"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Xornal gratuíto de periodicidade mensual editado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (Acebe), distribuído en Betanzos e na comarca das Mariñas. Apareceu o 1.11.1992 e ten unha tirada de 15.000 exemplares. Galeguizou a súa cabeceira no ano 1997 e escribíronse en galego a maior parte das súas informacións (90%). Conta con máis de vinte colaboradores entre xornalistas, historiadores, fotógrafos, debuxantes e filólogos. Entre as súas seccións, amais dalgúns artigos de opinión, destacan: “Praza do Campo”, con información local, “Información xuvenil”, “Tendencias”, coas últimas novidades discográficas, “Verbas”, coas novas achegas da literatura galega, “Deportes”, “Motor”, “Saúde”, “Historia” e “Asociado”, na que se inclúe unha entrevista con algún comerciante da vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en novembro de 1913 como substituta dunha anterior chamada Nueva Era. Pretendía ser o órgano do Bando liberal-caciquista, de tendencia prietista. Tiña como subtítulo “Órgano do partido democrático”. A partir do 14 de marzo de 1914 pasou a chamarse Betanzos, un cambio de título motivado por problemas de índole político-administrativa. Editada na capital da bisbarra de Bergantiños, desde o terceiro número publicábase en Paderne, concello lindante co de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de radio emitido dende Bos Aires todos os domingos a través da emisora CLAS FM no 102.7 do dial. Producido por Gerardo Martínez Santiago, vicepresidente do Centro Betanzos na Arxentina, presentado por Noemí Martínez en colaboración con Patricia e Mariano Dans e María Victoria Blanco Eiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Dende 1542 participou na evanxelización de América Central. Debido ao coñecemento que tiña das linguas indíxenas (guatemalteco, cachiquil, utlateco e tzutucil), publicou un catecismo bilingüe (español-cachiquil) e un vocabulario en lingua guatemalteca, do que non se conserva ningún exemplar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial do Reino de Galicia no Antigo Réxime, que tiña a súa capital na cidade de Betanzos. Abranguía o treito litoral que se estende entre o porto de Fontán, na ría de Sada (actual concello de Sada) e o río de Esteiro, entre a ría de Ortigueira e Estaca de Bares, prolongándose polo interior ata Sobrado (Sobrado dos Monxes). Tiña como límites orientais as serras da Coriscada, da Faladoira, da Loba, o Cordal de Montouto e a Cova da Serpe. Como provincia do Antigo Réxime, non tiña máis competencias que as de servir como marco territorial de representación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector litoral do L do golfo Ártabro formado na desembocadura dos ríos Mendo e Mandeo, ao pé da cidade de Betanzos. Esténdese entre as puntas Camoureda, ao L, e de San Amadio, ao O. Ao N destas puntas ábrese á ría de Ares. Ao S da ponte de Pedrido, entre as parroquias de Viñas (concello de Paderne) e Moruxo (Bergondo), a ría foise enchendo de depósitos fluviais ata constituír unha área de marismas que dificultan a navegación, practicable tan só por lanchas de pouco calado, o que provocou o esmorecemento da actividade portuaria na cidade de Betanzos, próspera ata o s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi levantado a partir de 1557 por iniciativa do presbítero Antonio González Sosa, quen contou co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de San Clemente. Está edificado sobre unha antiga capela que pertenceu á parroquia de san Martiño de Brabío. As obras desenvolvéronse ao longo dos ss XVI, XVII e XVIII. A nave da igrexa está flanqueada por tres capelas. O retablo maior é neoclásico. No exterior destaca a torre-campanario, obra de Fernando de Casas Novoa (1700-1714) co padroado do arcebispo Monroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi fundado en 1292 e reedificado por Fernán Pérez de Andrade o Bo en 1387. Construído na segunda metade do s XIV, responde ao modelo de planta de igrexa mendicante en forma de cruz latina, de nave única e cuberta en madeira, cruceiro con capelas funerarias e cabeceira con tres ábsidas abovedadas. No interior destacan a concepción espacial e os relevos escultóricos da capela maior. Conserva un gran número de sepulcros entre os que destaca o de Andrade o Bo. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29 de setembro de 1919.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Roque de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Betanzos. Foi patrocinada por Fernán Pérez de Andrade o Mozo no s XV, seguindo as trazas de gótico tardío. Presenta unha planta basilical de tres naves separadas por piares, con cuberta de madeira cun artesoado do s XIX, e tres ábsidas poligonais cubertas con bóvedas de crucería. No muro S engadíronse catro capelas entre as que destaca a do arcediago, a de san Pedro e a de san Pablo, fundada por Pedro de Ben, que conta cun retablo atribuído a Cornielles de Holanda. No interior hai diversas esculturas funerarias. A portada principal está organizada con arquivoltas vexetais e animais, cun dosel coa figura de Cristo e co tímpano adicado ao Apóstolo Santiago. A torre foi derrubada en 1900. A porta S ou Porta Santa conserva un tímpano encastrado. Por esta porta entraban os peregrinos que se dirixían ao santuario dos Remedios ou do Camiño en Tiobre e os que desembarcaban nalgún dos portos da provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Aventureiro que participou na conquista de Perú acompañando a Pizarro. Realizou a tradución da Suma y narración de los incas que los indios llamaron Capaceuna (1551), onde se reflicten numerosos costumes bolivianos e peruanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Bethania Vianna Telles Veloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Traballou en electrodinámica cuántica, física atómica e nuclear, teoría da difusión e do estado sólido. Interveu no proxecto da bomba atómica en Los Álamos (1943-1946). No 1938 determinou, independentemente de C. F. von Weizsäcker, o ciclo do carbono ou de Bethe, traballo que lle valeu o premio Nobel de Física en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre normando, Rei feudatario de Canarias (1403-1418). En 1402 por encargo do Rei de Castela, Enrique III, iniciou a conquista das illas de Lanzarote, Fuerteventura, El Hierro e La Gomera. En 1418 vendeu os dereitos do feudo que gobernaba en calidade de Rei ao conde de Niebla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Foi xefe da resistencia anticomunista durante o goberno de Béla Kun. Primeiro ministro con Miklós Horthy (1921-1931), foi deportado á URSS ao final da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista alemán. Foi ministro do Interior de Prusia (1905-1907) e chanceller do Imperio (1909-1917). Deixou escritas as súas memorias: Betrachtungen zum Weltkrieg (Reflexións sobre a Guerra Mundial, 1919-1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián canadense. Participou como voluntario entre os republicanos durante a Guerra Civil española (1936-1939). No 1938 foi a China e incorporouse á República Soviética de Yan’an. Organizou os servicios hospitalarios da fronte e morreu na guerra contra Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Estudiou en Oxford. Publicou Collected Poemes (escolma de poemas, 1958), que conseguiu un éxito extraordinario e Summoned by Bells (Requerido polas campás, 1960), especie de autobiografía en verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Está especializado na adaptación de novelas ao cine como La plaça del Diamant (A praza do diamante, 1981) e Réquiem por un campesino español (1985). Recibiu o Premio de Cinematografía da Generalitat de Catalunya polo seu filme Sinatra (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniosulfato hidratado de ferro e chumbo, de fórmula PbFe3[(OH)6SO4AsO4]. Forma cristais romboédricos, pseudocúbicos de cor verde escura, branca ou negra. Ten dureza 3,5-4,5, e peso específico 4-4,3.

    VER O DETALLE DO TERMO