"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Moi crítico coa clerecía da súa época, escribiu o tratado De educatione, editado en 1865, no que protestaba contra os costumes medievais hispánicos e contra a castelanización das altas capas da sociedade napolitana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos sales que derivan formalmente do hipotético ácido férrico (H2FeO4). Obtéñense os ferratos pola acción do cloro sobre o hidróxido férrico, en presenza de álcali, segundo a ecuación de reacción Fe(OH)3+5KOH+3/2Cl2 "Times New → K2FeO4+3KCl+4H2O. Son pouco estables, e a alta temperatura descompóñense, con liberación de osíxeno. Nos ferratos o ferro actúa como hexavalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Historia pola Universidade de Porto (1968), foi catedrático de Historia da Arte e Arqueoloxía (1984-1996). Participou nas escavacións da citania de Sam Fins e do castro de Fiães e fundou o Instituto de Arqueologia (1974) e de Historia da Arte (1982) da Universidade de Porto. Colaborador de publicacións como Revista de Etnografia, Douro Litoral, Gallaecia e Zephyrus. Entre as súas obras destacan O castro de Fiães (1972), Monumento com forno de San Fins e as escavações de 1973 (1975), Cerámica Castreja (1975) e Escavações no monte Mozinho I (1974). Recibiu o premio Gomes Pereira de etnografía (1965), o Mário Cardozo de arqueoloxía (1975) e o pergamiño de honra e loanza do Padroado do Pedrón de Ouro (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que inclúe todas as parroquias do concello de Pantón, agás as de Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Toiriz e Tribás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo de Masid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro cisterciense situado en Santa María de Ferreira de Pantón (Pantón). Ten a súa orixe nun mosteiro dúplice beneditino do s X. En 1175, a condesa Fronilde de Lemos restaurouno como cenobio feminino e incorporouno á orde do Císter como dependencia do mosteiro de Meira. Pertenceu á Congregación de Castela e, trala exclaustración, a vida monacal reanudouse en 1858. Pertence á Congregación Cisterciense de San Bernaldo e é o único mosteiro feminino cisterciense en Galicia. Conserva a igrexa de nave única rectangular, cuberta cun casetonado de tradición mudéxar, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e un semicircular con bóveda de cuarto de esfera; o tramo semicircular reforzouse por nervios que converxen ao centro do arco que divide os dous tramos. O arco de acceso á nave é de medio punto e ten tres arquivoltas con molduras. Na ábsida consérvanse dous sepulcros baixo arcosolio que corresponde a Diego de Lemos e Lope Sánchez de Lemos; o conxunto conserva os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo portugués. Malia ser promotor da chegada do Renacemento a Portugal e autor de obras como O Cioso ou O Bristo, debe a súa fama á recreación que fixo da vida e morte da nobre galega Inés de Castro, namorada de Don Pedro, Príncipe de Portugal e futuro rei, na obra titulada Tragédia de Dona Inés de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e profesor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Historia Moderna coa tese Función económico social de los instrumentos de crédito popular en el Antiguo Régimen, estudio no que aplicou os métodos da historia cuantitativa serial francesa á historia de Galicia. Profesor de instituto en Vigo, das súas obras destacan Fuentes para el estudo de las formas del “crédito popular” en el Antiguo Régimen: obligaciones-préstamo, ventas de renta y ventas de censos (1977) e Aportación al estudo de la Renta en el Antiguo Régimen (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse no taller de Xosé Gambino co que realizou as esculturas do retablo maior de San Mamede de Carnota (1774), o retablo maior de Sobrado dos Monxes (1770) e o frontón e a estatua de Santiago do pazo de Raxoi (1774). Trala morte do seu mestre (1775), fíxose cargo do obradoiro. En 1804 enfermou e mantívose afastado da escultura ata que en 1810 se trasladou a Hermisende onde fixo dúas imaxes. En 1812 foi xunto co seu xenro Vicente Portela, formado no seu obradoiro, a San Pedro da Torre onde realizou o retablo maior de San Pedro ad vincula (1812-1813). Regresou a Santiago e pouco despois instalouse definitivamente en Hermesinde. As obras realizadas durante o período de formación con Gambino, mostran a asimilación das características rococós do seu mestre. Posteriormente as súas obras fixéronse máis persoais e asumiron as formas clasicistas italianas que coñeceu a través de gravados ou das obras dos artistas italianos que traballan na Península Ibérica. En San Martiño...