Sierra Madre Occidental

Sierra Madre Occidental

Cordilleira de México que se estende paralela á costa do golfo de California e á costa do Pacífico, ao longo de 1.250 km en dirección NO-SL, desde o río Yaqui ata o Verde Grande. De clima tropical, con variacións zonais e altitudinais, actúa como barreira, o que contribúe á secura do altiplano mexicano. Acada a máxima altitude en Nevado de Colima (4.240 m), en Jalisco.