"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten tendencias fascistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de actos ou festexos caracterizados por un luxo e pompa extraordinarios, que acompañan a algo ou alguén para mostrar a súa grandeza ou importancia.
-
-
Aplícase ao día en que se permitía administrar xustiza e facer negocios.
-
Que é propicio ou moi favorable por comportar algún tipo de ben.
-
-
-
Lista de maxistrados romanos. Tivo a súa orixe nos calendarios, denominados tamén fastos, en que se indicaban os Dies Festi, período de tempo atribuído aos deuses durante o que o home renunciaba as actividades profanas; e os Dies Profesti, durante os que se desenvolvían os negocios privados e públicos. A partir do ano 304 a C publicáronse listaxes dos días durante os que non se desenvolvían actividades públicas, xunto con listaxes de cónsules, sacerdotes e triunfos. Conserváronse versións de cada unha destas listas dende o comezo da República.
-
Calendario romano no seu conxunto.
-
Rexistro de feitos e obras dignos de ser recordadas.
-
-
-
Calidade de fastoso.
-
Cousa fastosa.
-
-
-
Que se fai con moito fasto.
-
Que mostra ou actúa con ostentación e luxo.
-
-
-
Conxunto de animais domésticos, especialmente gando.
-
Grupo de persoas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Como te vexo no fato, así te trato”.
-
Conxunto de obxectos ou de cousas.
-
-
-
Que ten ou demostra pouca intelixencia.
-
Que se deixa enganar con facilidade ou non sabe sacar proveito dunha situación.
-
Que resulta molesto ou pouco oportuno.
-
fandino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de ameixeira que produce fatóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de ameixa producida polo fatoeiro, con forma alongada e coloración morada.
-
FAMILIAS
Familia de mestres de obras galegos activos nos ss XVI e XVII. Gonzalo Fatón (s XVI) foi mestre de obras do mosteiro de Santa María de Oseira (1589) e traballou en 1593 nas obras da casa e do colexio de Santa María a Antiga en Monforte de Lemos, xunto co seu irmán e os mestres D. de Isla e M. Álvarez. O seu irmán, Gregorio Fatón (?-1615?), tamén traballou na Nosa Señora dos Remedios (Ourense, 1574), no palacio episcopal de J. de Sanclemente (1584), na capela maior e na sancristía de San Lourenzo de Siabal (Paderne de Allariz, 1587), e no mosteiro de Santa María de Melón ás ordes de Simón de Monasterio e Pedro de la Sierra. O seu fillo, Xácome Fatón , construíu un campanario no mosteiro de San Vicente do Pino (1607).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo francés. Traballou no Observatoire de Paris e distinguiuse polos traballos sobre análise, especialmente sobre a teoría de funcións, e polas investigacións en astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lema que establece que a esperanza matemática da variable aleatoria límite da sucesión Xn é o límite das esperanzas matemáticas dos elementos Xn.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador italiano. Formouse na Accademia de Florencia (1846), da que foi profesor dende 1886 e na que fomentou o estilo persoal de cada un dos seus alumnos. Participou nos movementos independentistas de 1848 e 1849, e afeccionouse ás obras de temática militar, entre outras, Il campo italiano dopo la bataglia di Magenta (O campo italiano despois da batalla de Magenta, 1861). Centrouse no estudo da realidade, concretado na escola dos macchiaioli florentinos, e dende 1861 evolucionou cara á simplificación da forma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo francés. Profesor en París, nos xardíns reais e no museo de Historia Natural, foi un dos primeiros especialistas en vulcanismo. Ten como obras fundamentais a Histoire Naturelle de la Province de Dauphiné (1781) e o Essai de Géologie (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario caracterizado polo terror do máis alá e pola preocupación da presenza do demo na vida do home. Baséase na vida de Georg (ou Johannes) Faust, pseudohumanista, aventureiro e alquimista dos ss XV e XVI. O primeiro libro sobre Fausto publicouno Johann Spiesz baixo o título Historia von Johann Fausten (1587) e en 1601 Christopher Marlowe escribiu o drama en verso e prosa Tragical History of Doctor Faustus. Sen embargo, foi Goethe quen converteu a Fausto en tema universal dun gran valor filosófico e humano en Faust. Eine Tragödie (1808) e Faust. Der Tragödie zweiter Teil in fünf Akten (Fausto. Segunda parte da traxedia en cinco actos, 1832). Fausto, que pasou a súa vida tentando acadar unha nova dimensión vital mediante a ciencia e a maxia, vende a súa alma a Mefistófeles a cambio de que este lle proporcione o que el desexa, e o obxectivo da súa vida é a posesión da beleza perfecta. Cando morre, Mefistófeles tenta apoderarse da súa ánima...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fausto Castiñeiras Isorna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou proporciona ledicia ou felicidade. OBS: É unha palabra de uso culto.
-
PERSOEIRO
Historiador armenio. Foi autor dunha historia de Armenia escrita en grego (344-392), da que só se conserva a copia armenia co título Patmut‘iwn Hayoc‘.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Riez. Ingresou como monxe na abadía de Lerins ao redor do 426 e chegou a abade no 433. Nomeado bispo cara ao 452, enfrontouse aos arrianos e asistiu aos sínodos de Arles e Lyon. Desterrado polo rei visigodo Eurico (477- 484), volveu á súa diocese trala morte do rei. Foi un dos principais defensores da doutrina semipelaxiana. Das súas obras destaca De gratia Dei et humanae mentis arbitrio. A súa festividade celébrase o 28 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO