"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Relativo ou pertencente aos estafilínidos.

    2. Insecto da familia dos estafilínidos.

    3. Familia de coleópteros con adultos dende menos de 1 mm a máis de 30 mm de lonxitude. A maioría son delgados e cilíndricos, con élitros curtos, abdome flexible e antenas sinxelas. As larvas son alongadas con antenas de 3 ou 4 segmentos, cun apéndice sensorial de forma particular no penúltimo. O extremo do abdome presenta un estilo articulado e cada pata remata nunha uña. Os adultos da maioría das especies son nocturnos ou cando menos foxen da luz durante as horas do día e están confinados aos hábitats húmidos. As larvas e os adultos da maioría das especies son depredadores facultativos, pero algúns son depredadores especialistas. Algúns aliméntanse de fungos ou de materia orgánica en descomposición e algunhas larvas son parasitoideas de pupas de mosca. Outras moitas especies habitan niños de formigas e térmites. Algunhas larvas tecen un casulo antes da metamorfose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento biliar de cor amarela que se produce como resultado da degradación do grupo hemo da hemoglobina, por oxidación do urobilinóxeno. Fórmase nos intestinos e elimínase cos excrementos. Emprégase para a diagnose de enfermidades hepáticas e intestinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de estéril.

    2. Imposibilidade de ter descendencia no proceso de reprodución sexual. No caso dos humanos hai unha esterilidade fisiolóxica que pode ser prepúbere, debido á falta de maduración dos espermatozoides ou ao feito de non iniciarse a ovulación, e pospúbere, cando se chega á andropausa e á menopausa. Durante os períodos teoricamente fecundos pode aparecer unha esterilidade de tipo patolóxico. A esterilidade patolóxica masculina ten numerosas causas: ausencia de espermatozoides, deficiencia na súa formación ou no seu tempo de vida, dificultade para que os espermatozoides sexan depositados no aparato xenital feminino, e as causas ocasionadas por lesións ou atrofia dos testículos ou tamén por causas psíquicas. A esterilidade patolóxica feminina é moito máis complexa. As causas poden ser alteracións na estrutura dos órganos xenitais, pero as máis importantes son de orixe endócrina e producen alteracións de ovulación e implantacións defectuosas por falta de preparación do endometrio; outras causas de...

    3. Enfermidade que se caracteriza pola imposibilidade de producir grans de pole vivos nos estames das flores, a causa, probablemente, dun factor de control que se localiza no citoplasma das células e non no núcleo. Aprovéitase en técnicas biotecnolóxicas, en cultivos in vitro, para producir híbridos cunha eficacia do 100%.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de esterilizar ou esterilizarse.

    2. Intervención que ten por obxecto anular a facultade de reprodución dun organismo. Pódese realizar por métodos cirúrxicos, químicos ou mediante irradiacións. No home realízase xeralmente coa ligadura e corte dos condutos deferentes dos testículos, operación coñecida co nome de vasectomía; e na muller faise mediante o bloqueo das trompas de Falopio con grampas, coñecida como ligadura de trompas. En moitos animais a esterilización faise por extirpación dos órganos sexuais ou castración.

    3. Proceso que consiste na eliminación total de toda forma microbiana (bacterias, fungos, virus), tanto latente como vexetativa, que existe nun determinado medio (alimentos, instrumentos cirúrxicos, feridas, etc). Pode ter lugar por procedementos químicos ou físicos. Os axentes físicos máis empregados son a calor, que pode ser húmida ou seca, a filtración e as radiacións. Entre os sistemas que empregan a calor húmida destaca o autoclave de Chamberland, con temperaturas de 120°C a 140°C, ou a tindalización, que permite a eliminación das endósporas, e entre os que empregan a calor seca está a incineración ou as estufas de tipo Pasteur ou Poupinel con temperaturas de 160°C. A filtración a través de distintos tipos de membranas emprégase para solucións que non se poden esterilizar por outros métodos. Entre as radiacións máis utilizadas destacan as ultravioletas, que non atravesan o plástico ou algúns tipos de cristais, por iso son de acción superficial, os raios X, que si atravesan os plásticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que esteriliza.

