platihelminto -ta

platihelminto -ta

(< plati- + helminto)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos platihelmintos.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo do filo dos platihelmintos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Filo de animais metazoos triploblásticos que teñen o corpo alongado e achatado dorsiventralmente. Presentan simetría bilateral e non son segmentados, e divídense en turbelarios, trematodos, cestodos e monoxéneos. Poden vivir no mar, en augas doces e na terra húmida; neste último caso a súa superficie ventral está recuberta de cilios vibratorios. Tamén poden moverse por medio das secrecións mucosas, e certas especies teñen glándulas cutáneas produtoras que crean unha especie de fíos que lles facilitan o desprazamento en sentido vertical. Outros, pola contra, son parasitos e poden ter un, dous ou tres anfitrións sucesivos.

Palabras veciñas

platicnemídido -da | platicúrtico -ca | platifilo -la | platihelminto -ta | platina | Platina, Il | platinado -da