Fatón

Fatón

Familia de mestres de obras galegos activos nos ss XVI e XVII. Gonzalo Fatón (s XVI) foi mestre de obras do mosteiro de Santa María de Oseira (1589) e traballou en 1593 nas obras da casa e do colexio de Santa María a Antiga en Monforte de Lemos, xunto co seu irmán e os mestres D. de Isla e M. Álvarez. O seu irmán, Gregorio Fatón (?-1615?), tamén traballou na Nosa Señora dos Remedios (Ourense, 1574), no palacio episcopal de J. de Sanclemente (1584), na capela maior e na sancristía de San Lourenzo de Siabal (Paderne de Allariz, 1587), e no mosteiro de Santa María de Melón ás ordes de Simón de Monasterio e Pedro de la Sierra. O seu fillo, Xácome Fatón , construíu un campanario no mosteiro de San Vicente do Pino (1607).