"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • PERSOEIRO

    Erudito e militar. Foi cofundador, en Ceuta, do xornal La Opinión, actual Faro de Ceuta. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi suboficial. Colaborou na revista Unión Mercantil de Málaga, e nos folletos de festas do Baixo Miño, e foi correspondente de Faro de Vigo na Vila da Guarda. Estudoso e guía turístico do Conxunto Histórico do Monte de Santa Trega, publicou Cumbres del Monte de Santa Tecla-Rutas turísticas. Recibiu a Cruz Roja del Mérito Militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en anatomía, dedicouse á pediatría e exerceu un amplo labor docente ademais de patentar diversos inventos, como un biberón ou un xabón especial. Publicou Apuntes de terapéutica (1912), Investigaciones sobre los ligamentos interóseo y de Weitbrecht del antebrazo en el hombre y en los animales (1916) ou Historia de la medicina (1945). Recibiu a cruz da Orden Civil de Afonso XII (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ramirás baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano eclesiástico que rexeu a Igrexa rusa entre 1721 e 1917. Foi creado por Pedro I de Rusia en substitución do Patriarcado de Moscova. Era unha especie de ministerio de culto e estaba presidido polo mesmo tsar, xefe supremo da Igrexa, que se facía representar polo procurador superior laico e por dez ou doce membros eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido derivado da glicina que está presente nalgúns péptidos e que resulta da descomposición da creatina e da cafeína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico e teatral. Debutou con A Kind of Loving (Oso de Ouro no Festival de Berlín en 1962). Destacan os seus filmes Terminus (León de Ouro no Festival de Venecia en 1962), Billy Liar (1963), Darling (1965), Midnight Cowboy (Oscar ao mellor director e ao mellor filme en 1969), Sunday, Bloody Sunday (1970), Yanks (1978), Pacific Heights (1990), The Innocent (1994) e The Next Best Thing (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insuficiencia tiroidal e suprarrenal por tiroidite linfocitaria crónica e enfermidade de Addison non tuberculosa, que se supón debida a unha endocrinopatía de base inmunolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome producido por un exceso de produción de hormona antidiurética, e asociada xeralmente ao carcinoma bronquial de células pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen nace ao cabo de sete meses de xestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de proliferación dos linfocitos do tipo T, considerado a variante leucémica do linfoma micose fungoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade cósmica babilónica. De orixe sumeria, era o deus da Lúa e del procedían os reis e o seu poder. Formaba unha tríade cos seus fillos Šamaš e Išhtar. A súa compañeira era Ningal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘simultáneo’, ‘unido’, ‘xuntamente con’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de cortesía dirixido a calquera muller, en especial se é adulta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e médico iraniano. Coñecido como Avicena, a súa obra filosófica é moi ampla. O Kitāb al-šifā (Libro da curación) constitúe unha recompilación de todos os coñecementos do seu tempo, o Kitāb al-na ǧ āt (Libro da salvación) é un compendio do anterior. Na Epístola de ayy ibn Yaq ẓ ā, obra alegórica escrita durante o encarceramento a que lle condena Tağ al-Dawla, Avicena é conducido a través do universo por Ḥ ayy ibn Yaq ẓ ā, quen lle amosa as rexións orientais -o mundo da forma-, cun certo parentesco estratigráfico coa Divina Comedia, ata chegar preto do Creador. Inclinouse polo aristotelismo, pero conservou moitos elementos neoplatónicos. A súa concepción do mundo é emanantista. Destaca a súa formulación filosófica sobre a diferenza entre ser creado e ser increado, mediante a teoría da distinción entre esencia e existencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro fetal que se caracteriza por ter unha soa cabeza, un só tronco e oito membros, catro deles dorsais e dirixidos cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete que corresponde á voz ‘señor’.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cabaleiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sinafobránquidos.

    2. Peixe da familia dos sinafobránquidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos angüiliformes, á que pertence a especie Synaphobranchus kaupi (anguía abisal).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar de reunión para o culto xudeu (bet ha-keneset). Nun principio estaba destinada unicamente á lectura pública e ao estudo da Lei, e non á pregaria ou ao culto propiamente dito. No Libro de Nehemías atópase un esquema da futura liturxia sinagogal, que consiste na lectura dunha perícope do Pentateuco e outra dos profetas, precedidas pola recitación do texto Escoita, Israel (Semá’) e as Dezaoito Bendicións (Semoné ‘esré), e seguidas dunha homilía por parte do presidente ou dun membro da asemblea invitado por el. As sinagogas non sempre foron edificios especiais. As dos ss III ao VII, construídas ordinariamente en forma basilical de tripla nave, tiñan bancos de pedra arredor para os homes, e moitas veces galerías superiores para as mulleres, aspecto que continúa sendo norma entre os xudeus ortodoxos. Nas modernas sinagogas reformadas, nas que non hai separación de sexos e onde se empregan o órgano e outros instrumentos, a disposición...

    2. Asemblea de culto dos fieis xudeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (33.140 km2; 54.800 h [1996]). A súa capital é Et-Toor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfa ẓ a de Exipto (27.574 km2; 252.200 h [1996]). A súa capital é Al-Ariš (67.386 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO