"BOL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

    1. Acción e efecto de reembolsar.

      1. Restitución dunha cantidade, en metálico, en especie ou por medio de documentos de crédito, que previamente fora desembolsada.

      2. Cobro, por parte do acredor, da cantidade desembolsada.

      3. contra reembolso

        Forma de compravenda por correo en que se fai o pagamento ao recibir a mercancía obxecto do contrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á situación extraordinaria ou inverosímil que non parece real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río San Bernabeu en Santa Cruz (O Bolo). Realizada en cantaría no s XVIII, ten un só arco de medio punto apoiado nas rochas. Atópase no antigo camiño de Freixido a Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra ou concreción formada nunha glándula sebácea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de símbolos dunha relixión, pobo ou época.

    2. Ciencia que estuda eses símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao símbolo.

    2. Que expresa ou significa algunha cousa por medio dun ou varios símbolos.

    3. Nome co que se coñece a lóxica moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de simbólico.

    2. Sistema de símbolos que se utiliza para representar algo.

    3. Movemento artístico, esencialmente pitórico, do derradeiro terzo do s XIX, con imaxes opostas á realidade visible ou científica para demostrar que existe unha realidade oculta que, aínda que non é posible coñecer, si é posible intuír. Recibiu a influencia dos artistas idealistas de principios do s XIX e dos prerrafaelistas. Os dous temas constantes que tratou foron a muller, venerada ou temida, ser anxelical (Ofelia) ou maligno (Salomé), e a morte. Foi cultivado por Gustave Moreau, Odilon Redon, Pierre Puvis de Chavannes, os nabís, Aubrey Beardsley, o Círculo do s XX, Gustav Klimt e Edvard Munch.

    4. Movemento literario aparecido en Francia entre 1870 e 1880. Manifestouse primeiramente como unha reacción contra a herdanza romántica e contra a doutrina da escola parnasiana, e acadou a súa plenitude cos poetas decadentes, ao redor de 1880, dos que o máis destacado foi Jules Laforgue. Jean Moréas publicou no suplemento literario de Le Figaro (1886) un manifesto que anunciaba o nacemento desta escola. Dúas publicacións literarias, Le Décadent e Le Symboliste, emprenderon a loita contra a poesía académica. Os poetas desta nova escola, Gustave Kahn, Stuart Merril, Vielé-Griffin e René Ghil, declarábanse herdeiros de Baudelaire, Verlaine e Rimbaud. Co tempo, Mallarmé converteuse no apóstolo dunha poesía profundamente meditada e impenetrable para o profano. A partir de 1862, na revista L’Artiste, explicou a súa doutrina, que consiste no propósito de atrapar na linguaxe o poder irradiante do pensamento puro. Entre os seus discípulos figuran André Gide, Paul...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao simbolismo.

    2. Seguidor do simbolismo, especialmente na arte e na literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de simbolizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Empregar unha cousa como símbolo doutra.

    2. Representar mediante un símbolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que representa unha cousa por analoxía ou convenio.

    2. Letra, signo ou conxunto deles que se empregan para representar unha magnitude, unha cantidade, unha unidade de medida ou diferentes operacións.

    3. Expresión verbal ou escrita definida por unhas normas determinadas que se emprega para significar obxectos ou relacións.

    4. Fórmula concisa da fe cristiá tal e como foi expresada polas igrexas primitivas, que era antigamente un signo de recoñecemento entre cristiáns. Foi parte integrante da liturxia (traditio symboli), para ser aprendido e recitado ante o bispo (redditio symboli). A liturxia mantivo o símbolo dos apóstolos (“Creo nun Deus”), o símbolo niceno-constantinopolitano (352-381), coñecido só na misa (credo); e o símbolo de san Atanasio ou Quicumque, que a partir do s X entrou no oficio divino, que se mantivo entre os anglicanos e que caeu en desuso entre os católicos desde a supresión da hora de prima en 1963.

    5. Letra ou conxunto de letras que se empregan para representar os elementos químicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda os símbolos e a súa utilización.

    2. Sistema ou conxunto de símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón internacional outorgado desde 1983, para recompensar aquelas actividades (creación intelectual, artística, realización social ou acción de motivación da opinión pública) consideradas particularmente meritorias no que respecta á contribución á liberdade, a independencia e a dignidade dos pobos, así como ao fortalecemento da solidariedade entre as nacións, favorecendo o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Xefe do partido agrario búlgaro, foi encarcerado pola súa oposición á Primeira Guerra Mundial. Ao seu remate foi nomeado xefe do Consello de Ministros (1919). Derrocado por un golpe de estado (1923), foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Deputado en 1881, accedeu á presidencia da cámara (1884) como xefe de partido nacional liberal. Rexente, logo da abdicación de Alexandre de Battenberg (1886), favoreceu a investidura de Fernando de Saxonia-Coburgo (1887), que o nomeou presidente do Consello de Ministros (1887-1894), onde executou unha política ditatorial no interior, e no exterior opúxose a Turquía e a Rusia. Destituído (1894), foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei segundo a que a potencia total radiada polo corpo negro varía proporcionalmente á cuarta potencia da temperatura: P = óT4, onde T é a temperatura absoluta e ao é a constante de Stefan-Boltzmann, que vale 5,67032×10-8 Wm-2 K-4. OBS: Tamén se denomina lei de Boltzmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mar Tirreno, a máis setentrional do grupo das illas Eolias (13 km2 ). Está formada por un volcán de 926 m de altitude en actividade constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megye de Hungría (5.936 km2; 582.256 h [2001]). A súa capital é Nyíregyháza.

    VER O DETALLE DO TERMO