"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
PERSOEIRO
Químico. Estudou no Museo de Historia Natural e na Escola de Farmacia de París. Foi profesor de Toxicoloxía, Química Inorgánica e Farmacia. Conseguiu illar o flúor mediante electrólise e en 1892, inventou un forno eléctrico, o forno de Moissan, que permite fundir óxidos metálicos e que fixo progresar extraordinariamente á industria siderúrxica. Con este forno descubriu o punto de ebulición dos metais coñecidos e como actúan as aliaxes a altas temperaturas. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Química, por ambos os dous descubrimentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boborás. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón e ábsida rectangular cun van decorado. A fachada principal ten portada con arco de medio punto, dobre arquivolta e tímpano historiado, que leva na parte baixa unha cruz, tres baquetas circulares lisas, unha singular decoración de bólas e unha imaxe do Apóstolo Santiago vestido de peregrino. Destaca unha cruz dos templarios sobre a espadana e a inscrición referida á fundación do templo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. A súa música, á marxe de escolas e técnicas, caracterizouse pola súa expresión lírica directa. Das súas obras para piano destacan Scènes d’enfants (1915-1918), Charmes (1920-1921), Música callada (1959-1967), e das súas obras para canto e piano destaca o ciclo Combat del somni (1942-1951). Compuxo obras corais como Cantar del alma (1951) e Ultreia (1962-1966), e para guitarra Suite Compostelana (1962). Foi nomeado Académico de Honor da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1973) e recibiu numerosos premios, como a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (1980) e a Medalla de Oro da SGAE (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Arousa, situada entre as puntas Fusiños e Achadiso, na parroquia de Castro (Boiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Montederramo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Caldelas, situado na provincia de Ourense no centro-S de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 16’ 30” latiude N e 7° 30’ 00” lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Parada de Sil e A Teixeira (comarca de Terra de Caldelas), ao L con Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas) e Chandrexa de Queixa (comarca de Terra de Trives), ao S cos de Laza (comarca de Verín), Vilar de Barrio (comarca da Limia) e Maceda (comarca de Allariz-Maceda), e o O cos de Maceda e Xunqueira de Espadañedo (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 135,6 km 2 cunha poboación de 1.072 h (2007), distribuídos nas parroquias dos Abeledos, As Chás, Covas, Gabín, Marrubio, A Medorra, Montederramo, Nogueira, Paredes, San Cosme de Montederramo, Sas do Monte, Seoane Vello e Vilariño Frío. Dista 156 km de Santiago de Compostela e 44 km de Ourense. A capital está no lugar de Montederramo, na parroquia homónima. Está adscrito á diocese de Ourense ( ao partido...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Ourense, que comprende o concello de Montederramo. Conta cun total de 13 parroquias, todas elas matrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Montederramo. En 1124 Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI, concedeu ao abade Arnaldo e aos monxes beneditinos o lugar de Rovoira Sacrata para fundar un mosteiro, aínda que podían trasladalo a outro emprazamento. O primitivo mosteiro, baixo a advocación de san Xoán, estivo situado en Seoane Vello, tivo priorados nas terras próximas e en 1153 pasou a pertencer á orde do Císter e modificou a súa advocación pola de santa María. En 1528 uniuse á Congregación de Castela e coa desamortización foi abandonado. Tivo unha escola de artes no s XVI. A igrexa medieval foi reedificada por Juan de Tolosa (1598-1607) e está pegada ao claustro polo interior. Ten planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos e cinco capelas rectangulares, a central de maior tamaño. As naves están cubertas con bóvedas de cruzaría e sobre o cruceiro érguese unha cúpula sobre pendentes, rematada cunha cupuliña. Destacan a escalinata de baixada á igrexa e a sancristía. A fachada da igrexa é plana...
-
PERSOEIRO
Condottiere italiano, duque de Urbino. Estivo á fronte das milicias de Milán, de Florencia e das de Fernando I de Nápoles. Pasou despois a dirixir os exércitos pontificios de Pío II. Foi xefe da Liga Itálica e venceu os venecianos en Molinella (1467). Foi un dos máis importantes mecenas do s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista. Ingresou no sindicato de Profesións Liberais da CNT e lanzou unha campaña contra os trentistas desde El Luchador (1931-1933). Converteuse nunha das principais voceiras da FAI, aínda que non ingresou na organización ata a fin de 1933. En decembro de 1935, realizou, en compaña de Claro Xosé Sendón e Jaime Baella Pérez, unha viaxe de propaganda anarcosindicalista por Betanzos, Carballo, Cariño, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela e tivo, como acto central, o congreso da Confederación Regional Galaica celebrado na Casa do Pobo de Ourense e presidido por ela mesma. O percorrido foi recollido logo nunha serie de artigos publicados en La Revista Blanca, en que empezou a escribir desde moi nova e onde deu unha especial importancia á temática feminina. Membro do comité rexional da CNT de Catalunya en 1936, a partir dese ano pasou a formar parte do comité peninsular da FAI. Posteriormente, durante a guerra, afastouse da ortodoxia anarquista e aceptou ser ministra de Sanidade e Asistencia...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de morder ou trabar.
-
Ferida ou sinal que se fai ao trabar ou morder.
-
Anaco que se saca dunha cousa ao trabala. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia a mordedela é considerada de menor importancia ca a mordedura.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Estivo interesado pola música teatral, despois de deixar a música sinfónica, e foi empresario e director artístico. Foi director do Teatro de la Zarzuela (1926), do Teatro Calderón, da Compañía Lírica Nacional e directivo da Sociedad General de Autores. Escribiu a ópera La Virgen de Mayo (1925) e as partituras de zarzuelas Luisa Fernanda (1932), Azabache (1933), La chulapona (1934), Paloma Moreno (1936) e La Ilustre moza (1943). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización non gobernamental, de ámbito estatal, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que se constituíu en 1987 para a defensa da igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres. Ten unha forte implantación en todas as comunidades autónomas e polo seu número de socias considérase unha das asociacións máis importantes no seu campo de acción. A súas actividades baséanse na loita contra a violencia de xénero, contra a linguaxe sexista e a súa integración no mundo laboral.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. De nome Salvatore Amedeo Buffa, caracterizouse por interpretar a heroes domésticos, bondadosos e honorables. Deuse a coñecer con Cavalleria (1936), e despois participou en Il bandito (1946), Il brigante Mussolino (1950), Processo alla città (1952), Le notti de Cabiria (1957), Odio mortale (1962), Il gaucho (1964), Nina (1976) e Melodrammore (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nikomédes ‘que vence pola súa meditación’, do verbo nikáo ‘vencer’ e médos ‘meditación’. A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
PERSOEIRO
Matemático grego. Descubriu a concoide dunha curva, que utilizou para resolver os problemas da duplicación do cubo e a trisección dos ángulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Mártir. Foi martirizado baixo o mandato de Diocleciano (303). A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
PERSOEIRO
Rei de Bitinia (279?-250). Durante o seu goberno, conseguiu reunificar e helenizar profundamente toda a rexión de Bitinia. Foi o fundador de Nicomedia (264 a C).
VER O DETALLE DO TERMO