"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • Xénero de algas, da división das rodófitas, que presentan talo vermello. Fíxanse mediante un disco, do que saen uns estípites algo carnosos, que aumentan de tamaño e se dividen dicotomicamente. En Galicia atópase a especie P. palmata, de ata 50 cm de lonxitude, que vive en rochas ou en estípites de algas do xénero Laminaria, a profundidades de ata 50 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi aprendiz de Federico de Madrazo e estudou en Italia, onde coñeceu a pintura clásica. Especializouse en pintura de tema histórico e nos retratos. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en 1872, director da Real Academia de Bellas Artes de Roma en 1882 e director do Museo Nacional del Prado. Acadou medallas nas Exposiciones Nacionales de 1862, 1866 e en 1871 co lenzo El 3 de mayo de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Participou na súa mocidade nas actividades políticas e culturais do movemento galeguista da capital arxentina. Cofundador do grupo Alén-Mar (1959), foi elixido secretario da Irmandade Galega (1964) e creou o Centro de Información Galega (1965) para impulsar o uso litúrxico do idioma galego na Igrexa católica. Publicou Pelerinaxe (1965), unha tradución ao galego de Castelao na arte galega (1966), Castelao na voz dos poetas (1970), en colaboración con X. Alonso Montero e Epifanio Ramos; Castelao: prosa do exilio (1976), A emigración galega na Arxentina (1978), a tradución de Vinte poemas galeses: séculos XVII ao XX (1988) e 4 notas sobre Luís Seoane: cun apéndice fotográfico (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, e capital de Gran Canaria, situada ao NO da illa, no punto onde un istmo estreito enlaza co promontorio elevado de La Isleta (100 km2; 354.863 h [2001]). Os barrios da Vegueta e Triana constitúen o núcleo antigo do municipio, con edificios do s XV. A expansión urbana comezada en 1833 foi paralela ao incremento do tráfico portuario. O porto de La Luz vertebrou o municipio moderno e lineal, que contrasta coa parte alta e mais a periferia. É un porto pesqueiro, comercial e de escala na travesía atlántica. Exporta principalmente plátanos, tomates e outros produtos agrícolas. Destacan as industrias pesqueiras, de aparellamento marítimo e de tabaco. O seu recurso principal é o turismo. Antigo campamento dos colonizadores casteláns, foi bispado e adquiriu o nome de Real de Las Palmas a finais do s XV. Os Reis Católicos crearon nela un concello e Filipe II estableceu alí unha audiencia. Foi un porto de importancia estratéxica na ruta das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Canarias, formada por 34 municipios, que está integrada polas illas de Gran Canaria, Fuerteventura, Lanzarote e outras de menor entidade (4.065 km2; 897.595 h [1991]). A súa capital é Las Palmas de Gran Canaria. A maior parte da poboación vive en Gran Canaria. A súa economía baséase nas explotacións agrícolas, a industria, o comercio, a pesca e o turismo. Os principais núcleos de poboación son Las Palmas de Gran Canaria (354.863 h [2001]), Telde (87.949 h [2001]) e Santa Lucía de Tirajana (47.652 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘con forma de palma’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla composta en que os folíolos arrancan do ápice do pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla palmatinervia con divisións estreitas ou agudas que non exceden a metade da distancia entre o contorno do limbo e o punto de inserción deste no pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla palmatinervia dividida en lóbulos pouco profundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • palmatilobado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • palmatinervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla en que os nervios principais arrancan radialmente do punto de inserción do limbo co pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla palmatinervia con divisións que chegan preto do punto de inserción do limbo co pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla palmatinervia con divisións que chegan ata o punto de inserción do limbo co pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira cunha parte circular, en que están dispostos orificios en cruz, e un mango, usada antigamente nas escolas para castigar os alumnos baténdolles con ela na palma da man.

    2. Especie de candeeiro baixo que ten un mango ou asa e un pé en forma de prato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. De tendencia socialdemócrata, foi ministro sen carteira (1963-1965), de Comunicacións (1965-1967) e de Educación e Cultura (1967-1969). En 1969 foi nomeado presidente do seu partido e primeiro ministro. Reformista radical, foi substituído como xefe do goberno polo centrista Thorbjörn Fälldin desde 1976 ata setembro de 1982, cando, coa vitoria dos socialdemócratas, recuperou a presidencia do goberno. Morreu vítima dun atentado en 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tocar coa palma da man.

      2. Empurrar a pelota coa palma da man para que entre na canastra.

      1. Pasar a rede de man en man os tripulantes dunha embarcación, para metela no barco despois de encascala.

      2. Dar a volta á rede para que seque mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben as plantas da familia das arecáceas. Adoitan ser árbores que constan dun tronco ou estípite simple e esvelto, coroado por un penacho de follas grandes pinnatisectas ou palmatisectas.

    2. Árbore de ata 20 m de altura, que presenta follas pinnadas, inflorescencias agrupadas e froitos drupáceos ovoides. É orixinaria de África occidental e dela obtense o aceite de palma.

    3. Árbore ou arbusto dioico, normalmente baixo, de 3-4 m de altura, que presenta follas gordas, en forma de abano, palmatisectas, con pecíolos provistos de espiñas ferintes, flores en acios densos e froitos baciformes monospermos, semellantes aos dátiles. Florece en primavera, entre marzo e abril. Habita principalmente zonas do litoral ou preto delas, ata os 1.000 m de altitude. É a única palmeira autóctona de Europa, cunha área de distribución mediterránea occidental. Cultívase con frecuencia como planta ornamental. Os corazóns son comestibles e coas follas fanse vasoiras e obxectos de cestaría.

    4. datileira.

    5. Árbore dioica, de ata 20 m de altura, que presenta tronco groso, follas pinnadas dunha cor verde escura brillante, moi numerosas e de pecíolo moi curto, con espiñas verdes, flores unisexuais de cor branca violácea, e froitos elipsoidais en baga monosperma. É orixinaria de Canarias, e en Galicia é moi frecuente en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO