talle crítico de viabilidade, que restaura o tamaño máximo da especie.
-
-
Acción e efecto de avaliar.
-
Valor atribuído a un ben ou un dereito.
-
Etapa do proceso educativo que ten por finalidade comprobar dalgún xeito se se acadaron os obxectivos pedagóxicos propostos.
-
alor atribuído a un ben ou dereito obxecto de expropiación forzosa, establecido de mutuo acordo entre a administración e o interesado, ou segundo o procedemento previsto na lexislación específica sobre a materia.
-
Cálculo do valor dunha empresa ou de partes da súa estrutura e da súa actividade, de acordo cos parámetros de bens patrimoniais, de rendibilidade, mixtos e de capitalización bolsista.
-
Procedemento para determinar a base impoñible dun imposto. Consiste na estimación obxectiva ou calculada do rendemento conxunto dunha determinada actividade económica gravable referida a un ámbito territorial concreto, para poder distribuíla posteriormente a cada suxeito fiscal mediante sinais externos, índices ou módulos que poñan de manifesto o rendemento global desta actividade económica. Este procedemento, abolido hoxe en día, foi substituído polos sistemas de estimación directa e estimación obxectiva singular.
-
Xuízo de valor verbo dunha lingua ou das súas variantes.
-
-
GALICIA
Ilustrado. Publicou Urbanidad y cortesía que se practica entre personas de distinción (1774). Mantivo correspondencia, entre outros, con Martín Sarmiento e José Cornide; e por unha “Carta en que D. Ignacio Avalle y Patiño responde a un amigo en orden a la impresión de las Memorias Históricas del Reino de Galicia, remitiendo al mismo tiempo a su censura el plan de la obra” (1776), sábese que estaba a traballar nunha obra histórica que nunca chegou a editar. Así mesmo, traduciu Escuela o ciencia del mundo, para todos estados, en que se reseña el verdadero modo de vivir en él con honra y provecho (1775), do escritor francés Le Noble.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten avaricia, que anhela acumular cousas no seu proveito.
-
-
Conxunto de aves de curral ou de granxa: galiñas, gansos, pavos, etc.
-
Conxunto de aves mariñas, especialmente aquelas que anuncian algún banco de sardiñas co seu voo.
-
-
-
-
Técnica e práctica que permite o voo dos aparellos máis pesados ca o aire (aeronaves). Atópanse referencias moi antigas ao home voador. Neste senso son notables os estudios de Leonardo da Vinci de finais do s XV, os de Francesco de Lana, os de Giovanni Alfonso Borelli e os de Isaac Newton no s XVII. O libro De motu animalium, escrito por Borelli no 1680, establece a analoxía do home voador cos paxaros; por vez primeira foi esbozada a diferenza entre a Aerostática, na que a forza de sustentación se obtén mediante enxeños máis lixeiros ca o aire, e a Aviación, onde esta forza se consegue con aparellos máis pesados ca o aire, coa axuda de motores. A Aviación non comezou a ser posible ata que, entre o 1799 e o 1853, o inglés George Cayley definiu os fundamentos da aerodinámica. Cara ao 1810 construíu un planador co cal foi quen de facer algúns voos. Inspirándose nas ideas de Cayley, no 1843 William Samuel Henson publicou un deseño de máquina voadora provista de motor de vapor. Alphonse...
-
aviación comercial /
Industria de transporte aéreo encargada de cubrir as liñas de pasaxeiros e mercadorías. Este sector está formado por un número indeterminado de compañías e as máis importantes están rexistradas na Asociación do Transporte Aéreo Internacional (IATA). Cara á fin da década de 1950 produciuse unha carreira de beneficios crecente ata o 1970, pero no 1973 entrouse nunha situación de crise por mor do encarecemento dos combustibles (crise do petróleo). A partir do 1980 as compañías asociadas á IATA coñeceron graves perdas económicas. Esta situación produciu multitude de “guerras de tarifas”. Por riba, o incremento dos voos fretados (charter), que cobren o 50% do tráfico interior, obrigou ás compañías regulares a crear unhas tarifas especiais para nenos, xubilados, vacacións, etc, o que non fixo máis que agravar a crise económica. Cómpre remarcar, sen embargo, a diferenza entre as compañías americanas, que son propiedade de grupos privados, e as europeas, a maioría delas son dos diferentes...
-
aviación militar /
Tecnoloxías e innovacións da Areonáutica aplicadas aos conflitos bélicos. As primeiras aplicacións militares da aviación tiveron lugar no N de África durante a guerra de Italia contra Turquía polo control de Libia (1911-1912). No 1913 empregouse na campaña de España en Marrocos. A Primeira Guerra Mundial deu un forte impulso á aviación militar. Poucos días despois de comezar a guerra, un avión francés Voisin fixo o primeiro bombardeo. A finais do 1914, en Francia e en Rusia organizouse a aviación de bombardeo. A partir do 1915 Gran Bretaña fabricou avións de gran calidade para as forzas aéreas. O motor lineal de cilindros en V, desenvolvido paralelamente en Alemaña e na Gran Bretaña pouco antes da Segunda Guerra Mundial, deu lugar aos mellores aparellos de caza da época: o Messerschmitt Me-109, o Spitfire e o Hurricane. Nos EE UU xurdiu o bombardeiro cuadrimotor de gran radio de acción, rápido pero con pouca carga de bombas. Os alemáns fabricaron avións...
-
-
Dotación de avións e instalacións complementarias, dun estado, dunha compañía, etc. Pódese diferenciar a aviación civil, dedicada principalmente ao transporte de persoas e mercadorías e que adoita estar en mans de compañías privadas, da aviación militar, dedicada a misións de carácter bélico e controlada polos gobernos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización intergobernamental creada en 1974 baixo os auspicios da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Preocúpase pola situación do mercado do petróleo e de promover a investigación de enerxías alternativas. Pertencen a ela 21 dos 24 estados membros da OCDE e ten a súa sede en París.