"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
GALICIA
Economista. Especialista en Historia Empresarial, Demografía e Economía da Poboación, foi membro da directiva do Arquivo da Emigración Galega e membro da Comisión Ejecutiva Nacional do PSdeG-PSOE (2000). Colaborador en numerosas publicacións e co-editor de Galicia-América. Unha contribución bibliográfica (1992) e de Base bibliográfica da emigración galega (1997), escribiu As relacións económicas entre Galicia e os países de destino da emigración (1995) e Cuba. Población y economía entre la independencia y la revolución (1999). Editou a revista Estudios Migratorios (1995-1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente aos macabeos.
-
-
Cada un dos descendentes do sacerdote Matatías, da familia asmonea, que tiveron un papel decisivo contra o intento dos reis seléucidas de helenizar a relixión xudía (166-160 a C).
-
Cada un dos sete irmáns que foron martirizados coa súa nai segundo o segundo libro dos Macabeos, en tempos da dominación seléucida.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dous libros do Antigo Testamento que forman parte do canon grego da Biblia. O primeiro libro narra as loitas de Matatías e dos seus fillos, Xudas, Ionatán e Simón, contra os reis helenistas de Siria, Antíoco IV e os seus sucesores (175-134 a C). Estas eran loitas armadas de resistencia relixiosa contra os partidarios de paganizar os xudeus e de lles impor os seus costumes helenísticos. O autor do libro foi un xudeu de Xerusalén que o escribiu cara ao ano 100 a C. O segundo libro incluíu só os feitos de Xudas Macabeo, modelo de historia patética relixiosa, que se centra no templo e na lei. O autor do libro debeu ser un xudeu alexandrino, instalado en Xerusalén que o escribiu arredor do ano 124 a C.
-
MONTES
Monte situado no límite das parroquias da Portela e O Mazo (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 725 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primate do xénero Cercocebus, da familia dos cercopitécidos, de ata 80 cm de lonxitude, coa cola longa, prógnatos e cos incisivos grandes e fortes, que lles permiten alimentarse de sementes de cuberta dura. As súas meixelas son dilatables para acumular alimento e con calosidades isquiáticas. Viven en grupos, son bulleiros e comunícanse cun amplo abano de voces e gritos agudos. Presenta catro especies: C. albigena (mangabei de crista), que se distribue polo SL do Camerún ata o L de Uganda; C. aterrimus (mangabei negro), que vive no Congo; C. galeritus (mangabei áxil), que está presente na África oriental e C. torquatus (mangabei de colar branco), que vive no chan das selvas de Senegal a Gabón.
-
-
Moeda de ouro almorábide, cun valor que se corresponde co do dinar (aproximadamente 4 g).
-
-
Cada un dos diferentes tipos monetarios de ouro batido nos reinos cristiáns, que seguían o patrón do marabedí almorábide.
-
marabedí afonsino/castelán
Marabedí cuñado por Afonso VIII que seguía a metroloxía do modelo e circulou abundantemente en Catalunya.
-
marabedí leonés
Marabedí cuñado polos reis Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), seguindo o patrón metrolóxico do marabedí almorábide, pero con tipoloxía cristiá.
-
marabedí portugués
Marabedí cuñado por Sancho I de Portugal (1185-1211), Afonso II de Portugal (1211-1223) e Sancho II de Portugal (1223-1248), de patrón metrolóxico almorábide e de tipoloxía cristiá levaba a heráldica portuguesa e mostraba unha excelente factura románica.
-
-
Moeda de conta medieval castelá coa que se taxaba o valor de moeda corrente de ouro, prata ou de billón.
-
-
PERSOEIRO
Relixiosa. Fundou, xunto co xesuíta F. X. Butinyà, a orde das xosefinas en 1875. Foi superiora xeral da congregación de 1898 a 1912.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infanta de España e raíña das Dúas Sicilias, filla do Rei Carlos IV de España. Casou en 1802 co seu curmán o Rei Francisco I das Dúas Sicilias. Foi nai de María Cristina das Dúas Sicilias. Viúva, volveu casar en 1839 co conde Francesco del Balzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Especie de carraca formada por unha aspa colocada sobre un pao, que se emprega para espantar os paxaros co ruído que fai ao xirar coa forza do vento.
-
Pecho, xeralmente de madeira, que consiste nunha peza que xira sobre unha punta cravada na súa parte central e que serve para pechar por dentro portas ou ventás.
-
Persoa que fala moito e con pouco tino.
-
-
GALICIA
Arquiveira. Foi secretaria técnica do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña (1948-1961), arquiveira-bibliotecaria do concello da Coruña desde 1960 e membro de número e secretaria-conservadora perpetua do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses desde a súa creación. Escribiu Catálogo del Museo provincial de Bellas Artes de La Coruña. Año 1957 y Transcripciones, traduciones y glosas de “Privilegios Reales y Viejos Documentos de La Coruña (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo matabele.
-
Individuo do pobo matabele.
-
Pobo zulú de lingua bantú que descende do grupo que cara ao ano 1820 se instalou entre os ríos Limpopo e Zambeze e absorveron a poboación indíxena. Fundaron o Reino de Matabele cara a 1840, pero foron sometidos polos británicos en 1893 despois dunha guerra de catro anos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (54.172 km2; 592.398 h [1992]). A capital é Gwanda (10.565 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (75.025 km2; 641.186 h [1992]). A capital é Hwange (42.581 h [1992]).
-
GALICIA
Escritora. Coñecida como Mabel Mato, desde as súas primeiras obras buscou a fusión entre a obra escrita e o formato audiovisual. Delas destacan Os señores da palabra (1991), Leda vai a nao: Fermín Bouza-Brey (1992), a recompilaciónde artigos de Álvaro Cunqueiro O reino da chuvia (1992) e o guión do vídeo Memoria de rosas: a ruta de Rosalía de Castro (1992), producido por Ophiusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Isabel Mato López.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi senador (1977-1982) e deputado (1982-1985) por Alianza Popular. Militante do PP, foi elixido eurodeputado, portavoz no Parlamento Europeo (1994-1996) e ministro de Asuntos Exteriores (1996-2000). Como empresario promoveu empresas de turismo, aviación, banca e biotecnoloxía. Pertence o comité de honor do Real Instituto de Estudios Europeos e foi nomeado membro honorífico da Academia Filipina de la Lengua Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Desenvolveu a súa actividade no grupo Troula, co que participou en todos os seus espectáculos. Dirixiu a proposta Informe do día despois (1984) e participou en Caderno de Bitácora (1985), produción do Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
memorable.