"Martin" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 595.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento situado en Mondoñedo. Fundouse en 1378 e pertenceu á Orde Terceira de San Francisco. Remodelouse no s XVIII e estivo ocupado polos irmáns pasionistas (1884-1964). A igrexa ten unha soa nave con tres tramos con cuberta gótica e cúpula con lanterna do s XVIII. A fachada é barroca e nela destaca a torre lateral con dous corpos e rematada nunha cúpula. Ten un claustro de planta rectangular con dous pisos, o inferior con arcos e o superior con ventás. Conserva tamén a antiga cociña e a escaleira principal do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Vilamartín de Valdeorras situada na parroquia homónima.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xurxo que dá nome ao concello de Vilamartín de Valdeorras, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Valdeorras situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no NL da provincia de Ourense (41° 24’ 50’’ N - 7° 03’ 40’’ O). Limita ao N coa provincia de León, ao L co Barco de Valdeorras (comarca de Valdeorras), ao S con Petín (Valdeorras) e ao O cos da Rúa (Valdeorras) e Quiroga (Quiroga). Abrangue unha superficie de 88,3 km 2 , cunha poboación de 2.247 h (2007), distribuída nas parroquias de Arcos, Arnado, Cernego, Córgomo, Correxais, O Mazo, A Portela, San Miguel do Outeiro, San Vicente de Leira, Valencia do Sil e Vilamartín de Valdeorras. A capital atópase no lugar de Vilamartín, na parroquia de Vilamartín de Valdeorras. Atópase a 168 km de Santiago de Compostela e a 105 de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial do Barco de Valdeorras.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Pódese dividir o concello en tres partes: ao N atópanse as serras que prolongan cara ao L a serra do Courel e que rematan, fóra do concello, na... -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Xoán Degolado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Foi o responsable dos traballos de investigación que sobre xeoloxía se desenvolveron en Tierra del Fuego. Dirixiu a revista Thalassas e foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Grupo Español de Sedimentología, da Real Sociedad Española de Historia Natural e da International Association of Sedimentologist.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Cádiz, Andalucía (11.953 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de cereais, hortalizas e legumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Viviu en Girona e Barcelona e participou nos Jocs Florals de Barcelona (1859), onde foi premiada coa composición “Clemencia Isaura”. Escribiu La desposada de Déu (1862), Horas crepusculares (1865) e La Envidia y la Caridad (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 28.8.1878 - Madrid 16.4.1954) Político. Militante do Partido Conservador, foi deputado no Congreso por Pontedeume (1913-1923), director xeral de Rexistros e Notariados (1917), subsecretario do ministerio de Gobernación (1920) e ministro de Graza e Xustiza (1921), Economía Nacional (1930) e Facenda (1930-1931). Recibiu a Légion d’Honour.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Iniciou a súa obra con poesía de carácter pietista, pero axiña se decantou cara a un estilo que lembra o da cultura francesa da Ilustración. Escribiu obras épicas en que plasmou o seu ideal do home, próximo ao clasicista, como en Geschichte des Agathon (Historia de Agatón, 1766).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Narón. Puido ser fundado no s VIII en tempos de Vermudo I e restaurado por Ramiro I no s IX. Estivo baixo a protección real entre 1090 e 1121, e converteuse nun priorado de Cluny. Pertenceu a sé episcopal de Mondoñedo, agás entre 1110 e 1122 que pertenceu á de Santiago. A época de maior esplendor foi a do s XII, cando recibiu privilexos e doazóns de Fernando II e do conde de Traba. A decadencia iniciouse a finais do s XII e comezos do s XIII. A igrexa é románica e ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares coas súas capelas. A nave ten cuberta de madeira e as ábsidas, bóveda de medio canón rematadas en cuarto de esfera. Nas ábsidas destacan as ventás semicirculares. A fachada principal está reconstruída.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Martín Costa Pérez.
-
PERSOEIRO
Historiadora e arquiveira. Foi directora do Arquivo Histórico Universitario de Santiago e do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Escribiu Guía del Archivo universitario e A cárcere de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Porteiro de fútbol. Xogou no Universitari, no Español (1916-1919), no FC Barcelona (1919-1922) e, de novo, no Español (1922-1931). Acabou a súa carreira xogando no Real Madrid (1931-1936). Foi 46 veces internacional. Exerceu como adestrador, seleccionador nacional (1952) e secretario técnico do Español (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inmunólogo e patólogo suízo. Estudou a actividade dos linfocitos T citotóxicos contra as células infectadas por virus. En 1996 recibiu, xunto con P. C. Doherty, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polos seus descubrimentos sobre a especificidade na resposta inmunitaria.
VER O DETALLE DO TERMO