    2. Aparello que se emprega para a esterilización, como o autoclave ou a lámpada de raios ultravioletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que esteriliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer estéril.

    2. Producir a esterilización dun ser vivo.

    3. Liberar de microorganismos un produto, un obxecto ou un medio mediante un proceso de esterilización.

    4. olverse estéril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Promotora de numerosos premios literarios para escolares, publicou, entre outras obras, as narracións As travesuras de Felipiño (1979), La historia del Apóstol (1972), Vigo, Bayona y sus rutas (1976), Ponteareas y el Condado en la historia (1980), Bayona la Real y su parador (1984), Aventura e primavera. Continuación de Felipiño o traveso (1986) e A miña fala (1988); e os poemarios Airiños do meu lugar (1963), Monterreal (1965), A la sombra de Monterreal (1966), Santiago en la leyenda (1971) e O Nadal e os Reis Magos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. De orixe vándala, foi nomeado magister militum (394) por Teodosio. Trala división do Imperio, confióuselle a titoría de Honorio e Arcadio, e a rexencia do Imperio de Occidente. Derrotou os visigodos de Alarico en Pollenza (402) e Verona (403) e os ostrogodos en Fiesole (405), pero non puido recuperar Iliria. Desamigouse coa corte pola presenza de numerosas tropas de orixe bárbara e, acusado de traizón, foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto somático lateral situado no punto máis baixo da apófise estiloide do radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia ao cuidado esmerado do estilo.

    2. Actividade do profesional que se dedica ao cuidado da imaxe, especialmente no mundo da moda e a decoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artista, especialmente escritor, que se caracteriza pola mestría do seu estilo ou expresión.

    2. Profesional que se encarga de todo o relacionado co estilo e a imaxe, especialmente no ámbito da moda e o espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina lingüística, fundada por Charles Bally, que estudia os feitos expresivos da linguaxe organizados desde o punto de vista do seu contido afectivo, é dicir, a expresión dos feitos da sensibilidade por medio da linguaxe e a acción dos feitos da linguaxe sobre a sensibilidade. Ch. Bally céntrase especialmente na lingua falada e trata de extraer, non o sentido conceptual das unidades, senón os seus valores afectivos, na medida en que estes están codificados, é dicir, son compartidos por todos os usuarios.

    2. Disciplina lingüística no limiar da ciencia literaria que estudia o estilo das obras literarias. Algúns autores, como Roman Jakobson, consideran o estilo esencialmente como unha elaboración da mensaxe lingüística; outros, como Pierre Guiraud, consideran que é unha desviación respecto dunha lingua usual. Non obstante , o problema básico da estilística literaria consiste en illar os trazos que desempeñan unha función estética nun texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao estilo ou á estilística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anacoreta que en Oriente e nos primeiros séculos do cristianismo, vivía sobre unha columna. O máis célebre foi san Simeón o Estilita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estilizar.

    2. Movemento teatral que procuraba unha nova visión da teatralidade, próxima ao simbolismo. Foi desenvolvido por directores e creadores teatrais próximos a esta corrente estética, como Adolphe Appia, Vsevolod Meyerhold, Adrià Gual ou Cipriano de Rivas Cheriff. En Galicia, este movemento estivo representado por Xaime Quintanilla na súa obra Alén (1921), e foi reivindicado por Xesús Bal y Gay no seu estudo Hacia el ballet gallego (1924) e por Rafael Dieste en diversos traballos publicados en El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo pareza máis delgado ou esvelto do que en realidade é.

    2. Conformar algo segundo regras convencionais, ou debuxar algo dunha maneira convencional facendo unha adaptación arbitraria da realidade, especialmente simplificando as formas e os trazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Provedor xeral do exército liberal, ocupou distintos cargos nos gobernos liberais do Paraguay. Gobernador de Guayas, foi deputado e presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de estróbilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao radical etilo.

      2. Que contén o radical etilo.

    1. Relativo ou pertencente ao etilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO