Dawes, Charles Gates
Político, empresario e diplomático norteamericano. Foi controlador da moeda no departamento do Tesouro dos EE UU (1897-1901). No ano 1902 fundou e presidiu a Central Trust Company of Illinois. Durante a Primeira Guerra Mundial foi intendente xeral do corpo expedicionario dos EE UU en Francia, e despois da contenda foi nomeado membro da comisión de Reparacións e participou na redacción do Plan Dawes, que reduciu as indemnizacións que Alemaña tiña que pagarlles ás nacions aliadas. Foi elixido vicepresidente dos EE UU (1925-1929) e máis tarde serviu como embaixador en Londres (1929-1932). Entre os seus escritos destacan Notes as Vice President (Notas dun vicepresidente, 1935) e Journal as Ambassador to Great Britain (Diario dun embaixador en Gran Bretaña, 1939). Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1925.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Marietta, Ohio -
Deceso
Lugar : Chicago