Freita

Freita

Publicación semestral aparecida en marzo de 1992 e subtitulada “Revista da Mesa prá defensa del galego de Asturias e da cultura da comarca”. Cesou en decembro de 1995. Dirixiuna Benigno F. Braña. Nas seccións “Escritores na nosa lingua”, “Libros”, “Recanto da fala” e “Os nosos poetas” reproducíronse numerosos textos e poemas de autores galegos, ademais dalgunhas biografías de autores.