"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
GALICIA
Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrado. Bacharel en Artes e Teoloxía, foi profesor suplente das cátedras de Teoloxía, Matemáticas e Física en Santiago de Compostela. Exerceu como mestre na Escola Eclesial compostelá de San Filipe Neri, informador do Santo Oficio durante o sexenio absolutista e párroco das parroquias de San Xoán Bautista, San Fructuoso e Santa Susana (1812-1831). En 1789 creou en Santiago de Compostela unha pupilaxe para nenos distinguidos. Escribiu Plan y Método de Educación (1799).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse co seu avó, o pintor Filipe Bolaño, e traballou como policromador con Xosé Ferreiro. Destacou no dominio do debuxo. Entre as súas obras destacan as pinturas das portas da antesancristía de San Martiño Pinario, nas que representou as armas da Congregación de Valladolid e as alegorías da temperanza e a Igrexa triunfante, inspiradas en modelos italianos. Realizou tamén Xesús camiño do Calvario e Erección da cruz, situados no retablo maior da capela de San Froitoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina (466.755 h [1991]). É un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Protagonizou un intento de golpe de estado contra o réxime de J. D. Perón en 1951. Embaixador na Santa Sé (1956), foi subdirector da Escola Superior de Guerra (1960). Presidente da Junta de Comandantes (1971), foi o presidente virtual da república entre 1971 e 1973. Neste período tentou controlar a espiral inflacionista e convocou eleccións nacionais para restaurar o goberno civil en marzo de 1973, nas que resultou elixido Héctor J. Cámpora. En 1977 foi detido por corrupción, pero finalmente foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pelo fino e suave que cobre case todo o corpo.
-
Peluxe que cobre o corpo do neonato e que desaparece aos poucos días.
-
Pelo fino e suave, semellante ao veludo, que cobre as follas, as flores e os froitos dalgunhas plantas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto de lanuxe ou pel moi fina.
-
PERSOEIRO
Filólogo portugués. Investigador na área de literatura medieval, destacan os seus estudios sobre a lírica galego-portuguesa. Foi un dos fundadores do Centro de Estudos Filológicos (1932), o actual CLUL. Publicou A Cultura Moral e o Ensino da Lingua Francesa (1921), a súa tese Das origens da poesía lírica em Portugal na Idade Média (1929), obra na que defende a tese litúrxica como orixe do lirismo románico, e Lições de Literatura Portuguesa. Época medieval (1934), e en 1940 elaborou as antoloxías Crestomatia Arcaica e D. Duarte e os Prosadores da Casa de Aviz. É autor tamén de Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), cunha segunda reedición en 1970 á que lle engadiu materiais procedentes doutras edicións monográficas e tres cantigas; do estudo “A recuperação literária do galego” (1973), considerado fundacional na defensa da asunción do portugués como lingua culta dos galegos; e de Estudos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor. Despois da Guerra Civil (1936-1939) instalouse en Barcelona, onde levou a cabo o seu labor editorial. Fundou a Editorial Planeta en 1949, que publica preferentemente obras de autores en lingua castelá, e en 1952, instituíu o Premio Planeta, un dos máis importantes do mundo da literatura castelá. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural da Deputación de Barcelona e a Creu de San Jordi da Generalitat de Catalunya (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), iniciou a súa formación na Escola de Artes Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e co pintor Fernando Artal. Ampliou a súa formación no ámbito do deseño. Realizou unha obra de carácter conceptual e informalista que mostra o seu interese pola xeometría. Realizou as ilustracións de A casa da madriña (1993), de L. Bojunga. Participou, entre outras, na Bienal Caricatura Galega (Ourense, 1991) e na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra e no Salón de Outono da Coruña (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta e lexicógrafo. En 1707 entrou na Compañía de Xesús e foi impulsor do movemento literario vasco no s XVIII. Escribiu apoloxías en defensa da lingua e estudios gramaticais como El imposible vencido. Arte de la lengua bascongada (1729), primeira gramática vasca, Dicionario trilingüe castellano, bascuence y latín (1745) e Corografía o descripción general de la M. N. y M. L. provincia de Guipúzcoa (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista. Foi protexido dos Medici en Italia e