"Pla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

      1. Relativo ou pertencente a La Plata ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de La Plata.

    1. rioplatense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao plateresco.

    2. Estilo arquitectónico desenvolvido na Península Ibérica a finais do s XV e na primeira metade do XVI. Resultado dunha asimilación persoal do primeiro Renacemento italiano, o seu nome, dado por Diego de Ortiz de Zúñiga, deriva da similitude que presenta no aspecto decorativo co traballo dos prateiros. Caracterízase pola importancia que dá á ornamentación, que con frecuencia enche por completo as fachadas dos edificios. Destacan, neste estilo, o Colegio de Santa Cruz de Lorenzo Vázquez en Valladolid; a igrexa de San Esteban de Juan Gil de Hontañón, a Casa de las Conchas e a Universidad de Salamanca; o Hospital de Santa Cruz de Alonso de Covarrubias en Toledo, e a Universidad de Alcalá de Henares. En Galicia as primeiras formas renacentistas foron platerescas ao adaptarse a nova decoración a edificios aínda góticos. A obra máis representativa do plateresco en Galicia é o Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Director da revista Aturuxo, colaborou en diversas publicacións con traballos en que trata temas galegos e canarios. Da súa obra destacan Un episodio de los tiempos celtas (1969), La historia de Canarias en episodios (1971), El cine en Canarias (1981) e Gallegos en Gran Canaria: memorias de la Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Filosofía e Letras, doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Titulado na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid, foi subdirector de Radio Popular de Ourense, delegado nesa cidade de La Voz de Galicia, director das revistas Auria e Orense e responsable de publicacións da Deputación Provincial de Ourense. Foi correspondente de El País e La Vanguardia e traballou para RNE, El Correo Gallego, La Actualidad Española e Teima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración lírica escrita por Juan Ramón Jiménez, publicada en 1914, en que se recrea poeticamente a vida e morte do burro Platero, enmarcada na paisaxe liricamente falsa de Moguer, vila natal do autor, e enlazando fantasía e realismo. É o libro en castelán, despois de El Quijote, traducido a máis linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación de refinado de petróleo para a obtención de gasolinas de elevada octanaxe, a partir de naftas ou gasolinas de baixa calidade, e tamén para a obtención de aromáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa estadounidense. O falecemento do seu pai en 1940 constituíu un trauma que non conseguiu superar e que rematou co seu suicidio. Considerada unha defensora da rebeldía feminina e inconformista, na súa obra preocupouse pola alienación do individuo, a morte e a autodestrución. Autora de The Colossus (1960), o único libro que publicou en vida, e da novela autobiográfica The Bell Jar (1963), a “poesía confesional” que aparece en Ariel (1965), corresponde coa súa contribución poética máis destacada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘amplo, ancho’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía conxénita da rexión occipitocervical con repercusión neurolóxica, caracterizada por unha invaxinación do occipicio e da raque cervical superior na fosa posterior do cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deformidade caracterizada por unha cabeza ancha e unha bóveda cranial achatada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta platicefalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos pleuronéctidos, ao que pertence a solla común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platicnemídidos.

    2. Insecto da familia dos platicnemídidos.

    3. Familia de insectos cigópteros, da orde dos odonatos, dos que o xénero máis coñecido é Platycnemis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á curva representativa dunha distribución estatística que é máis achatada ca a curva da distribución normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten follas planas e longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platihelmintos.

    2. Metazoo do filo dos platihelmintos.

    3. Filo de animais metazoos triploblásticos que teñen o corpo alongado e achatado dorsiventralmente. Presentan simetría bilateral e non son segmentados, e divídense en turbelarios, trematodos, cestodos e monoxéneos. Poden vivir no mar, en augas doces e na terra húmida; neste último caso a súa superficie ventral está recuberta de cilios vibratorios. Tamén poden moverse por medio das secrecións mucosas, e certas especies teñen glándulas cutáneas produtoras que crean unha especie de fíos que lles facilitan o desprazamento en sentido vertical. Outros, pola contra, son parasitos e poden ter un, dous ou tres anfitrións sucesivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza plana e lisa, que eventualmente forma parte de diversas máquinas ou instrumentos.

      1. Receptáculo dos magnetófonos onde vai o casete.

      2. Conxunto de elementos de lectura de discos formado por un chasis, un prato co sistema de accionamento, un brazo e unha cabeza de lectura.

      1. Parte do microscopio onde se coloca o portaobxectos.

      2. platina de Fodorov/universal

        Platina especial, adaptable á platina dos microscopios grandes polarizadores, de maneira que os diferentes movementos de ambas as dúas platinas se poidan efectuar arredor de cinco eixes; desta forma permite orientar en posicións especiais unha sección do mineral tallada nunha dirección calquera, e por combinación dos movementos de xiro é posible determinar en tal sección a súa orientación óptica, a natureza do elipsoide que lle corresponde ao mineral (de tres eixes ou de rotación) e a clase do cristal (biaxial, uniaxial ou isótropo).

    2. Disco de vidro ou de metal, perfectamente plano e liso, que na máquina pneumática se axusta coa campá.

    3. Láminas ou placas metálicas que soportan os eixes do mecanismo dun reloxo. A platina sobre a que se fixa a esfera denomínase platina da esfera.

    4. Táboa encima da que traballa unha máquina mecánica, xeralmente provista de ocos para os porlóns de suxeición das pezas que se queren mecanizar.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomeo Sacchi di Piadena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de platinar.

    2. Que ten o aspecto ou a cor do platino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cubrir algo cunha capa de platino.

    VER O DETALLE DO TERMO