Santo Sínodo
Santo Sínodo
Órgano eclesiástico que rexeu a Igrexa rusa entre 1721 e 1917. Foi creado por Pedro I de Rusia en substitución do Patriarcado de Moscova. Era unha especie de ministerio de culto e estaba presidido polo mesmo tsar, xefe supremo da Igrexa, que se facía representar polo procurador superior laico e por dez ou doce membros eclesiásticos.