martabela

martabela
  1. s f

    Especie de carraca formada por unha aspa colocada sobre un pao, que se emprega para espantar os paxaros co ruído que fai ao xirar coa forza do vento.

    Ex: A martabela parece que xa non asusta os paxaros.

    Sinónimos: andavía.
  2. s f

    Pecho, xeralmente de madeira, que consiste nunha peza que xira sobre unha punta cravada na súa parte central e que serve para pechar por dentro portas ou ventás.

    Ex: Cando marches ponlle a martabela á porta.

    Sinónimos: caravilla.
  3. s f

    Persoa que fala moito e con pouco tino.

    Ex: É unha martabela, sempre ten que dicir algo.

Frases feitas

  • Darlle á martabela. Falar de seguido, sen parar.