"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • GALICIA

    Xurista e poeta. Pertencente ao grupo dos Precursores e incluído na primeira xeración provincialista, foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega na súa época. Na Coruña iniciou os estudos de humanidades no convento dos Dominicanos e, posteriormente, aprendeu filosofía, solfexo e violín en Santiago de Compostela (1825). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1829-1835), impartiu clases de institucións canónicas durante un ano. A partir de 1837 exerceu como avogado na Coruña, ata que en 1840 pasou a ocupar o posto de xuíz de primeira instancia en Cambados. Despois de cesar no posto (1844), foi avogado e fiscal en Pontevedra, ata que en 1862 ocupou a praza de rexistrador da propiedade en Vigo. Durante todos estes anos, sobre todo durante a súa estadía en Pontevedra, colaborou en diversos medios de comunicación, como os xornais El País e La Perseverancia, e no suplemento Álbum de El Miño, ademais de incluír algunhas poesías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou na fotografía da man de Francisco Zagala para logo abrir o seu propio estudo en Pontevedra (1899). Correspondente de revistas gráficas e xornais como Vida Gallega e da axencia Cifra, foi un solicitado e prolífico retratista que tamén elaborou reportaxes fotográficas, en que destacou o seu dominio das técnicas fotográficas. Obtivo a medalla de ouro no I Salón Internacional de la Fotografía, celebrado en Madrid (1921), a medalla única da Exposición Regional da Coruña (1922), o Primeiro Premio na Rexional de Pontevedra (1926), o Premio do Ministerio de Agricultura (1956), o diploma da Agrupación Fotográfica Gallega (1962) e o diploma de honra e medalla ao mérito fotográfico da Junta Nacional de Produción Fotográfica (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte de pintar.

      2. Obra que resulta da acción de pintar. As primeiras manifestacións pitóricas datan do Paleolítico Superior. Son as pinturas rupestres localizadas nas covas, sobre todo, no S de Francia, N de España e nos Urais. Trátanse en xeral de representacións da fauna cuaternaria, policromadas, naturalistas e sen formar escenas, e con escasas representacións humanas. Destacan as covas de El Castillo e Altamira (Cantabria) e Lascaux (Francia). Durante o Epipaleolítico ou o Neolítico desenvolveuse no Levante español unha nova pintura rupestre monocroma e de tintas planas con representación de escenas de caza, danza e guerra de carácter máis esquemático e dinámico ca as pinturas paleolíticas, das que estacan as pinturas da cova de Cogull (Lleida). Na civilización exipcia decoráronse con pinturas murais as tumbas dos faraóns. Eran escenas da vida cotiá e representacións mitolóxicas realizadas cun estilo máis conceptual ca realista. As culturas mediterráneas empregaron a pintura en diferentes modalidades....

      3. Táboa, lámina, lenzo ou muro en que se pinta unha cousa.

      4. pintura absoluta

        Pintura xeométrica non figurativa que se basea na esencia da liña, a superficie e a cor. Busca expresións construtivas a base de ángulos rectos e cadrados.

      5. pintura á chamberga

        Procedemento pictórico que consiste en pintar obxectos que non están expostos á intemperie, mediante o uso de cores preparadas con verniz de pez grega e augarrás.

      6. pintura de historia

        Representación de escenas do pasado, que intenta a reconstrución dos grandes sucesos históricos, polo seu interese ético ou épico ou pola súa propia transcendencia. Desenvolveuse a partir do Barroco.

      7. pintura de xénero

        Representación de temas e escenas da vida cotiá, considerada especialmente polos mestres holandeses e flamengos do s XVII.

      8. pintura ao óleo

        Técnica pictórica que consiste na disolución en aceite de cores utilizadas para pintar. Emprégase sobre unha base absorbente de tea ou madeira. Na Idade Media esta técnica usábase combinada coa da témpera. No s XV apareceu a pintura ao óleo independente nos Países Baixos, e que a tradición lle atribúe o seu descubrimento a Jan van Eyck.

      9. pintura xestual

        action painting.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernardino di Betto di Biaggio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das pináceas, de follas aciculares, reunidas en grupos de 2 a 5, sobre un branquiblasto. Son monoicos, con flores estrobiliformes, en que as femininas se lignifican ao madurar e constitúen conos ou estróbilos psedocárpicos (as piñas). Os conos do piñeiro teñen as escamas tectrices atrofiadas e compóñense só de escamas seminíferas lignificadas e rematadas nunha apófise a miúdo prominente, cada unha delas con dúas sementes (piñóns). O pole de piñeiro, dispersado polo vento e producido abundantemente, ten os grans con dúas vesículas aeríferas. O xénero comprende máis de 100 especies, distribuídas polo hemisferio norte. En Galicia están presentes diversas especies, das que moitas delas son árbores ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento que consiste en dous brazos, soldados ou articulados por un dos seus extremos, ou ben cruzados e articulados, ou ben unidos por un resorte, que permiten agarrar ou suxeitar cousas ao facer presión pola súa parte central ou polos extremos, respectivamente.

