"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Historiador, xornalista e político. Foi un dos abandeirados do pensamento socialista en Francia desde as revistas Bon Sens e Revue du Progrès (1839). Membro do goberno provisional en 1848, levou a cabo o seu proxecto de Ateliers Nationaux. A causa dos sucesos de xuño de 1848 tivo que fuxir a Inglaterra. Coa fin do Segundo Imperio, en 1870, regresou a Francia e foi elixido membro da Asemblea Nacional, desde onde se opuxo ás medidas adoptadas pola Comuna de París. Como historiador, escribiu unha Histoire de la Révolution Française (Historia da Revolución Francesa, 1847-1862) e a Histoire de la Révolution de 1848 (Historia da Revolución de 1848, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘neve’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Murcia, situado sobre o Segura, ao NO da cidade de Murcia, sobre a árida e escabrosa serra de Peña Negra (87,74 km/h2; 5.690 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (cereais e cultivos hortícolas), na gandería lanar e nas conservas. A poboación pertenceu antigamente ao Valle Ricote. De fundación árabe, foi erixida como vila por Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Ampliou estudios en París con Nadia Boulanger e estudiou dirección con Sergiu Celibidache e Igor Markevich, con quen colaborou frecuentemente. Dirixiu o coro de RNE e posteriormente o coro de RTVE. Entre a súa produción destacan Sonata para piano (1956), Sexteto e diversas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria das montañas de Ribagorza, dende onde se estenderon por Aragón. Unha das ramas pasou a Galicia. As súas armas levan, en campo de ouro, cinco cruces planas de goles, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, gramático, historiador e xornalista. Desde 1859 participou nos Xogos Florais, chegando a presidilos en 1869. Escribiu a novela Los pobres o la esclavitud en Europa (1861) e Poesies (Poesías, 1888), de aparición póstuma. Así mesmo, colaborou na elaboración dunha Gramática Catalana (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estudiou en Italia (1624-1628). O seu estilo mestura o barroco romano coa sensualidade veneciana. Bo colorista, foi pintor de escenas relixiosas e mitolóxicas. Foi considerado o Tiziano francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aeronauta. Coñecido como François Blanchard, comezou as súas ascensións un ano despois de Montgolfier (1784). Co americano John Jeffries atravesou o Canal da Mancha (de Dover a Calais) en globo no ano 1785.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Gutiérrez Blanchard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Profesor en Grenoble (1906-1948), Harvard e Montreal, e director do Instituto de Xeografía Alpina. Foi o fundador da Revue de Géographie Alpine. Escribiu, entre outras obras, Alpes occidentales (1938-1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono e cantante de ópera. Actuou con éxito nos teatros de Europa e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Entre as súas obras destaca a comedia Ett resande teatersällskap (Os cómicos ambulantes, 1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. Influenciado polo teatro inglés, converteuse no retratista do mundo intelectual e artístico do seu tempo. É o autor da gran pintura Hommage aux morts de 1914 (Homenaxe aos mortos de 1914) na igrexa de Offranville, e de diversos escritos, fundamentalmente sobre crítica de arte como Reflexións dun pintor e Cadernos dun artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Racionalista crítico e antidogmático, destacou pola súas análises descritivas dos marcos conceptuais das teorías lóxico-epistemolóxicas. Son obras súas: Les attitudes idéalistes (As actitudes idealistas, 1949), Strutures intellectuelles (Estruturas intelectuais, 1966) e L’indution scientifique et les lois naturelles (A indución científica e as leis naturais, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e farmacéutico. Entre a súa obra poética destacan as obras Aportació rimada en homenatge a Verdaguer (Achega rimada en homenaxe a Verdaguer, 1977), Clavellina Nadalenca (1987) e Pinzellades Bagenques (1990). Impulsor de diversos Xogos Florais, obtivo neles diversos galardóns. Foi proclamado mestre en gai saber en tres ocasións e recibiu a Cruz de Sant Jordi (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e crítico literario. É autor de novelas como Aminadab (1942), Le Très-Haut (O altísimo, 1948), Le dernier homme (O derradeiro home, 1957); de obras de crítica literaria e ensaios: Comment la littérature est-elle possible? (Como é posible a literatura?, 1942), La part du feu (A parte do lume, 1949), L’espace littéraire (O espazo literario, 1955), Le livre à venir (O libro que vén 1959), L’entretien infini (O entretemento infinito, 1969), L’amitié (A amizade, 1971), L’écriture du désastre (A escrita do desastre, 1980) e Critique de la critique (Crítica da crítica, 1984), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que viría motivado pola cor pálida da persoa ou pola cor branca dos seus cabelos. Actualmente, non se conserva a forma estándar branco como apelido, aínda que na época medieval alternaban os grupos consonánticos bl-/br-; co paso do tempo impúxose o grupo bl-, probablemente debido ao influxo do castelán. Documéntase no s XIV: “Alfonso Rodriguez dito Branco” (doc ano 1339 en E. Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 195), “Juan Blanco” (doc ano 1383 en E. Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 327). No período medieval tamén se atesta a forma feminina aplicada a mulleres. É probable que as formas do plural teñan orixe toponímica, pois actualmente existen os lugares dos Blancos espallados por toda Galicia.

    2. Liñaxe orixinaria de León, que se estendeu por Asturias, Galicia e outras rexións españolas. Algúns pasaron a América, establecéndose en Chile e Venezuela. En Galicia fundaron casa en Xunqueira de Ambía, pero tamén se espallaron polas terras de Sobrado, Celanova, Verín, Marín, Sanxenxo, Lalín, Nigrán, Ribas de Sil, Palas de Rei, Ribadeo, Ortigueria, Santiago de Compostela ou Serantes. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo de prata aclarado de azul; segunda partición, en campo de sinople, con tres faixas de ouro; bordo de azul con oito aspas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e poeta. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1960. Publicou Brumas de oro y gris (1961), Nostalgias en la bruma (1973) e Baladas de agonía (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. A súa infancia e adolescencia decorreron en Ourense, nunha atmosfera urbana pero, ao mesmo tempo, chea dos ecos do campo que tiña a cidade das Burgas neses anos. O ambiente que rodeaba a súa casa natal, moi preto da sé catedralicia, será logo descrito en moitas das súas obras. A Auria de A esmorga ou a de Xente ao lonxe non serán senón nomes que encobren este Ourense dos seus anos mozos, presente, tamén, nas súas obras La catedral y el niño, Los miedos ou Os biosbardos. A importancia que o espazo da cidade adquire na súa obra é tan grande que pasará a ser un dos trazos definitorios da súa fabulación e unha das teimas da súa creación narrativa. A súa infancia estivo fondamente marcada pola separación dos seus pais, a súa mala saúde e por unha infancia que el mesmo definiu como triste e solitaria. Realizou estudios de bacharelato no Instituto de Ourense onde tivo como...

    VER O DETALLE DO TERMO