"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Naturalista inglés fillo de Robert Waring Darwin, médico de prestixio, e neto de Erasmus Darwin, médico e biólogo. É autor da teoría da descendencia modificada por medio da selección natural. En 1825 iniciou os seus estudios de medicina en Edimburgo, pero abandonounos dous anos despois para comezar a carreira de teoloxía en Cambridge. Nesta cidade coñeceu o xeólogo Adam Sedgwick e o botánico John Stevens Henslow, que favoreceron o seu interese pola natureza e asentaron a súa formación científica baseada na importancia das observacións detalladas e na correlación dos feitos para establecer conclusións. En 1831, logo de acadar o título de bachelor of Arts, realizou unha viaxe científica por Gales en compañía de Sedgwick. A lectura da obra do científico e explorador Alexander von Humboldt, espertou o seu interese polas viaxes e, precisamente grazas á influencia de Henslow, o 27 de decembro de 1831 comezou unha viaxe ao redor do mundo a bordo do barco inglés de investigación H. M....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato e científico. Discípulo de Galileo e de Torricelli, foi secretario da Accademia della Crusca. Escribiu Discorso dell’obbligo di ben parlare la propia lingua (Discurso sobre a obriga de falar ben a propia lingua, 1657).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Fillo do tamén pintor Edmé-François Daubigny (1789-1843), estudiou na École des Beaux Arts con Paul Delaroche. Cultivou a paisaxe e relacionouse coa escola de Barbizon, pero o luminismo dos seus cadros achegárono ao impresionismo. Empregou a técnica da augaforte nos seus gravados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor canadense. Discípulo de Bordas na École du Meuble, iniciou a súa andaina artística como pintor, ilustrador e decorador artístico. Realizou esculturas de carácter público. En 1985 recibiu o Premio Paul-Émile Bordas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde (1827), marqués (1834) e duque de Saldanha (1846). Neto do marqués de Pombal, uniuse aos franceses durante a ocupación, pero foi capturado polos británicos e marchou a Brasil. Participou na Campaña de Montevideo contra a independencia de Brasil e chegou á presidencia do goberno do Rio Grande do Sul (1822). En Portugal apoiou a monarquía fronte aos constitucionalistas e opúxose aos miguelistas. Durante a Guerra Civil (1832-1834) acadou un notable prestixio militar e, xunto con Palmela e Terceira, controlou os sucesivos gobernos conservadores, nos que participou como primeiro ministro (27.5.1835-18.11.1835). Dirixiu a secretaría de Estado de Negocios Exteriores en diversas ocasións (1847-1848, 1849 e 1869). O 1 de maio de 1850 protagonizou un golpe de Estado contra o goberno de Costa Cabral e como novo primeiro ministro (1.5.1851-6.6.1856) iniciou a Regeneração, caracterizada por unha serie de reformas administrativas e socioeconómicas que pretendían restablecer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor arxentino. Fundador dunha familia de poetas e cantores, a súa obra encádrase dentro da estética do rexionalismo. Da súa produción destacan: De mi vida y de mi tierra (1914), Salta (1921), El viento blanco (1922), Los casos del zorro (1925), Relatos lugareños (1930) e Cuentos y relatos del norte de Argentina (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, compositor e pianista de jazz estadounidense. Coñecido como Cow Cow, tocou xunto a Bessie Smith e formou dúo coa cantante Dora Carr. As súas primeiras gravacións apareceron ao redor do 1927 e entre os seus éxitos destacan Cow Cow Blues, You Rascal You e Mama Dont’ Allow It.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor chileno. Participou no golpe de estado de 1932 e foi elixido presidente da República Socialista de Chile entre xuño e outubro dese ano. En 1940 redactou o Plan Dávila, polo que se creou a Comisión Interamericana para el Desarrollo e converteuse no segundo secretario xeral da OEA en 1954-1955. Colaborador do xornal El Mercurio (1914), director de La Nación (1917-1927) e fundador da revista chilena Hoy (1932), foi tamén autor de Our America (A nosa América, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coleccionista e historiador de arte francés. Viaxou por Europa e adquiriu unha importante colección de obras de arte que lle legou ao Musée du Louvre. A súa viaxe por España reflectiuna na obra L’Espagne (1874), ilustrada por Gustave Doré. Escribiu, entre outras obras, Histoire des faïences hispano-moresques à reflets métalliques (Historia das baldosas hispano-mouriscas con reflexos metálicos, 