      2. Instrumento metálico, xeralmente de dous brazos, que se utiliza en cirurxía para suxeitar ou comprimir.

      3. Nome xenérico que se lle dá a varios tipos de soportes metálicos que, por medio de dispositivos diversos, serve para aguantar partes diferentes dunha montaxe química. OBS: Adoita empregarse en plural, aínda que referido a un só instrumento.

    1. Cada unha das pezas duras, móbiles e opostas, situadas normalmente no extremo das patas anteriores dalgúns crustáceos, que lles serven como órganos de presión.

    2. Especie de dobra que se lle fai a unha peza de roupa para diminuir a súa amplitude.

    3. Pequena pinza de boca dentada e pechada por un resorte, que permite conectar rapidamente e provisionalmente condutores, cables e aparatos, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pinzar.

    2. Compresión de calquera órgano ou parte entre dúas superficies, como por exemplo un pinzamento articular ou un pinzamento de seo costodiafragmático pleural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coller ou suxeitar algo con pinzas.

    2. Realizar un movemento ou presión similar ao que se fai cunhas pinzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Despois da súa formación como enxeñeiro electrónico no Instituto de Estudios Electrónicos de Madrid, realizou pequenos traballos en súper 8 a partir de textos propios, como Aconteceu en Galicia e Amanece en Vigo; ou alleos, como O derradeiro Fiana. De aí pasou á realización de curtametraxes en 35 mm, como Homo Hominis. Opus I (1982), coa que obtivo unha mención especial no Festival Internacional de Cine de Bilbao. A produción de curtametraxes conduciuno á fundación da produtora Pilar Sueiro Films, máis tarde Atlántico Films (1985). Despois da triloxía Augurio, Virginal e Vestida de fiesta, dirixiu a súa primeira longametraxe, La gran comedia (1986). Posteriormente rodou O xogo das mensaxes invisibles (1991, Premio á mellor película no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz 1992), La leyenda de la doncella (1994, Premio Colón de Plata no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘mozo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo de forma discoide que pode acadar ata 15 cm de longo. De cor avermellada, amosa un fociño prolongado e o perfil sobre a cabeza lixeiramente cóncavo, a primeira aleta dorsal despeiteada e tres espiñas por diante da aleta anal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave paseriforme, de 15 cm de lonxitude, que ten unha dobre franxa nas ás e as temoneiras externas brancas. O macho ten a cabeza e caluga cinsenta, o peito e dorso castaños, e a mitra verde; a femia é parda na cabeza e dorso, e máis clara no ventre. Malia que dificilmente se pode amansar, é moi apreciado como ave de gaiola polo seu canto. É moi cosmopolita e vive en fragas, xardíns, campos de cultivos, etc. Migrador parcial, habita en toda Europa, L de Asia e N de África. En Galicia é sedentario e distribúese por toda a rexión, ata os 1.300 m de altitude.

    2. bicogroso.

    3. Ave paseriforme, de 15 cm de lonxitude, moi semellante ao pimpín común pero coas partes superiores do macho ennegrecidas durante o verán e pardentas con manchas negras no inverno, lombo e peito roxo e rabadilla branca. É granívoro, aínda que tamén come insectos. Habita en prados, campos e parques do N de Europa e Asia, pero en Galicia é moi raro.

    4. Paseriforme de 14 cm de lonxitude, de cor parda gris, coa rabadilla, as ás, a cara e as partes inferiores tinguidas de rosa. Habita no N de África e é accidental ao S de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, irmán de Vicente Yáñez Pinzón. Uniuse á primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Pinta. A súa experiencia náutica foi moi valiosa ao longo da viaxe, pero unha vez en América, xurdiron discrepacias entre ambos, dado que era partidario de continuar explorando mentres que Colón se inclinaba por volver a Castela. Finalmente volveu á Península Ibérica, arribando a Baiona (Pontevedra) en 1493.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, irmán de Martín Alonso Yáñez Pinzón. Participou na primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Niña. En 1499-1500 volveu a América e explorou o N de Brasil, as desembocaduras do Amazonas e o Orinoco, e parte das costas centroamericanas. En 1508 volveu ás Indias con Amerigo Vespuci, Juan de la Cosa e Juan Díaz de Solís para buscar un paso ao Pacífico, que non atoparon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de pus na trompa de Fallopio obliterada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia rústica situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 50 metros ANCHURA MEDIA: 10 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA: 31 Km
    ACCESOS...

    VER O DETALLE DO TERMO