"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Economista. Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid. Foi director de Comunicación Social de Unesa (1974-1998) e membro do comité de Comunicación Social da Unión Internacional de Productores y Distribuidores de Electricidad. Colaborador en diarios e revistas, foi redactor xefe da revista Economía e xefe de sección nos diarios 3E e SP. Publicou, entre outras obras, Explosiones Económicas (1977) e El cambio agrario en Galicia (1985), e estudios anuais sobre economía rural e agraria en Galicia (1996-2001). Recibiu a Medalla Castelao (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista e biólogo. Presidente do grupo Erva (1991-1996), centrou a súa actividade na conservación de zonas húmidas como a das Gándaras de Budiño, para as que estableceu as medidas de rexeneración que recibiron o Premio de Medio Ambiente de Galicia. Destacan as súas publicacións dedicadas á fauna acuática -como os sapoconchos, cangrexos e insectos, especialmente libélulas, para as que estableceu, no 2001, o primeiro catálogo faunístico de Galicia-. Achegou algúns dos primeiros datos para Galicia de aves acuáticas como o mazarico mouro, a garza grande e a cegoña negra. Ademais investigou (1996-1998) a diversidade de macromicetos das carballeiras, co que incrementou o catálogo galego en máis de 40 especies. Como técnico, para a Xunta de Galicia, traballou na conservación do cangrexo autóctono e en plans de manexo de invertebrados acuáticos nos Parques Naturais do Aloia, Corrubedo e a Serra da Enciña da Lastra. Membro do equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, publicou o libro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora e política. Exerceu a docencia no ensino medio e na UNED de Pontevedra. Foi concelleira polo Partido Popular no concello de Vigo (1995-1999) e deputada por Pontevedra na IV lexislatura (1993-1997), durante a que presidiu a comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogada e política. Candidata do Democratic Party, foi a primeira muller en presentarse á vicepresidencia dos EE UU. Publicou Ferraro, My Story (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Graduouse na Escuela Oficial de Artes Aplicadas de València (1972) e realizou estudios de artes en París e de historia da arte en Florencia. Nos anos setenta e oitenta cultivou a pintura, a escultura, o debuxo e o deseño e, despois de residir en diferentes cidades, instalouse na Coruña. Dende comezos da década de 1990 realizou traballos fotográficos. Das súas obras destacan as series Heterofobias e Soños (1997), nas que empregou a pintura fotográfica, e Luz. Realizou exposicións en diversas cidades e participou, entre outras, na feria ARCO (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración do metabolismo do ferro dentro do organismo mediante isótopos radioactivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista alemán. Formouse en Berlín, onde foi un dos fundadores da Galerie am Moritzplatz (1977). Cultivou a pintura, a escultura, o cine e o vídeo e introduciu un certo nivel de compromiso social nas súas obras. Inscríbese na corrente dos novos fauves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de fibrina no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olume publicado en 1697 onde se recollen as composicións que se presentaron ás Festas Minervais do devandito ano, convocadas en honra da memoria de Alonso de Fonseca dende 1536. O certame deu cabida a composicións en latín, castelán e galego, sempre baixo un tema prefixado que se marcaba na convocatoria. O seu título completo é Fiestas Minervales, y aclamación perpetua de las Musas, a la inmortal memoria de el Ilustrísimo, y Excelentísimo Señor D. Alonso de Fonseca el Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por su escuela y Universidad, que afectuosamente las consagra, dedica, y ofrece, al Excelentísimo Señor Conde de Monte-Rey, su protector, Valedor, y Mecenas: por mano de el Doctor Joseph Varela y Vasadre, Retor de dicha Universidad. En 1993 saíu do prelo unha edición facsimilar a cargo de X. A. Montero

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político irlandés fundado en 1933 cun carácter conservador e moderadamente autonomista. Trala proclamación da República de Irlanda (1949), converteuse na gran formación de oposición ao Fianna Fail e evolucionou cara a posicións democratacristiás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Colaborou con G. L. Bernini en Roma. Instalado en Nápoles, cultivou o retrato e a escultura relixiosa. Da súa produción destaca o retrato de Girolamo Manili.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Tracia. Posuidor de dotes de adiviñación, preferiu perder a vista con tal de vivir unha longa vida. Isto espertou a cólera de Helio, quen lle enviou, como castigo, as harpías para que lle roubasen e ensuciasen a comida. Cando os argonautas lle preguntaron cál era a ruta que debían seguir para chegar a Cólquide e atopar o vélaro de ouro, díxolles que os axudaría se o libraban do tormento das harpías; de espantalas, ocupáronse os dous fillos de Bóreas, Calais e Zetes, que perseguiron os monstros alados ata obrigalos a fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado na marxe dereita do río Almanzora (1.746 h [1996]). A agricultura e a extracción de mármore son as principais bases da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fineses, ao seu pobo ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente a calquera dos pobos que falan o grupo de linguas baltofinesas.

    3. Pobos que se estableceron na costa báltica oriental, Finlandia e Carelia, a partir do Neolítico, procedentes das rexións centrais de Rusia. Entre eles incluíronse os finlandeses, os carelios, os estonianos, os livonios, os vepsios e os udmurtos. Trala chegada de poboación de orixe eslava e xermana a partir do s X, sufriron unha redución territorial que se incrementou nos ss XII e XIII. Na actualidade, só os finlandeses e os estonianos, que contan cun estado nacional propio, conservan as súas características culturais mentres que o resto experimentaron un proceso de rusificación.

    4. finlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fino.

    2. Dito ou feito que demostra cariño, afecto ou amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mikhail Mikhailovic Fokine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten carácter de folletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan de Beauvoir de Havilland Fontaine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política francesa. Doutora en Dereito Público. Presidiu o Parlamento europeo entre 1999 e 2002, ano no que se converteu en ministra de Industria de Francia. Escribiu Les députés européens: Qui sont-ils? Que font-ils? (1994), L’Europe de vos initiatives (1997) e Le traité d’Amsterdam à l’intention de ceux qui aimeraient s’intéresser à l’Europe si elle était moins obscure (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e decorador francés. Traballou como arquitecto oficial para Napoleón Bonaparte xunto con C. Percier. Representante do estilo Imperio, entre as súas obras salientan o Arco do Triunfo do Carrousel (1806-1810) e o proxecto da Rue de Rivoli (1805). No eido da restauración, traballou no Louvre, nas Tuilleries e nos palacios de La Malmaison, Fontaineblau e Versailles, entre outros. Para Luís XVIII realizou a Capela Expiatoria (1816-1820) e para Luís Filipe de Orléans a galería de Orléans do Palaïs-Royal (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO