Fiestas Minervales
olume publicado en 1697 onde se recollen as composicións que se presentaron ás Festas Minervais do devandito ano, convocadas en honra da memoria de Alonso de Fonseca dende 1536. O certame deu cabida a composicións en latín, castelán e galego, sempre baixo un tema prefixado que se marcaba na convocatoria. O seu título completo é Fiestas Minervales, y aclamación perpetua de las Musas, a la inmortal memoria de el Ilustrísimo, y Excelentísimo Señor D. Alonso de Fonseca el Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por su escuela y Universidad, que afectuosamente las consagra, dedica, y ofrece, al Excelentísimo Señor Conde de Monte-Rey, su protector, Valedor, y Mecenas: por mano de el Doctor Joseph Varela y Vasadre, Retor de dicha Universidad. En 1993 saíu do prelo unha edición facsimilar a cargo de X. A. Montero