"Nande" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 594.
-
GALICIA
Relixioso mercedario. Ordenouse presbítero en 1950 e estudou filosofía na Universidad Pontificia de Salamanca e na Universidad Complutense de Madrid, onde tamén cursou psicoloxía. Foi un dos fundadores e director do Instituto Christus Magister na Confederación de Religiosos Españoles en Madrid. Foi cofundador da Escuela Superior de Psicología da Universidad Pontificia de Salamanca, da que foi catedrático e decano. Escribiu Psicología profunda y Ética (1970), Freud y Jung: dos modelos antropológicos (1981), La psicología de la personalidad en Jung (1981) e Tolerancia: debilidad o fortaleza? (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudos sobre metafísica, ética, socioloxía e criminoloxía. Publicou La dialéctica, método de la filosofía (1966), Tres éticas del siglo XX (1970), Fundamentos de ética informativa (1986) e Ética y deontología de la información (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Doutor en Teoloxía e licenciado en Lingua e Literatura Francesa, foi director da revista Estudios e codirector do Instituto de Estudios Tirsianos (IET). Investigador e estudoso de Tirso de Molina e de Antonio Rey Soto, colaborou en Encrucillada, Grial, La Voz de Galicia e Ya. Publicou diversos ensaios, como Galegos en Europa (1973) e Homenaje a Tirso (1981), e poemarios, como Huellas (1964), Memorial de la vida (1976) e Mi soledad sonora (1992), algúns deles en galego, como No noso bosque convosco (2000) e O neno que fun (2001). É membro da Real Academia de Historia e da de Ciencias y Bellas Artes de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e médico. Coñecido como Luís Pimentel, destacou como poeta en galego dos grupos de vangarda. Licenciouse en Medicina (1922) pola Universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid para realizar o doutoramento; alí puido coincidir con moitos intelectuais da época na Residencia de Estudiantes e coñecer a obra de J. R. Jiménez e dos membros da Xeración do 27. Paralelamente comezou a colaborar en publicacións periódicas. En 1924 apareceu na revista Ronsel, de Lugo, a súa primeira entrega literaria, o poema en castelán “Mi pequeño deseo” e, posteriormente, creou a súa propia sección, titulada “De mi Tagebuch”, onde incluíu algúns poemas e prosa en castelán. A través da revista entrou en contacto cos seus directores, Álvaro Cebreiro e Correa Calderón, xunto con outros destacados intelectuais galeguistas da época, especialmente aqueles que se relacionaron coa editorial Galaxia. Impulsor da revista Xistral (1949), colaborou con outras publicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e funcionario da Consellería de Sanidade en excedencia. Coñecido polo alcume de Pachi Vázquez, licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política no Centro Democrático e Social, ingresando posteriormente no PSdG-PSOE. No ano 1993 foi elixido por primeira vez deputado do parlamento galego. Foi alcalde de Carballiño (1995-2005) ao tempo que deputado provincial, vocal da comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias e portavoz do grupo socialista na Deputación Provincial de Ourense. Volveu ao parlamento autonómico no ano 2005, data na que tamén se converteu en conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no goberno bipartito PSdG-PSOE-BNG. Despois da derrota electoral de 2009 e a dimisión de Pérez Touriño como secretario xeral do PSdG, foi elixido para substituílo no Congreso Extraordinario dese mesmo ano en Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, profesor e director teatral. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, participou nos espectáculos Romería ás Covas do Demo (1969) e Macbeth (1975), con Teatro Circo; e dirixiu A boda de Esganarello (1981) e Para que queredes un poeta vivo (1984), da Escola Dramática Galega, da que foi cofundador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras, publicou Los caminos de Martin Heidegger: filosofía del lenguaje en el siglo XX (1993), Platón suspende la selectividad (1994), Vislumbres de utopía (1995) e o libro de poemas De la memoria al sueño (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega e DEA pola École des Hautes Études en Sciences Sociales do CNRS (París), é profesora de literatura galega na Universidade de Santiago, especializada en narrativa e teatro galego contemporáneos. Colaboradora e membro do consello de redacción de Grial, desde 2003 dirixe o Anuario de estudos literarios galegos, que en 1992 contribuíra a poñer en marcha baixo a dirección de Xoán González-Millán. Colabora como crítica literaria en revistas especializadas, como Tempos novos, e semanalmente dirixe a páxina literaria do “Diario cultural” da Radio Galega. Como investigadora, coordinou o Dicionario da literatura galega (4 vol 1995-2003). Ademais de coeditar obras clásicas como Follas novas, Retrincos. Un ollo de vidro, A festa da malla, O castelo de Pambre ou o epistolario cunqueiriano Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a F. Fernández del Riego (2003), publicou A recepción inmanente de Neira Vilas (1990), Sobre narrativa galega contemporánea...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Bola de Nieve, na década de 1930 trasladouse a México, onde comezou a súa carreira internacional que o levou a diversos países de América e Europa. Destacaron as súas intepretacións de temas coñecidos como “La vie en rose” ou “La flor de la canela”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica. Foi o principal responsable do deseño da sección de cerámica de Sargadelos e da ilustración de libros, cubertas e carteis de Edicións do Castro, entre outros De cando Suso foi carteiro (1988) de X. Neira Vilas, O troleiro e outros contos (1999) de D. Vázquez, ou O País acuático (2001) de E. Alonso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxectivo de ter a sede na casa natal de W. Fernández Flórez. Entre os seus proxectos inclúense actividades relacionadas co estudo da súa obra, a edición das obras en galego e a creación dunha aula de Interpretación Ambiental, destinada a mellorar o coñecemento e a protección da Fraga de Cecebre.
-
PERSOEIRO
Político. Presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana desde 1983, foi deputado no Parlamento autonómico (1991-2002) e presidiu a Comunitat Valenciana (1995-2002). Senador (2002-2004), foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do goberno (2003-2004).
VER O DETALLE DO TERMO