"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Tomou o hábito no convento de San Esteban de Salamanca en 1751 para despois dedicarse á predicación nos conventos da súa orde en San Sadurniño, Tui, Santiago de Compostela e Viveiro, polo que en 1778 acadou o título de predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e artista. Publicou Cartafol de enredos, As caveiras de cabaza, Patrimonio arqueolóxico de Cedeira, As caliveras de melón e Samaín: A Festa das Caliveras (2003). Recibiu os premios Escola Crítica e Escola Viva, e foi o inspirador da Festa de Samaín de Cedeira e o creador da técnica dos encolados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Está considerado un dos clásicos da literatura de terror e un dos principais precursores do xénero de ciencia fición. Nas súas obras construíu un mundo imaxinario e distorsionado. Algunhas das súas narracións apareceron na revista Weird Tales, pero gran parte da súa produción, da que destacan At the Mountains of Madness (1931), The Dunwich Horror (1945) e The Case of Charles Dexter Ward (1952), é de publicación póstuma. Segundo algúns estudios, na obra de Méndez Ferrín e doutros autores galegos, sobre todo na presentación do clima de misterio e horror que rodea o relato, poden advertirse influencias do narrador estadounidense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rafael Lozano Bartolozzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e documentalista cinematográfico. Da súa etapa estudantil datan as súas primeiras filmacións, como Inauguración del Puente de San Telmo. En Vigo, na década de 1950, comezou a realizar unha serie de reportaxes, como Inauguración del aeródromo de Peinador (1950) ou Botadura del primer buque de la factoría Barreras. En 1963 organizou, en Vigo, o I Concurso de Cine Amateur, ao que se presentaron Díaz-No-riega, Guillermo Camarero, Maximino Santurio e Lino Rodríguez Madero. Do seu contacto con Díaz-Noriega xurdiron algúns traballos como Dos versiones del mar (1964) e Sever Odnum (1964). Destacan as películas Improntum (1965), Miña terra (1965), Caballos salvajes (1967), Rapsodia galaica (1968), Saudade (1969) e O Corpiño (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • McDonnell Aircraft Corporation.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica para a obtención de imaxes fotográficas dunhas dimensións moi superiores ás do orixinal mediante un obxectivo corrente. Xeralmente colócase unha barra de extensión entre a cámara e o obxectivo, pero tamén se pode utilizar unha cámara grande cun obxectivo de foco moi curto.

    2. Imaxe fotográfica obtida por medio da macrofotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica metalográfica de observación de superficies naturais, pulidas ou de fractura, con moi pouco ou sen aumento, a miúdo despois de tratalas con reactivos químicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á macrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte (562 km2; 35.874 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que estudia os campos magnéticos que crea o corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que estudia o campo magnético que crea o cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadalquivir (35.833 h [2001]). Integrouse no núcleo de Sevilla e pasou a ser unha cidade dormitorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exploración radiográfica da mama.

    2. Imaxe que se obtén mediante a mamografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manómetro que leva un dispositivo que rexistra a presión medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cousas revoltas e sen orde.

    2. Cousa que se fai descoidadamente.

    3. Asunto confunso que ten difícil solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra as variacións do nivel do mar nas distintas horas do día, especialmente as que se deben ás mareas. Está formado por un flotador acoplado á pluma dun rexistrador que debuxa sobre un gráfico as variacións.

    VER O DETALLE DO TERMO