Vázquez Fernández, Manuel

Vázquez Fernández, Manuel

Político e funcionario da Consellería de Sanidade en excedencia. Coñecido polo alcume de Pachi Vázquez, licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política no Centro Democrático e Social, ingresando posteriormente no PSdG-PSOE. No ano 1993 foi elixido por primeira vez deputado do parlamento galego. Foi alcalde de Carballiño (1995-2005) ao tempo que deputado provincial, vocal da comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias e portavoz do grupo socialista na Deputación Provincial de Ourense. Volveu ao parlamento autonómico no ano 2005, data na que tamén se converteu en conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no goberno bipartito PSdG-PSOE-BNG. Despois da derrota electoral de 2009 e a dimisión de Pérez Touriño como secretario xeral do PSdG, foi elixido para substituílo no Congreso Extraordinario dese mesmo ano en Pontevedra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : O Carballiño