"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Polímero do 1,3-butadieno constituído por unións cabeza-cola das moléculas do monómero. Pódense obter os seus polímeros cis e trans. Presenta algunhas das propiedades do caucho natural e emprégase fundamentalmente na fabricación de caucho semisintético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto polimérico que contén grupos carbonato (-O-CO-O-) repetidos regularmente ao longo da súa cadea principal. Pode considerarse un tipo de poliéster. Desde o punto de vista industrial, o máis importante é o derivado do 2,2-bis(4-hidroxifenil)propano. Son substancias transparentes e ríxidas con boas propiedades como illantes eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pluricarpelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que florece e frutifica varias veces.

      1. Relativo ou pertencente ás policárpicas.

      2. Planta do antigo grupo das policárpicas.

      3. Antigo grupo de dicotiledóneas dialipétalas que comprendía as ordes das magnoliais e das antigas ranais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito formado por varios carpelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente da palabra grega ðïëύêáñðïò, formada por ðïëύ ‘moito’ e êáñðïò ‘froito, proveito’, co significado de ‘o que é moi frutífero’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Esmirna. Discípulo de san Xoán Evanxelista, viaxou a Roma, onde puido refutar os gnósticos e loitar contra os marcionitas e os valentinianos. Foi martirizado en tempos de Marco Aurelio. Escribiu a Carta aos filipenses, un documento que permite coñecer algúns aspectos da organización da Igrexa da época. Represéntase vestido con túnica e palio, xeralmente atado a un pau na fogueira onde o queimaron e cunha pomba sobre a cabeza; tamén pode aparecer cun león aos pés. A súa festa celébrase o 23 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de música pop creado en 1977 e integrado por Gordon Summer Sting (cantante e baixo), Steward Copeland (batería) e Andy Summers (guitarrista). Disolveuse en 1986. Considerado un dos grupos máis destacados no estilo new wave, o seu primeiro grande éxito foi “Can’t Stand Losing You”, seguido de “So Lonely” e “Roxanne”. Na súa discografía destacan, entre outros, Outlandos d’Amour (1978), o seu primeiro traballo, Reggatta de Blanc (1979), Zenyatta Mondatta (1980), Ghost In The Machine (1981), Synchronicity (1983) e Every Breath You Take: The Singles (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moitas cabezas.

    2. Que ten moitos capítulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Personaxe dramático, orixinario de Nápoles e propio da Commedia dell’arte italiana (Pulcinello), que destaca polo seu carácter fanfarrón e burlón. Vestido de branco e cun gorro agudo, tiña o nariz aquilino e o queixo prominente, ás veces con dúas xibas, unha por diante e outra por detrás, e provisto dun garrote. Posteriormente, pasou ao teatro francés do s XVII e máis tarde ao teatro de monicreques.

    2. Monicreque que se coloca como unha luva. Trátase dun boneco composto de cabeza e brazos enganchados no vestido, dentro do que un actor pon a man para movelo. Para a súa representación, o actor agóchase detrás dun escenario alto, por riba do que saen as figuras. A representación baséase en temas populares e simples, pero tamén hai algunhas obras escritas.

    3. Representación de pulchinelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Organización e regulamentación interna dun estado ou dunha colectividade.

      2. Regulamento establecido para o manter a orde e a seguridade pública.

      1. Corpo ou forza que vela polo cumprimento e o mantemento da orde e a seguridade pública. Ten o deber de garantir as liberdades e os dereitos individuais e colectivos. As súas funcións adoitan distribuírse en tres ramas: policía administrativa, policía de seguridade e policía xudicial. O precedente da policía moderna foi a creación por parte de Luís XIV de Francia do cargo de lugartenente de policía da cidade de París (1660). Joseph Fouché fixo un corpo de policía política. No campo da policía política foron especialmente inhumanas a okhrana rusa e a Gestapo, as SS e as SD alemás. Despois de 1945 a Interpol coordinou os servizos policiais dos países de Europa e outros continentes. En España fundouse en 1908 a garda de asalto. Durante o Franquismo a policía xudicial dependeu do poder executivo. Dividida en dúas xefaturas superiores e dúas delegacións especiais (Illes Balears e Canarias), a súa entidade fundamental estaba constituída pola comisaría, servida...

      2. Axente que pertence a un dos distintos corpos de policía.

      3. policía autonómica

        Corpo policial civil, xerarquizado, cunha competencia e unhas funcións situadas teoricamente entre as da policía nacional e as da policía local. As comunidades autónomas creárona de acordo co establecido no artigo 149.29 da Constitución de 1978. En Galicia creouse en 1991 co nome de Policía Autonómica Galega mediante a adscrición dunha unidade da Policía Nacional á comunidade autónoma e ao servizo da Xunta de Galicia, segundo o previsto no artigo 27.25 do Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade. O financiamento depende do ministerio de Interior e da Xunta de Galicia. Da súa competencia é, entre outras, a vixilancia de edificios e sedes oficiais e a protección de autoridades e do patrimonio histórico. En Catalunya creáronse os Mossos d’esquadra e en Esukadi a Ertzaina. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

