"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
-
Acción e efecto de seccionar algo.
-
Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dunha peza ou dun corpo calquera, como se estivese cortado segundo un plano determinado. Denomínase tamén corte xa que, en debuxos industriais, recolle a proxección sobre o plano dunha sección, cos elementos e detalles que a compoñen.
-
-
Intersección dun plano cunha superficie. Se esta é unha superficie cónica, fálase de seccións cónicas (elipses, hipérboles e parábolas, parellas de rectas e outras). As seccións producidas en prismas e cilindros por planos perpendiculares ás arestas laterais e ás xenerativas, respectivamente, son denominadas seccións rectas.
-
sección áurea dun segmento
División dun segmento AB en dúas partes AX e XB que completan AX:AB = XB:AX.
-
sección normal nun punto dunha superficie
Sección da superficie neste punto.
-
-
Cada unha das partes en que se divide un todo.
-
-
Cada unha das partes en que se divide unha empresa, un establecemento comercial, un laboratorio, unha unidade de produción ou un organismo, dedicada a unha actividade determinada diferenciada do resto de actividades da unidade á que pertence.
-
Cada unha das partes en que se dividen as audiencias provinciais ou as salas do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional ou dos tribunais superiores de xustiza.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1934 impulsada pola Falange Española, baixo a presidencia de Pilar Primo de Rivera. Creada dentro do Sindicato Español Universitario (SEU), estaba composta por mulleres e tiña, entre outros fins, promover a educación social, política e doméstica das mulleres. Tras o Decreto de Unificación (1937) adecuou os seus estatutos aos da FET y de las JONS, limitando a súa función á de formar a muller no novo estilo, como portadora de valores específicamente femininos na vida moderna.
-
-
Que secciona.
-
Interruptor destinado a interromper a continuidade dun circuíto, dun condutor, ou a illar outros condutores nada máis que cando a corrente que o atravesa é nula ou moi feble. Son empregados para cortar a corrente dunha instalación ou unha máquina sen carga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortar ou dividir en seccións.
-
-
-
Acción e efecto de seleccionar.
-
selección artificial
Elección dos reprodutores que levan determinadas características para que se conserven na descendencia.
-
selección biolóxica
Selección que permite sobrevivir a certos organismos adaptados a unhas condicións ambientais cambiantes a causa da produción de mutantes non letais como resultado de cambios de secuencia de bases do xenoma.
-
selección clonal
Hipótese segundo a que todas as células formadoras de anticorpos son xeneticamente idénticas pero que se presentan en moitos tipos diversos (clons), dos que cada un ten a capacidade de formar un só tipo de anticorpo cunha secuencia de aminoácidos característica.
-
selección natural
Mecanismo principal dos cambios evolutivos nos seres vivos, proposto por Ch. Darwin en 1859 na obra On the Origin of Species, segundo o que o feito de que nas poboacións naturais subsistisen os individuos máis eficientes é consecuencia da loita pola vida e da supervivencia do máis apto. Nos organismos prodúcense certas variacións que representan algunha vantaxe para o individuo, que ten máis éxito reprodutivo e aumenta a súa descendencia. Por medio da acumulación sucesiva das variacións nunha mesma dirección, pode chegar a producirse, finalmente, unha nova especie. Co desenvolvemento da xenética observouse que as variacións corresponden a mutacións e que a selección natural actúa como unha criba de mutantes, que se seleccionan pola súa eficacia biolóxica. O valor de adaptación dun xenotipo depende do medio en que vive o seu portador, e entre todos os mutantes producidos ao azar, o medio selecciona aos que, casualmente, están mellor adaptados a ese ambiente concreto. Cuantitativamente,...
-
-
-
Conxunto de varias persoas ou cousas seleccionadas.
-
Equipo formado polos mellores xogadores de varios equipos.
-
-
-
-
Que ou quen selecciona.
-
Persoa encargada da elección e formación dos deportistas que van formar parte dunha selección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elixir algo ou a alguén entre varias persoas ou cousas, xeralmente as máis axeitadas para unha finalidade concreta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuidora cinematográfica fundada por Albino Francesch en 1920 que abrangueu todo o territorio galego e mantivo de xeito regular as súas actividades durante o período franquista. Posuíu tres salas de cine e foi a única firma galega que durante eses anos importou películas de forma ocasional.
-
-
Cada un dos procesos de oxidación ou de redución cando se consideran por separado nunha reacción de oxidación-redución.
-
Tempo preciso para que, nunha reacción química, a concentración dun substrato inicial se reduza á metade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
SEPRONA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Servocomando que nos vehículos automóbiles permite reducir o esforzo aplicado para accionar as rodas directrices mediante dispositivos hidráulicos ou pneumáticos que transmiten, aos elementos da dirección, unha forza moi superior á que fornece a árbore do volante. OBS: Tamén se denomina dirección asistida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte de Rusia asiática comprendida entre os Urais ao O e o Ienisei ao L (2.800.000 km2; 15.253.000 h [1985]). A parte máis grande é a chaira de Siberia Occidental, con zonas fisiográficas ben definidas, desde a tundra ao N, ata a estepa ao S. Ao SL álzanse as serras de Altai, Salair, Alatau e Kuzbass. A cidade principal é Novosibirsk.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira de México que se estende paralela á costa do golfo de California e á costa do Pacífico, ao longo de 1.250 km en dirección NO-SL, desde o río Yaqui ata o Verde Grande. De clima tropical, con variacións zonais e altitudinais, actúa como barreira, o que contribúe á secura do altiplano mexicano. Acada a máxima altitude en Nevado de Colima (4.240 m), en Jalisco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento sintético para a preparación de aneis ciclopropánicos, que foi introducido no ano 1959 por H.E. Simmons e R.D. Smith e que consiste no tratamento dunha olefina disolta en éter con diiodometano en presenza do par metálico cinc-cobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de síntese que permite a preparación da quinoleína e dos seus derivados a partir dunha anilina que se trata con glicerol, ácido sulfúrico e un axente oxidante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Complicación dunha enfermidade infecciosa que se deriva dunha reinfección, especialmente por xermes diferentes dos orixinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en 1901 cun carácter de resistencia. En 1903 ingresou en UGT. Na década de 1920 adheriuse á Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia e mudou o seu nome polo de Sociedad de Marineros y Oficios Varios. Durante a Segunda República integrouse na CNT e na Federación Regional de Industria Pesquera como Sindicato de Oficios Varios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción que permite a síntese de aldehidos aromáticos mediante a conversión dun haloxenuro primario nun sal de amonio e posterior hidrólise ácida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (20.177 km2; 4.009.261 h [2000]). A súa capital é Matâram.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación, nunha partitura, para que as notas se interpreten por separado unhas das outras, por oposición ao legato.