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pol. Construída no s XVII, ten nave rectangular con cuberta a dúas augas e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro augas. Ao pé da nave sitúase un pórtico sobre o que se erixiu a espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na parroquia de Santo Eusebio da Peroxa (Coles). De orixe románica, trátase dun templo barroco construído sobre un xacemento castrexo. O edificio ten planta única e ábsida rectangular. Da construción románica consérvanse a nave, unha ventá sobre o testeiro e os canzorros dos beirís laterais. A fachada e a torre son froito dunha reconstrución realizada polo mestre Blas de Cabanelas no 1808. Conserva un retablo maior barroco, obra de Francisco de Castro Canseco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Exerceu o xornalismo en España e Nova York e foi cofundador de El Honor. Da súa produción destaca Cuestiones de Méjico, Venezuela y América en general (1861), Historia del combate naval de Trafalgar, precedida de la del renacimiento de la Marina española durante el siglo XVIII (1851), Reincorporación de Santo Domingo a España (1861) e Los negros en sus diversos estados y condiciones (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Participou na expedición, liderada por Juan Rodríguez Cabrillo, á costa NO de California e, trala morte do seu comandante, tomou o mando e chegou na primavera de 1543 ata Cabo Branco (Oregon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi elixido deputado polos distritos de Sort (Lleida) (1876), Caguas (Puerto Rico) e La Almunia (Zaragoza, 1881-1884), e Madrid (1890); desde 1891 foi senador pola provincia de Ourense e polo distrito de Santa Clara (Cuba). A partir de 1894 foi designado senador vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra insírese no realismo social e alterna o testemuño documental coa ficción narrativa. Da súa produción destaca Caminando por las Hurdes (1960), Tierra de olivos (1964), El gran gozo (1979), Con las manos vacías (1980) e Cuentos (1983)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Fernando de Casas, a quen substituíu como mestre de obras da catedral en 1749. Traballou co seu mestre na capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes na catedral de Lugo (1727), onde tamén fixo a capela de San Roque (1730), que reedificou en 1734. En Lugo realizou a casa dos Sangro (1730) e a casa do concello (1735), na que destaca a fachada cun corpo de soportais ao xeito das loxas e con dúas torres nas esquinas. A primeira obra que trazou en Santiago de Compostela foi o colexio de Exercitantes (sede do Instituto de Ciencias de Educación). Nos anos seguintes encargouse da ponte Ulla en Vedra (1741) e reedificou o arco de ingreso á capela do colexio de Fonseca (1744). En San Paio de Antealtares traballou na galería situada sobre a Porta dos Carros (1749). Na catedral compostelá traballou na reconstrución da á occidental do claustro tralo incendio de 1751 e en 1757 deu as trazas á fachada da Acibechería que comezou a construírse en 1759 coa colaboración de Clemente Fernández...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Foi un dos principais impulsores do modernismo en Portugal, labor que realizou como editor da revista Orpheu (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira setentrional da ría de Ferrol, de interese xeral do Estado, xestionado pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. As súas instalacións esténdense polo espazo sudoccidental do litoral da parroquia de Ferrol. A súa localización no interior da ría, plenamente resgardada, propiciou unha grande actividade portuaria como refuxio dos buques que navegaban entre o Mar Cantábrico e as costas occidentais da Península. No s XVI, Filipe II potenciouno aínda máis ao escollelo en varias ocasións como base temporal da flota real. Non obstante , a definitiva consolidación do porto como un dos máis importantes de España produciuse no s XVIII, cando a administración da nova dinastía borbónica o designou capital dun dos tres departamentos marítimos nos que dividiu o litoral peninsular español. Nun principio as instalacións da Armada ocuparon o litoral da parroquia da Graña, pero en 1730 o Marqués de la Ensenada ordenou buscarlles unha nova localización: en 1747 decidiuse a construción do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ferruxe.

    VER O DETALLE DO TERMO