Lamazares Silva, Antón Manuel
Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO desde 1982, Art/London, Interarte, Art Basel e Bienal de Pontevedra, e numerosas exposicións colectivas. A súa obra atópase, entre outras coleccións, no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, na Colección Caixanova e no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : ceira, Lalín