estivo ao servizo de Luís XII de Francia. Asistiu á fundación do Colexio Grego de Roma, editou a numerosos autores e publicou diversos comentarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de xadrez e matemático alemán. De orixe xudía, en 1894 proclamouse campión do mundo ao vencer a Wihelm Steinitz, e conservou o título ata 1921. A súa técnica distinguiuse polo carácter eminentemente posicional e deu un pulo definitivo á nova concepción do xogo do xadrez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi profesor de ensino medio e colaborador de diversos medios de comunicación. Da súa obra destacan as traducións das obras Billy Budd (1983), de H. Melville, The Turn of the Screw, de H. James, The Portrait of the Artist as a Young Dog (1992), de D. Thomas, e Wuthering Heights, de E. Brontë. Ademais, é autor dos dramas Sete contos do raposo (1968) e O fío do mal (1970); e das novelas Loita e morte (1986) e Semente de onte (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico cinematográfico. Desenvolveu un importante labor no cineclub de Pontevedra. Participou nun proceso impulsado polo Director Xeral de Cinematografía, García Escudero, encamiñado a constituír a Federación Nacional de Cine-Clubs. Promoveu, en 1967, desde o cineclub de Pontevedra, e coa colaboración do Ateneo pontevedrés, a “Semana de estudios del nuevo cine español”, que contou co apoio oficial e coa presenza de representantes dos diversos estamentos da industria cinematográfica: profesionais, alumnos da EOC, críticos e, por suposto, cineclubs. Durante a súa xestión, o cineclub de Pontevedra foi o primeiro en Galicia, durante o período franquista, en crear unha biblioteca especializada e en introducir o programa de man que informaba e comentaba cada sesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Foi un pioneiro da historia agraria e da paleoclimatoloxía e cultivou tamén a demografía e a historia das mentalidades. Das súas obras destacan Histoire du climat depuis l’an mil (1967), L’Etat royal (1987) e Le siècle des Platter (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Iniciou os seus estudios de medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1870. Posteriormente, trasladouse á Universidade Central de Madrid, onde obtivo a licenciatura (1877). A partir do ano seguinte decidiu dedicarse por enteiro á medicina na súa vila natal, a mesma profesión que exercera o seu pai. En 1884 publicou os seus dous primeiros poemas no semanario O Tío Marcos da Portela. Membro activo do Partido Republicano Federal, en 1887 participou na Xuntanza Federalista de Lugo. A partir dese momento, e ata 1893, formou parte do consello executivo da Región Gallega. Desde ese ano dedicouse exclusivamente á medicina e publicou algunhas composicións en Galicia Humorística (1888). En 1903 fundou en Mondoñedo a xunta municipal de Acción Republicana e en 1905 o Grupo Esperantista local. Neste último ano entrou a formar parte como membro numerario da Real Academia Galega, á que doou ao cabo duns anos un conxunto de cantigas, refráns e léxico da comarca mindoniense,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador e escultor. Colaborou no retablo da capela da Virxe de Prima da catedral compostelá (1721), no de San Martiño Pinario (1730-1733) e nos da capela do Cristo de Santa María de Conxo (1735-1737). Modificou o retablo (1737?) da confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval e fixo o retablo maior de Santa María do Camiño (1758).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, cultivou a pintura relixiosa, histórica, rural, social e arqueolóxica. Da súa obra destacan Recordo da construción (1978), A batalla do Ebro (1980), Evacuación de feridos (1980), Adán e Eva no Paraíso (1980) e Castro de Borneiro. Cidá celta (1986). Recibiu o primeiro premio do Concurso de Arte Naïf da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico industrial. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1975. Director da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, da titulación de Enxeñería ambiental, e responsable do grupo de Enxeñería e Biotecnoloxía ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, foi experto na área de enxeñería ambiental da ONUDI (Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial). O seu traballo céntrase no campo da biotecnoloxía ambiental, con investigacións no tratamento de augas residuais de industrias lácteas, madeireiras, conserveiras, de lixiviacións de vertedoiros de residuos urbanos de grande interese pola súa incidencia en Galicia. Tamén traballou no campo dos biorreactores.
VER O DETALLE DO TERMO