"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
GALICIA
Político. Membro do Partido Liberal, foi deputado por Xinzo de Limia entre 1886 e 1887.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Merca. Alonso Francisco Francos Arango, bispo de Ourense, mandou reconstruír en 1770 o corpo dunha igrexa que estaba en estado ruinoso. Entre 1789 e 1792 construíuse a igrexa que se conserva. Ten unha soa nave e capela maior. No interior destaca un artesoado de madeira de transición ao mudéxar e o retablo maior neogótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
adrenalina.
-
-
Alcaloide do cornizó, de cristais pouco solubles en auga e cloroformo, e solubles en alcohol, que funde a 162°C. Utilízase como oxitócico.
-
Sal tártrico da ergometrina. É o alcaloide soluble en auga que confire as súas propiedades fisiolóxicas ao cornizó. Actúa como a ergotoxina, pero de forma menos enérxica e máis rapidamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento metálico en forma de gancho que se emprega en cirurxía ou en disección para separar os tecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das fabáceas, ao que pertence a especie E. anthyllis, de pólas transformadas en espiñas e follas pequenas e trifoliadas con folíolos de ata 7 mm, e flores, de cálice de corola azul de ata 18 mm de longo, dispostas en grupos de tres. Constitúe un elemento fundamental das matogueiras da montaña calcaria, por riba dos 1.200 m, da rexión mediterránea da Península Ibérica.
-
-
Relativo ou pertencente aos erinaceidos.
-
Insectívoro da familia dos erinaceidos.
-
Familia de mamíferos, da orde dos insectívoros, á que pertencen os ourizos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos insectívoros, da familia dos erinaceidos, ao que pertencen algúns ourizos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigas divindades gregas que os romanos identificaron coas Furias polo seu carácter violento. Co fin de as gabar e non espertar a súa cólera, asignáronlles o sobrenome de Euménides ‘bondadosas’. Naceron a partir das pingas de sangue que deitou Urano sobre a terra cando o mutilaron. Son forzas primitivas que non están supeditadas á autoridade da xeración nova dos deuses. Aínda que o seu número é indeterminado, xeralmente coñécense tres: Alecto, Tisífone e Mexera. Habitan na Tebra dos Infernos: o Érebo. A partir dos poemas homéricos, como protectoras da orde social, dedícanse fundamentalmente a vingar os crimes. Co tempo, sobre todo coa Eneida, configúranse como as divindades encargadas dos castigos infernais. Represéntase como xenio alados, con serpes entre o seu cabelo e con fachos ou látegos na man.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arsenio de cobre natural, de fórmula Cu5(AsO4[OH]2)2. É aparentemente amorfo, de cor verde esmeralda, cunha estrutura en forma de ril, superficie áspera e fractura concoidal. Ten dureza 4,5-5 e un peso específico de 4-4,1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das vides producida polas picadas de ácaros da especie Eriophyes vitis. Estas picadas inflaman os pámpanos en forma de rugosidades. O seu tratamento realízase sobre todo con xofre soluble.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas cespitosas, da familia das escrofulariáceas, algo leñosas na base, de ata 20 cm de altura, con follas de entre 5 e 23 mm de lonxitude, de forma elíptica ou ovada, crenadas, as inferiores pecioladas e dispostas en mouta basal, e as superiores dispostas de xeito elicoidal; posúe flores dispostas en inflorescencias corimbiformes laxas con pedicelos de ata 5 mm, cálice con 5 divisións moi profundas, corola nun tubo cilíndrico con lóbulos relativamente longos e de cor rosada purpurescente de entre 6 e 11 mm. Os froitos son cápsulas con 4 valvas. En Galicia aparece a especie E. alpinus, en ambientes pedregosos das montañas, especialmente das de natureza calcaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arseniato de cobalto e níquel hidratado, de fórmula (CoNi)3 (AsO4)2·8H2O. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son de hábito prismático. A súa dureza é 1,5-2,5 e a densidade 3,06. É de cor vermella, máis pálida a medida que aumenta o contido en níquel, se esta cantidade supera a do cobalto pode acadar unha cor grisácea ou branca. OBS: Tamén se denomina eritrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, arbustos e herbáceas, da familia das fabáceas, de pólas espiñentas, con follas caducas trifoliadas con pequenas estípulas, e flores de cor vermella dispostas en acios terminais. O froito é un legume longo con constrición entre as sementes, que presentan manchas negras. Existen unhas 100 especies de distribución pantropical, especialmente abundantes en Sudáfrica. Emprégase como árbore ornamental por mor da súa floración espectacular. Na Península Ibérica o seu cultivo está restrinxido ao litoral pola súa pouca resistencia ás xeadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de glicósidos con propiedades cardiotónicas e diuréticas que se extrae dos bulbos da especie Urginea maritima.
-
-
Relativo ou pertencente aos esciliorrínidos.
-
Peixe da familia dos esciliorrínidos.
-
Familia de quenllas ovíparas de pequeno tamaño, co corpo esvelto, dentes numerosos e pequenos con varias cúspides, cabeza aplanada, na que as fendas branquiais se sitúan enriba das aletas pectorais e a aleta anal ten maior tamaño ca a dorsal. Son propias dos fondos das zonas costeiras. Pertencen a esta familia o melgacho e a patarroxa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empregado dos arquivos da chancelería imperial. Durante o Baixo Imperio Romano transformouse no principal funcionario á fronte dos catro negociados principais en que se xuntaban as funcións de escribas e contadores. Durante o Imperio Bizantino, Xustiniano estableceu na provincia de África unha oficina con escriñeiros para os asuntos xerais e a Administración.
-
-
Cofre ou caixa para gardar documentos ou obxectos de valor.
-
Cesto de palla ou vimbio que se utiliza para dar de comer farelo aos bois.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que escudriña.
-
-
Intentar averiguar o maior número de detalles ocultos ou non manifestos dalgunha cousa.
-
Examinar ou mirar algo ou a alguén detidamente para descubrir algo.
-