Símaco, san
Símaco, san
Papa (498-514). Cando era diácono foi elixido sucesor de Anastasio II polos cregos e o senado romanos hostís a Constantinopla. Acusado de inmoralidade polo presbítero Lourenzo, foi sometido ao xuízo dun sínodo (501), que optou polo xuízo de Deus. Lourenzo, nomeado antipapa, ocupou violentamente Roma, onde durante catro anos reinou o terror. Restablecida a paz por Teodorico, o cisma non rematou ata a morte de Símaco. A súa festividade celébrase o 19 de xullo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sardeña