      4. policía local

        Corpo policial dependente dun concello, agás Barcelona e Madrid, onde se denominan Guàrdia Urbana e Policía Municipal, respectivamente. As súas funcións son a protección das autoridades locais, a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións, a organización do tráfico urbano, a colaboración coas forzas e corpos de seguridade nacionais e coa policía autonómica cando sexa necesario, e a resolución de conflitos privados. Só poden actuar no ámbito do municipio, salvo en situacións de emerxencia e previo requirimento das autoridades competentes. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

      5. policía nacional

        Corpo nacional de policía creado coa súa estrutura actual en 1978 para protexer os dereitos e liberdades dos cidadáns e garantir a seguridade cidadá. Coa Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, unificouse o Cuerpo de Policía Nacional e o Cuerpo Superior de Policía no Cuerpo Nacional de Policía. Das súas funcións no Estado destacan a expedición do Documento Nacional de Identidade e do pasaporte, e o control de entrada e saída do territorio nacional de españois e estranxeiros. Depende do ministerio de Interior. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

      6. policía secreta

        Policía nacional que non leva uniforme regulamentario pola confidencialidade do seu traballo.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á policía.

    2. Tipo de cine que combina a acción e a intriga. Malia que as producións cinematográficas deste xénero comezaron a principios do s XX, o seu florecemento produciuse en EE UU a partir da década de 1930, en paralelo ao cine negro, e especialmente tras a estrea do filme The Lights of New York (1928), a introdución de ideas visuais procedentes do expresionismo alemán e a presenza de actores que se converteron en prototipos do xénero, como James Cagney ou Humphrey Bogart. Este primeiro ciclo pechouse co filme The Roaring Twenties (1939), de R. Walsh, e un novo comezou coa produción The Maltese Halcon (1941), de J. Huston, en que o detective privado se consolida como protagonista principal. A partir deste momento, realizadores como B. Wilder, S. Heisler, T. Garnett, O. Welles e A. Hitchcock levaron á gran pantalla destacadas producións cinematográficas. Bonnie and Clyde (1967), de A. Penn, The Godfather I (1972) e The Godfather II (1975) e,...

    3. Subxénero literario baseado na investigación de actos criminais por parte das forzas policiais e, especialmente, pola acción de investigadores privados. Caracterízase pola intriga e o misterio que, levados ata o final, permiten manter a atención do lector. Co tempo acentuáronse os trazos de violencia e erotismo coa novela negra. Os comezos deste subxénero remóntanse a mediados do s XIX, con Edgar Allan Poe, e o seu máximo florecemento deuse na escola anglosaxoa con sir Arthur C. Doyle e G. K. Chesterton. Destacan tamén outros autores posteriores como A. Christie, E. Wallace, W. Irish, Ellery Queen (Frederic Donnay e Manfred Bennington), R. Stout e o belga G. Simenon. Na literatura hispanoamericana cómpre salientar a J. L. Borges e A. Bioy Casares, na española a M. Vázquez Montalbán e na literatura galega Carlos G. Reigosa pódese considerar o iniciador dun tipo de novela que continúan, entre outros, Carlos Jaureguizar, Xabier López, Aníbal Malvar e Xosé Manuel Villanueva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consta de varios ciclos.

    2. Aplícase ás moléculas ou aos ións cuxa estrutura ten dous ou máis aneis.

    3. Que presenta máis de cinco verticilos florais.

    4. Sistema formado por correntes de frecuencia diferente que se superpoñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Promesa realizada, pero aínda sen aceptar, que, como non obriga xuridicamente, pode ser retirada, agás no caso en que concorra unha causa xusta, como por exemplo o comezo de execución dunha promesa, ou que esta se dirixa a unha comunidade ou a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. poliglobulia.

    2. Enfermidade mieloproliferativa crónica caracterizada por un aumento do número de eritrocitos, leucocitos e plaquetas, con esplenomegalia e coloración avermellada da cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos policládidos.

    2. Platihelminto da orde dos policládidos.

    3. Orde de platihelmintos, da clase dos turbelarios, que inclúe case exclusivamente especies mariñas e bentónicas cunha lonxitude de entre 1 mm e 15 cm, e que presentan un corpo ancho con coloracións moi variadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vello (Argos s V a C) Escultor grego. Condiscípulo de Mirón e coetáneo de Fidias, recibiu o ensino de Axeladas de Argos. Foi sobre todo broncista. Escultor de atletas, executou o Doríforo, obra conservada a través de copias de mármore, en que introduciu a técnica da gravitación sobre unha perna. Máis tardíos son o neno Xenocles, o Cinisco, atleta de Mantinea, o Discóforo, Heracles e o Diadumeno, que manifestan xa no seu ritmo a influencia da escola ática. Escribiu un tratado sobre a proporción, o ritmo e a simetría do corpo humano, coñecido co nome de Canon, en que defendía un esquema de proporcións perfectas segundo o que a figura representada debía medir sete veces máis ca a súa cabeza (canon das sete cabezas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (Argos s V a C - s IV a C) Escultor grego. Discípulo de Naucidas (colaborador de Policleto o Vello), traballou nas cidades de Argos, Megalópolis, Olimpia e Tebas desde o 390 ao 340 a C. Atribuíronselle estatuas de atletas como o Antípater de Mileto, diversas obras de divindades como Filipos en Megalópolis ou Apolo no monte Helicón, e unha Hécate de bronce en Argos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clínica en que médicos especialistas tratan diferentes clases de enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á policlínica.

    VER O DETALLE DO TERMO