mapuche

mapuche

(< mapuche mapu ‘terra, país’ + che ‘xente’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo mapuche.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo mapuche.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo araucano meridional. O 11 de setembro de 1541 produciuse o primeiro levantamento contra os colonizadores españois, e tras un alzamento xeral en 1546, o seu territorio foi dividido e a propiedade da terra pasou ao estado (1860-1883). Os principais asentamentos están na zona de Temuco, na rexión da Araucanía (Chile) e en zonas de Arxentina.

  4. s m [LING]

    araucano.

Palabras veciñas

mapache | mapamundi | Mapplethorpe, Robert | mapuche | Maputo | Maputo | maq ūra*