"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o derradeiro escritor lírico da Roma imperial, é autor do poema en dísticos elexíacos De reditu suo, onde fai unha exaltación de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Duarte, República Dominicana (156.267 h [2002]). Situada no N da illa, destaca como centro comercial e de transformación de produtos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de República Dominicana (1.255 km2; 301.744 h [2002]). A súa capital é San Pedro de Macorís (217.141 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crioulo de base inglesa e unha forte influencia portuguesa no léxico que se fala en Surinam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Surinam (3.636 km2; 12.320 h [estim 1992]). A capital é Groningen (2.300 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo. Está considerado o teólogo do romanticismo alemán, tanto pola súa obra Der Christliche Glaube nach den Grundsätzen der Evangelischen Kirche (A fe cristiá segundo os principios da Igrexa Evanxélica, 1821-1822) como pola súa interpretación do feito relixioso en Über die Religion (Sobre a relixión, 1799) ou Monologen (Monólogos, 1800). Destacan tamén Dialektik (Dialéctica, 1903) e Hermeneutik (Hermenéutica, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Automobilista alemán. Debutou en Fórmula 1 no GP de Bélxica (1991) e conseguiu máis de 70 vitorias en grandes premios. Proclamouse 7 veces campión do mundo (1994, 1995, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (498-514). Cando era diácono foi elixido sucesor de Anastasio II polos cregos e o senado romanos hostís a Constantinopla. Acusado de inmoralidade polo presbítero Lourenzo, foi sometido ao xuízo dun sínodo (501), que optou polo xuízo de Deus. Lourenzo, nomeado antipapa, ocupou violentamente Roma, onde durante catro anos reinou o terror. Restablecida a paz por Teodorico, o cisma non rematou ata a morte de Símaco. A súa festividade celébrase o 19 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orador romano. Como defensor do paganismo, polemizou con santo Ambrosio. Del consérvanse cinco discursos, corenta relationes oficiais e dez libros de cartas ao estilo de Plinio. Editou a Livio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sobreestimar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariación fenotípica ou somática que non se transmite á descendencia e que non afecta á natureza das células reprodutoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Axudou a P. Morillo no desembarco na illa Margarita, polo que foi ascendido a tenente e recibiu a cruz da Marina de Diadema Real. Ascendido a capitán (1836) e brigadier (1840), Maria Cristina das Dúas Sicilias designouno ministro de Marina, Comercio, Gobernación de Ultramar, aínda que dimitiu coa expulsión do rexente do país. Derrocado Espartero (1843), volveu ocupar cargos de responsabilidade como a capitanía xeneral de Cádiz, Ferrol e Cartagena, e foi vicepresidente da Junta de Almirantazgo e senador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Croacia (4.524 km2 ; 456.967 h [2001]). A súa capital é Split.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso do estado sólido ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Prodúcese cando unha substancia sólida se quenta estando sometida a unha presión inferior á do punto triplo, ou ben se diminúe a presión cando se atopa a unha temperatura inferior á do punto triplo. O paso de estado gasoso a estado sólido coñécese tamén como sublimación ou sublimación regresiva.

    2. Proceso inconsciente do eu mediante o que un instinto ou impulso creador de conflito se manifesta en forma de actividades compensatorias de carácter máis elevado, como a ciencia ou a arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suma dos termos dunha serie calquera.

    2. Fenómeno que se produce pola suma de varios estímulos, aumentando o seu efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformación dun corpo en que a relación entre os eixes de simetría pasa a ser de 2:1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo estéril cunha anomalía nos cromosomas, que consiste no feito de ser portador de tres grupos de autosomas e un só cromosoma X.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poder absoluto, preeminente sobre toda outra autoridade.

    2. Lei do parlamento inglés (1535) pola que o rei, Enrique VIII, e os seus sucesores eran proclamados cabeza suprema da Igrexa Anglicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor polaco. Das súas composicións destacan a ópera Hagith (1913) e o ballet Mandragora (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina que se extrae de diversas árbores americanas, especialmente das familias das salicáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO