mapache

mapache

(< náhuatl mapach)

Nome científico: [Procyon lotor, Fam dos prociónidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero carnívoro duns 60 cm de lonxitude e 30 cm de alzada na cruz, coa cola de 40 cm, complexión robusta, patas pequenas e abundantemente cubertas de pelo, mans e pés coa planta núa, dedos finos e cara alongada nun curto fociño, na base do que están os ollos. A pelaxe, de cor gris amarelenta, presenta unhas características manchas negras ao redor dos ollos que forman unha especie de anteface, e uns aneis claros e escuros na cola. É de costumes nocturnos, hábil gabeador e nadador, e de réxime alimentario omnívoro. É gregario e habita nas zonas forestais próximas ás correntes de auga ou lagos de toda América do Norte e Central.