"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaco de aceiro que se engade na punta gastada das ferramentas, principalmente ao arado.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anual editada polo impresor lugués Soto Freire, iniciada no ano 1857. Posteriormente pasou a denominarse Calendario Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade anual que se editou entre os anos 1810 e 1847. Malia que inicialmente foi coñecido como Calendario General para España del año 1810, arreglado por D.P.V. y V. para Galicia (imprenta de D. Manuel María Vila, A Coruña), deseguida adoptou o nome definitivo. A súa impresión realizábase cada ano nun obradoiro distinto das cidades de Santiago, A Coruña ou Valladolid, dependendo de quen tivera o privilexio exclusivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fungo liquenizado da orde das caliciais.
-
Orde de ascoliques de talos crustáceos, foliosos ou fruticosos, ascomas pedicelados co himenio xeralmente organizado nun macedio, con esporas pigmentadas e con ornamentación externa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gallaecia.
-
PERSOEIRO
Musicólogo. Licenciado en Ciencias Políticas e consultor de empresas. Cofundou e presidiu a asociación cultural Abrente Galego en Madrid e o Centro Gallego de Castelló, impartindo ademais clases de gaita. Publicou diversos artigos: “A nosa gaita fala en galego” (1990), “A derradeira lección do mestre” (1992), “Gaita quae non religat” (1995) e “A música tradicional nos nomes propios” (1997). Escribiu, ademais, os libros Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega (1988) e Aires da terra. La poesía musical de Galicia (1993), estudo sobre a primeira agrupación folclórica galega que inclúe a biografía do seu fundador, Perfecto Feijóo, o seu arquivo inédito de partituras tradicionais e un estudo sobre a música galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudiou a carreira de medicina, que rematou en Valladolid con premio extraordinario en 1875. Exerceu como médico en Madrid e realizou diversas viaxes de estudios aos EE UU. Publicou unha Introdución a la Fisiología (1892) e Nociones clínicas de las aguas minerales (1907), un estudo detallado e ordenado sobre as características e efectos terapéuticos das augas, amodo de prontuario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de radiación visible dun corpo que foi sometido a unha radiación infravermella.
-
GALICIA
Poeta. Doutor en Dereito, colaborou en varias revistas e publicou o poemario Poesías de la razón cordial (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico. Estudiou na Escuela de Cine de Madrid e comezou como guionista colaborando con Carlos Saura. Adscrito ao denominado Nuevo Cine Español, dirixiu, entre outras, Los farsantes (1963), Con el viento solano (1965), Esa mujer (1969), Los días del pasado (1977), La colmena (Oso de Ouro en Berlín, 1982), Los santos inocentes (Premio de Interpretación Masculina de Cannes, 1984), La casa de Bernarda Alba (1987), Después del sueño (1991), Amor propio (1994) e La ciudad de los prodigios (1999). Traballou tamén en numerosas series para televisión como Curro Jiménez (1977), Fortunata y Jacinta (1979) e La forja de un rebelde (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra da autoría do avogado e musicólogo redondelán Casto Sampedro Folgar (1848-1937), galardoada no concurso convocado en 1909 pola Academia de Bellas Artes de San Fernando para premiar unha “colección de cantos y bailes populares de una provincia española”. En 1942 Xosé Filgueira Valverde fixo unha edición da obra, que resultou ser unha das fontes de información musical máis destacadas do folclore galego e que achega ao redor de 500 documentos musicais de 74 concellos de Galicia. Estruturalmente se divide en “Cantos”, “Bailes”, “Danzas e Farsas” e “Varia”, con “Tocatas varias” e “Curiosidades”. Inclúe unha descrición rigorosa das melodías, danzas e instrumentos, índice de localidades onde se fixo a recollida do material e un índice onomástico das persoas que aparecen ao longo da obra. Nas súas follas documéntanse alalás, regueifas, cantares de berce, aradas, alboradas, romances, carballesas, muiñeiras, pasacorredoiras, e outras formas musicais de Galicia. Posteriormente, en 1982, a Fundación...
-
RIOS
Río afluente do Navia pola dereita. Nace a 1.010 m de altitude no límite entre as parroquias de Vilaquinte (concello de Cervantes) e Ribón (concello de Navia de Suarna). O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena as parroquias de Ribón, Sevane e A Pobra de Navia, onde desemboca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio edafolóxico do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia elaborado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984. Compleméntase con cartografía temática a escala 1:200.000, na que se detalla a calidade dos solos clasificados segundo 12 categorías.
-
REXIÓNS
Rexión de Asia Menor, limitada ao S polas montañas Tauro e ao L polo río Éufrates, ao N polo río Halis, e ao O pola rexión dos lagos de Pisidia e Licaonia. Os límites antigos de Capadocia abarcaban numerosos pobos, pero o seu territorio cambiou varias veces de extensión e división. As cidades máis importantes son Cesárea, Sivas (importante centro de comunicacións), Kastamonu (centro industrial) e Ancara (colonia de armenios). No III milenio, os asirios estableceron cidades comerciais, chamadas karum. No II milenio, coa chegada dos hititas, púxose fin aos establecementos asirios e a rexión converteuse no núcleo do estado. Capadocia sufriu a mesma sorte histórica que o resto de Asia Menor e en tempos de Tiberio converteuse en provincia romana. Na época cristiá coñeceu un movemento monástico florecente que deixou un conxunto de celas de anacoretas e de igrexas rupestres que conteñen frescos datados entre os ss IX e XI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Capadocia ou aos os seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Capadocia.
-
-
PERSOEIRO
Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación supersticiosa realizada a través do fume.
-
GALICIA
Ximnasta. Proclamouse campión de España de barra fixa nos anos 1965, 1966, 1967 e 1968. Obtivo tamén o título de campión da Copa del Generalísimo co seu club, o Real Madrid. Foi integrante da selección española de ximnasia durante oito anos, e con ela acudiu aos Xogos Olímpicos de México 1968, onde sufriu unha grave lesión. Competiu nos Xogos do Mediterráneo de Tunes 1967 e nos campionatos do Mundo de Dortmund 1966 e Ljubljana 1970, onde unha nova lesión obrigouno a abandonar a práctica da ximnasia. Con posterioridade incorporouse ao equipo técnico da Federación Española de Gimnasia como adestrador do equipo nacional masculino, ao que dirixiu entre 1974 e 1978, nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 e nos Campionatos do Mundo de Estrasburgo 1978. A partir desa última data traballou co equipo español de ximnasia artística feminina, co que participou en seis Xogos Olímpicos consecutivos (Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000); en todos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pertencente ou relativo aos cardeais ou ao cardealado.