"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • GALICIA

    Comarca situada no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, no O da provincia de Lugo. Limita ao N coa comarca de Lugo (Friol), ao S coas comarcas de Deza (Rodeiro) e Chantada (Taboada), ao L, novamente coa comarca de Lugo (Guntín e Portomarín) e ao O coa comarca da Terra de Melide (Toques, Melide e Santiso) e a de Deza (Agolada). Abrangue unha superficie de 417,9 km2, cunha poboación de 11.143 h [2001], distribuída nos concellos de Antas de Ulla (103,6 km2, 2.695 h [2001]), Monterroso (114,6 km2, 4.235 h [2001]) e Palas de Rei (199,7 km2, 4.213 h [2001]). A comarca presenta unha estrutura bipolar arredor de Palas de Rei e Monterroso, que organizan o territorio. Existen tamén relacións con Chantada e con Lugo para actividades relacionadas cos servizos administrativos máis especializados.
    Xeografía física
    A comarca da Ulloa é un espazo onde ten a cabeceira un dos principais ríos galegos, o Ulla. É unha área deprimida desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga embarcación de carga de orixe holandesa, de casco moi amplo e popa arredondada, cunha capacidade entre 60 e 200 t.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1157-1182), bisneto do Rei Sven II. Loitou contra os vendes, ocupou a illa de Rügen e cristianizounos pola forza. Vasalo do Emperador Federico I, liberouse da fidelidade e instituíu unha monarquía autocrática e hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1202-1241), fillo de Valdemar I. Sucedeu ao seu irmán Canuto VI. Como duque de Slesvig (desde 1188) defendeu a fronteira contra a agresión do emperador e conquistou Holstein e Hamburgo (1200-1201). Aliado co Emperador Federico II contra o Emperador Odón IV, en 1214 adquiriu Schwerin, e Federico II renunciou a favor del ás terras dos vendes e a todo o territorio xermánico ao N do Elba e do Ende. Os señores feudais de Alemaña do N aliáronse contra el e derrotárono en Bornhöved en 1227.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1340-1375) e duque de Schleswig (1325-1375), fillo do Rei Cristóforo II. Unificou e consolidou o seu reino e vendeu Estonia aos cabaleiros teutónicos (1346). En 1361 invadiu a illa de Gotland e Scania, pero perdeu o ducado de Slesvig, a mans da Liga Hanseática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada ao NL da provincia de Ourense e ao SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa provincia de León (municipios de Oencia e Sobrado), ao S coa comarca de Viana (concello de Viana do Bolo) e a provincia de Zamora (municipios de Porto e San Justo), ao L, novamente coa provincia de León (municipios de Puente de Domingo Flórez, Benuza e Encinedo), e ao O coas comarcas de Quiroga (concello de Quiroga) e Terra de Trives (concello de Manzaneda). Abrangue unha superficie de 882,4 km2, en que acolle unha poboación de 28.733 h (2001), distribuída entre os concellos do Barco de Valdeorras (85,7 km2, 12.959 h [2001]), O Bolo (91,2 km2, 1.327 h [2001]), Carballeda de Valdeorras (222,7 km2, 2.129 h [2001]), Larouco (23,7 km2, 588 h [2001]), Petín (30,5 km2, 1.131 h [2001]), A Rúa (35,9 km2, 5.041 h [2001]), Rubiá (100,7 km2, 1.734 h [2001]), A Veiga (290,5 km2, 1.367...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado na Mariña Occidental, na desembocadura do río Negro, a uns 60 km ao NO de Oviedo (14.789 h [2001]).Ten industria alimentaria de conservas pesqueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como madame de Caylus, escribiu Mes Souvenirs (1770), sobre a Corte de Luís XIV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada ao SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas da Terra de Caldelas (concello de Montederramo), a Terra de Trives (Chandrexa de Queixa) e Viana (Vilariño de Conso); ao L coa de Viana (Vilariño de Conso e A Gudiña) e Portugal; ao S con Portugal e ao O coa Limia (Baltar, Transmirás, Sarreaus e Vilar de Barrio). Abrangue unha superficie de 1.007,1 km2, cunha poboación de 28.741 h (2001), distribuída nos concellos de Castrelo do Val (122 km2; 1.284 h [2001]); Cualedro (117,6 km2; 2.391 h [2001]); Laza (215,9 km2; 1.904 h [2001]); Monterrei (119,1 km2; 3.314h [2001]); Oímbra (71,9 km2; 1.996 h [2001]); Riós (114,4 km2; 2.132 h [2001]); Verín (94,1 km2; 12.917 h [2001]) e Vilardevós (152,1 km2; 2.803 h [2001]). A vila de Verín é o centro dunha extensa área funcional, que inclúe ademais dos concellos da comarca outros próximos.
    ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca creada nos arredores da cidade de Verona durante o dominio dos franceses, confiada por Odón I aos duques de Baviera. Co fraccionamento feudal formou unha unidade político-administrativa, e como tal formou parte da Liga Veronesa (1164).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca de tipo rural situada no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas de Valdeorras (concellos do Bolo e da Veiga) e da Terra de Trives (Manzaneda e Chandrexa de Queixa), ao S con Portugal, ao L coa provincia de Zamora (concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende) e ao O coa comarca de Verín (Laza, Castrelo do Val e Riós). Abrangue unha extensión de 746,3 km2 cunha poboación de 8.003 h (2001), distribuídas entre os concellos da Gudiña (171,4 km2 ; 1.682 h [2001]), A Mezquita (104,3 km2 ; 1.429 h [2001]), Viana do Bolo (270,4 km2 ; 3.893 h [2001]) e Vilariño de Conso (200,2 km2 ; 799 h [2001]). O centro comarcal é Viana do Bolo.
    Xeografía física
    A súa abrupta topografía e a elevada altitude dos relevos da serra de Queixa, no O, e de Pena Trevinca, no L, fan da comarca un espazo moi movido e con alternancia de vales e montañas. No N, nos concellos de Viana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no S da provincia de Pontevedra. Esténdese en sentido SO-NL ocupando toda a marxe dereita da ría de Vigo e unha ampla franxa cara ao interior, chegando no caso do concello de Fornelos de Montes ata o límite coa provincia de Ourense. Limita ao N coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra, Ponte Caldelas e A Lama), ao O coa ría de Vigo, ao S coa comarca do Baixo Miño (concellos de Oia, Tomiño e Tui) e ao L coa do Condado (Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño), aínda que algunhas parroquias de Fornelos de Montes limitan coas comarcas da Paradanta (concello de Covelo) e do Ribeiro (concello de Avión). Abrangue unha extensión de 613,4 km2cunha poboación de 395.351 h [2001]), distribuída nos concellos de Baiona (34,5 km2; 10.931 h   [2001]), Fornelos de Montes (83,1km2; 2.066 h   [2001]), Gondomar (74,5 km2; 12.176 h   [2001]), Mos (53,2 km2; 14.127 h...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao N da capital provincial, ao pé da cordilleira Cantábrica e regado polo río Nela (3.777 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dando tombos polo chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saltos e voltas que se realizan despois de espallar na malla, como divertimento e proba de forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Negreira entre agosto de 1933 e maio de 1935 (nº 22). Dirixida por Manuel Riveiro, foi Voceiro da Federación Agropecuaria do Distrito de Negreira Dentro do galeguismo progresista, defendeu a autonomía e reivindicou as sociedades agrarias e os sindicatos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Mallorca (Xaime IV, 1349-1375) e rei consorte de Nápoles, fillo de Xaime III de Mallorca e Constanza de Aragón. En 1338 o seu pai fíxoo xurar como herdeiro e en 1349 acompañouno na invasión para tomar Mallorca. Despois de ser abandonado pola Raíña Xoana I de Nápoles coa que casara, marchou a Inglaterra. Interveu co Príncipe Negro na Batalla de Nájera (1367) a favor de Pedro I de Castela. Caeu prisioneiro de Enrique de Trastámara, que o encarcerou no castelo de Curiel, pero foi liberado por Xoana I de Nápoles. Organizou unha expedición de mercenarios contra Pedro IV de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca, conde de Rosellón e Cerdaña e señor de Montpellier (1276-1311), fillo de Xaime I de Aragón. Ao morrer seu pai (1276) entrou en posesión da súa herdanza e coroado como rei de Mallorca confirmoulle os privilexios e as franquías a Mallorca en 1276. Foi vasalo do seu irmán Pedro III de Aragón e ante o conflito deste con Filipe III de Francia apoiou os franceses. Ante a derrota gala, foille arrebatado o reino, ata que se lle restituíu polo Tratado de Anagni (1295) coa condición de recoñecer a vasalaxe de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Mallorca (1315-1349), fillo do infante Fernando, príncipe titular de Morea, e de Isabel de Sabran. Morta a súa nai, quedou baixo a protección do Rei Sancho I de Mallorca e tras a morte deste (1324), Xaime II de Aragón tratou de impugnar o testamento e apoderarse do Reino de Mallorca. A intervención do Papa Xoán XXII, que propuxo consultas periódicas, evitou a guerra. Pouco despois de herdar a Coroa de Aragón (1339), Pedro IV o Cerimonioso esixiulle vasalaxe. Perdeu a coroa na Batalla de Llucmajor (1349), onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO