"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en diversas publicacións periódicas e dirixiu os xornais El Progreso, La Opinión Liberal e Álbum Literario. Publicou, entre outras obras: Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia (1891), El mejor juez es Dios (1887) e Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez (1908). Editou tamén os traballos Tradición del tributo de las cien doncellas (1886) e Memoria sobre la crisis que en la actualidad sufre la industria pecuaria (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta. A súa obra encádrase na corrente socialrealista e nela recrea formas e temas da poesía popular. Publicou Mis pobres versos (1965) e Cantigas en gallego traducidas al castellano (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma semellante a unha barquiña, como o froito da caléndula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha inflorescencia semellante a un cincino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de cinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que pertence ao grupo dos piretroides e que actúa como insecticida, de aplicación foliar activa por inxestión e contacto sen actividade sobre ácaros, e como repelente. Emprégase en cultivos de algodón, cítricos, plantas de horta e ornamentais. É nocivo para o ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cipriniformes.

    2. Peixe da orde dos cipriniformes.

    3. Orde de peixes que abrangue as familias dos ciprínidos e dos cobítidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ciprinodontiformes.

    2. Peixe da orde dos ciprinodontiformes.

    3. Orde de peixes osteíctios que viven nas augas doces e salobres, raramente nas salgadas. Son carnívoros, fitófagos ou ben omnívoros, e comen especialmente larvas de dípteros, feito que os converte en importantes elementos reguladores das pragas de mosquitos. Son moi abundantes nas augas continentais e nos esteiros de África, Asia e América, aínda que tamén se estenden, naturalmente ou por acción directa do home, por outras moitas rexións. Moitos deles son vistosos peixes de acuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma semellante a un cirro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula que dá o valor da aceleración da gravidade g nun punto de latitude φ. A expresión teórica é g=ge[1+(5ω2a/2ge-e)sen2φ], onde ge é o valor da gravidade no ecuador, a é o semieixe maior ecuatorial da elipsoide de referencia, e é a súa elipticidade e ω é a velocidade angular da Terra. O valor numérico dáse tomando como elipsoide de referencia un achatamento 1/297.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de clava ou de maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio feudal francés, situado arredor da vila de Clermont. Xa se constituíu como condado en 1023. Formou parte en 1269 do dote de Roberto de Francia, ascendente dos duques de Borbón; máis tarde doouse á rama dos Borbón-Condé. O título condal correspóndelle ao fillo do gran conde de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Puy-de-Dôme, na Auvernia, Francia (136.583 h [1999]). Situada ao pé do Puy-de-Dôme, no val do Allier, converteuse no principal núcleo do Macizo Central francés e no centro da industria do caucho (Michelin). A cidade ten unha dobre orixe: por unha banda, Clermont, fundada polos romanos, chegou a ser capital da Auvernia; anexionada á coroa francesa a mediados do s XVI, converteuse en capital do ducado da Auvernia; doutra banda, Montferrand, fundouse cara ao s XI preto de Clermont, cidade coa que se uniu en 1630 para formar a actual cidade. Durante a Idade Media celebráronse diversos concilios en Clermont, entre os que cómpre destacar o de 535, que defendeu a liberdade das eleccións episcopais e condenou a simonía e, sobre todo, o de 1095, onde se proclamou a primeira cruzada para a liberación de Xerusalén. No seu patrimonio sobresae a igrexa de Nôtre-Dame du Port (s XII), de estilo románico auvernés, e a catedral gótica de Nôtre-Dame (1248-metade do s XIV) na que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Realizou unha serie de estudios básicos sobre a anatomía e a cirurxía da rexión inguinal, na que descubriu a existencia do ganglio linfático crural (ganglio de Cloquet) e dun tipo específico de hernia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cloroformo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cloroformizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Administrar cloroformo para producir a anestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido volátil de olor etéreo, o máis importante dos tres haloformos. Reúne, xunto co alto poder de solución que caracteriza os solventes lipófilos, unha particular capacidade de solución para numerosos compostos polares; por este motivo, é moi empregado como solvente e como axente de extracción. Pódense substituír os seus átomos de cloro pola acción de reactivos básicos e dá derivados do ácido fórmico. Por acción da luz solar oxídase e dá fosxeno. Emprégase en refrixerantes, propulsores, plásticos de fluorocarbono e colorantes. Evítase como anestésico xeral polo perigo de toxicidade que presenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos clupeiformes.

    2. Peixe da orde dos clupeiformes.

    3. Orde de peixes, da superorde dos teleósteos, ao que pertencen as familias dos clupeidos e dos engráulidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi unha das figuras máis destacadas do teatro castelán posromántico e naturalista. Debutou en Madrid en 1891. Actuou con Emilio Mario, Ricardo Calvo, Enric Borrás e outros, e formou unha compañía co seu home, o dramaturgo Federico Oliver.

    VER O DETALLE DO TERMO