"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
GALICIA
Compositor, músico e director. Emigrado a Montevideo, exerceu a docencia e dirixiu a Banda Municipal de Montevideo, a Orquestra Sinfónica do SODRE (Servicio Oficial de Difusión Radio Eléctrica) e foi promotor da Orquestra Sinfónica Municipal de Montevideo. Da súa produción destaca Intermezzo sinfónico, Platense e Canción del sauce llorón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e violinista. Realizou estudios musicais en Lugo, posteriormente en Madrid e ingresou como violinista na Orquesta Sinfónica Nacional. Profesor de violín e solfexo no Círculo de las Artes de Lugo, estudiou a música popular galega e foi autor de Colección de cantos gallegos. Da súa produción, composta por muiñeiras, valses, tangos e cancións, destaca a zarzuela Non chores, Sabeliña (1943), con letra de Xosé Trapero Pardo, e as composicións Airiños, aires, Alalá dos lugueses, Festa na Tolda, Añorando, Cortegada, Miña nai, Minueto estilo antiguo e Himno a Galicia republicana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Residiu en Madrid e Barcelona ata que se instalou definitivamente en Galicia en 1960. Comezou a expoñer en 1955 e dende entón mostrou a súa obra en diversas cidades galegas e españolas. En 1974 recibiu o terceiro premio nacional de cadros de pequeno formato en Málaga. A súa obra está no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e en coleccións privadas de Galicia, Sudamérica, Francia e Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. A súa actividade investigadora céntrase no estudo da estrutura, da biosíntese e da función da hormona timosina. Publicou numerosos artigos en revistas especializadas e os libros El cáncer. Prevención y futuro (1993), Biotecnología y clonación (1997), Biotecnología y sociedad (1998) e La bioquímica al final del milenio. Un siglo de historia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Formou parte do grupo Fuxan os Ventos dende 1974 (voz, guitarra, baixo e acordeón) co que gravou seis discos: Fuxan os Ventos (1976), O Tequeletéquele (1977), Galicia canta ao neno (1978), Sementeira (1979), Quen a soubera cantar (1981), Noutrora (1984) e Sempre a mais despois (1999). Durante dous anos (1981-1983) foi xefe de promoción de Ruada SA, primeira editorial discográfica galega, e en 1983 incorporouse como técnico de son a Radio Nacional de España na Coruña. Dende 1985 forma parte da Radio Autonómica Galega, inicialmente como xefe de emisións e posteriormente como realizador e director musical. Impartiu cursos e conferencias sobre realización e técnicas de comunicación radiofónica. Coautor do libro Galicia canta ao neno, unha recompilación de cantos do Nadal en Galicia no que se ocupou da transcrición musical e ilustracións. Afeccionado á pintura e ao debuxo, realizou algúns traballos de ilustración...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Normalmente asina como Xe Freyre e é autor da novela Cando o gato mira de esguello (1987) e da guía Mondoñedo (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Participou na loita pola independencia de España e derrotou os realistas en Talcahuano (28.5.1813) e en Cumpeo (4.2.1817). En novembro de 1822 sublevouse en Concepción contra o goberno de B. O’Higgins Riquelme e fíxose elixir director e xefe supremo suplente do Estado. Durante o seu goberno promulgouse unha Constitución (1823), decretouse a liberdade de prensa, aboliuse a escravitude e iniciouse a desamortización dos ben eclesiásticos. Durante a Guerra Civil chilena (1829-1830) dirixiu as forzas liberais derrotadas en Lircay (1830), polo que se tivo que refuxiarse en Perú. En 1836 dirixiuse novamente a Chile ao mando dun pequeno exército pero foi derrotado e desterrado a Australia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Dedicado ao sector armador de buques pesqueiros, foi presidente e vicepresidente da Asociación de Armadores de Pesca da Coruña (ARPESCO). Ocupou ademais os cargos de presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (1984-2000) e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, arqueólogo e político. Nomeado par do reino (1887), adheriuse posteriormente ao Partido Republicano (1907) e foi presidente da Câmara Municipal de Lisboa (1908-1910). Trala proclamación da República Portuguesa foi elixido senador (1911). Foi presidente e director da Academia de Ciências de Lisboa e fundou o Arquivo Histórico Português, a primeira revista de investigación histórica de Portugal (1903). Das súas obras destacan Vida e Obras de Gil Vicente e As sepulturas do Espinheiro (1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construciones Navales Paulino Freire SA.
-
PERSOEIRO
Preceptista portugués. Foi o teórico do neoclasicismo portugués e preceptista gramatical en Reflexões sobre a língua portuguesa e no Dicionário poético. Foi o autor dunha Arte poética asinada baixo o pseudónimo de Cândido Lusitano onde teorizou sobre os xéneros poéticos de acordo coa tradición clásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo brasileiro. En 1947 dirixiu o Departamento de Educação e Cultura de Pernambuco e cara ao 1961 fundou o Movimento de Cultura Popular de Recife. Traballou a prol da alfabetización dos brasileiros, e dirixiu as campañas de alfabetización no N do país desde 1961 ata 1964, ano en que foi destituído polo golpe militar do xeneral Humberto de Allencar Castelo Branco. Entón viaxou a Chile onde traballou para diversas organizacións internacionais e participou nas reformas do goberno de Eduardo Frei. As súas formulacións de filosofía educativa, construídas a través do diálogo entre humanismo cristián, singularmente desde a óptica da teoloxía da liberación, e o marxismo, a través dalgunha das perspectivas críticas abertas pola escola de Frankfurt, chegaron a ter certa influencia, durante os anos setenta do s XX, nos países europeos de tradición católica. En Galicia a súa obra foi examinada e acollida desde os Coloquios de Parroquias e posteriormente desde Irimia, e foi estudada polo pedagogo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, dúas bandas, de prata.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de san Paulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro do que se descoñece a súa orixe. Situado na costa N, puido estar no concello de Ortigueira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de freires.
-
-
Corremento de terra provocado pola chuvia ou por outra causa.
-
Corte ou depresión do terreo.
-
Canal secundario dun prado.
-
Caída de auga dende certa altura a causa dun corte ou depresión do terreo.
-
Papas de avea.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semestral aparecida en marzo de 1992 e subtitulada “Revista da Mesa prá defensa del galego de Asturias e da cultura da comarca”. Cesou en decembro de 1995. Dirixiuna Benigno F. Braña. Nas seccións “Escritores na nosa lingua”, “Libros”, “Recanto da fala” e “Os nosos poetas” reproducíronse numerosos textos e poemas de autores galegos, ademais dalgunhas biografías de autores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e ensaísta portugués. Estudiou arquitectura na Escola de Superior de Belas-Artes de Lisboa, pero dende 1947 dedicouse á pintura. Ocupou, entre outros cargos, os de director do Instituto de Arte e Design (IADE) e o do Teatro Nacional D. Maria II. A súa obra, de raíz neorrealista, caracterizouse polo grafismo e pola actitude crítica. Escribiu, entre outros ensaios, Pintura incómoda (1965) e As imagens da imagem (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facer gabias ou canles nun prado.