Mapa Topográfico Nacional
Mapa Topográfico Nacional
Nome científico:
[MTN]
Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.