Martázul

Martázul
[LIT]

Novela escrita por Xosé Antonio Perozo e publicada por Ir Indo Edicións en decembro de 2001. Trátase dun conxunto de historias que se vertebran ao redor dunha moza libre, independente e amoral fronte á sociedade moderna. Martázul, a protagonista, representa o arquetipo do donxoanismo feminino que seduce e conquista con absoluta liberdade, e onde os sentimentos e o erotismo se mesturan coa reflexión sobre o sentido real da vida, as artes e a paixón. Esta obra foi galardoada co XX Premio de Novela Eduardo Blanco Amor (2001).

Palabras veciñas

martabela | martagón | martaraña | Martázul | Marte | Marte | Martel