1861), Fortuny, sa vie, son oeuvre, sa correspondance (Fortuny, a súa vida, a súa obra, a súa correspondencia, 1875) e Les arts décoratifs de l’Espagne (As artes decorativas de España, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, empresario e diplomático norteamericano. Foi controlador da moeda no departamento do Tesouro dos EE UU (1897-1901). No ano 1902 fundou e presidiu a Central Trust Company of Illinois. Durante a Primeira Guerra Mundial foi intendente xeral do corpo expedicionario dos EE UU en Francia, e despois da contenda foi nomeado membro da comisión de Reparacións e participou na redacción do Plan Dawes, que reduciu as indemnizacións que Alemaña tiña que pagarlles ás nacions aliadas. Foi elixido vicepresidente dos EE UU (1925-1929) e máis tarde serviu como embaixador en Londres (1929-1932). Entre os seus escritos destacan Notes as Vice President (Notas dun vicepresidente, 1935) e Journal as Ambassador to Great Britain (Diario dun embaixador en Gran Bretaña, 1939). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1925.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. As súas construcións caracterizáronse pola exuberancia decorativa baseada no emprego de grilandas e adornos gregos. Entre outras obras destacan o Hôtel Titon e o Hôtel Giox (París, 1776-1780).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Foi director do observatorio de París. Realizou numerosas investigacións sobre a mecánica do sistema solar, a desigualdade dos períodos lunares e as perturbacións de Urano. Entre as súas obras destacan Sur une nouvelle théorie analytique du mouvement de la Lune (Sobre unha nova teoría analítica do movemento da Lúa, 1846) e Mémoire sur la théorie des marées (Memoria sobre a teoría das mareas, 1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e revolucionario francés. Participou nas revolucións de 1830 e 1848. Deportado durante o Segundo Imperio, retornou en 1860. Durante a Comuna de París foi membro das comisións de relacións exteriores, executiva e de guerra do Comité de Salvación Pública e delegado civil na guerra, onde morreu. Dirixiu o xornal Le Réveil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na revolta de 1929 contra o presidente Gómez e exiliouse a París ata 1936. Foi ministro de Defensa (1945-1948) e tralo golpe de Estado de 1948 asumiu o poder como presidente da Junta Militar. Foi secuestrado e asasinado en novembro de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Estudiou con W. M. Chase na Pennsylvania Academy of Fine Arts. En Europa achegouse ao cubismo e en Nova York coñeceu a M. Duchamp. Foi un dos representantes do precisionismo. Nas súas creacións reflectiu paisaxes urbanas, máquinas e monumentos industriais. Destaca entre as súas obras Vin o número 5 en ouro (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador italiano. Ensinou teoloxía e retórica na Universidade de Turín en 1770, ata que foi destituído polas súas ideas nacionalistas. Escribiu, entre outras obras, Le rivolluzioni d’Italia (As revolucións de Italia, 1769-1772). En 1804 trasladouse a París, onde foi nomeado bibliotecario imperial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. O seu tratado De la comparaison de la langue et de la poésie française avec la grecque et la latine (Sobre a comparación da lingua e da poesía francesa coa grega e a latina, 1670) sinalou o principio da querela entre os antigos e os modernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Traballou en Galicia en varios proxectos para construcións militares. Na Coruña encargóuselle un estudo das Casas de Procuración de San Bieito e San Bernaldo para situar de xeito provisional a Audiencia (1739), e en Santiago de Compostela estudiou o cuartel vello de Infantería e Cabalería e trazou os planos dun novo (1739).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Formado na École des Arts Décoratifs e na École des Beux Arts, foi axudante de Rodin (1907-1912). Seguiu a tradición clásica a través dunhas obras equilibradas e dun dramatismo contido. Foi un dos fundadores do Salon des Tuileries, onde expuxo entre 1923 e 1944. Entre as súas obras destacan Mme. André Derain (1923), Mme. Othon Friesz (1924), Le docteur Sabouraud (O doutor Sabouraud, 1929), Eva (1925), Adolescent (Adolescente, 1929) e Assia (Asia, 1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Viviu en Brasil onde dirixiu a História da colonitzação portuguesa no Brasil. Escribiu novelas, teatro e crónicas e da súa produción destacan Paixão de Maria do Céu (1902), O grande Cagliostro (1905) e Cartas de Lisboa (1904 e 1906).

    VER O DETALLE DO TERMO